Estimad@s  veciñ@s de Xinzo:

 Son Jaime Folgoso Cuquejo e preséntome a alcaldía de Xinzo de Limia, cos meus mellores desexos, e para levar a cabo, unha serie de propostas, que axuden o noso pobo a medrar.

Dende Compromiso por Galicia, queremos relanzar a comarca da Limia, e colocala nun punto do mapa, para que sexa visible, non so a nivel galego, senón tamén a nivel internacional, e así poder entrar cos nosos produtos agrícolas e gandeiros, en mercados tales como o Asiático, Canadense ou Americano latino, xa que, ata o de agora, a comarca foi explotada polos grandes partidos, para un aproveitamento de votos, para despois ser sumerxila no esquecemento.

Dende CXG queremos que a comarca medre, e así os nosos fillos podan quedarse na casa tendo un posto de traballo ben remunerado, e non teñan que ir ao estranxeiro.

Eu son fillo de emigrantes e sei o que significa criarse sen os teus seres queridos, e non poder desfrutar desa calidade de vida, e do calor da familia.

CANDIDATURA XINZO DE LIMIA

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

Jaime José Folgoso Cuquejo

Manuel Gómez Villamizar

Carmen Vázquez Rodríguez

Amanda Martínez Peña

Natividad Rodríguez Gamallo

José Luis Pérez Fernández

Enrique González Rodríguez

Matilde Gamallo González

Lorena Sánchez Vergueira

Clara Peña Moure

Daniel González Rodríguez

Laura Pérez Blanco

Ana André Dapena

Suplentes:

Álvaro Babarro Estévez

Programa Xinzo de Limia

 

Dende Compromiso por Galicia, queremos relanzar a Comarca da Limia, e colocala nun punto do mapa para que sexa visible, non so a nivel galego senón tamén a nivel internacional, e así poder entrar en marcados como o asiático, canadense ou americano latino. Xa que ata o de agora, a comarca estivo esquecida polos grandes partidos, e foi utilizada para un aproveitamento de votos, para despois sumerxila no olvido.

Dende CxG queremos que a comarca medre e así os noso fillos poidan quedarse na casa tendo un posto de traballo dignamente remunerado e non teñan que ir ao estranxeiro. Eu son fillo de emigrantes e se o que significa criarse sen os pais, non podendo desfrutar da calor da familia.

Por isto e outras moitas cousas, que irei nomeado, preséntome a alcaldía cos meus mellores desexos e para levar a cabo os seguintes puntos:

Plano agrícola-gandeiro

. A mellora e recuperación das pistas a concentración parcelaria, aínda que somos coñecedores que é competencia da Deputación de Ourense, dende CxG comprometémonos a restauración das mesmas xa que están en moitos casos impracticables para a circulación , tanto de tractores como en coches.

. Creación dun gabinete para axudar aos agricultores e gandeiros a comercializar os seus produtos directamente, do campo a mesa, xa que deste xeito medrará a rendibilidade das súas explotacións, eliminando os intermediarios.

. A creación dunha gran feira da pataca e dos distintos produtos hortícolas, coa idea de facer un relanzamento, non so a nivel nacional senón tamén fora das nosas fronteiras, para así poder relanzar unha comarca, ata o de agora esquecida, a pesares de ser das mais importantes produtoras a nivel nacional.

 

Plano Empresarial e loxístico

. Solucionar a problemática dos empregados do Concello, Devolverlle os recortes de soldo aos que foron sometidos  e mellorarlle a súas condición de traballo na medida do posible.

. Solucionar a problemática do deterioro tanto das distintas vías públicas ( cheas de fochancas e pavimentos rotos, ou inexistentes) como o arranxo do deterioro das beirarrúas .

. Ampliación do parque empresarial, para a captación de novas empresas inversoras, que, consecuentemente, traerá o incremento dos postos de traballo, tanto directos como indirectos.

. Mellora dos equipos e parque automobilístico para un mellos desempeño das labores do Concello.

. Renovación do alumeado, mellorando así a iluminación e abaratando os gastos tan elevados da factura de electricidade, podendo redistribuílos para outras necesidades do Concello .

Plano Ocio

. Creación e mellora de parques infantís mais adecuados e hixiénicos para os nosos fillos.

. Creación e recuperación de novos xardíns. Ata agora, lonxe de facer lucir o noso pobo, teñen creado un ambiente gris de desidia, nada apetecible a hora de desfrutar deste pobo.

. Creación do carnaval de Verán para darlle un impulso económico ao pobo.

. Creación da festa do Orgullo Gay, para incrementar as visitas e a economía do noso pobo.

 

Por todo isto, preséntome a Alcaldía de Xinzo de Limia, porque quero mellorar este fermoso pobo, e acabar co seu declive.

Este é o meu compromiso con Xinzo de Limia, resumido nos puntos expostos,  se conto coa confianza dos veciñ@s para ser o voso alcalde os vindeiro 4 anos.

De calquera xeito, síntome orgulloso de ter nacido nesta terra, e ser parte deste gran pobo, polo tanto, onde me poñades, sempre contades coa miña humilde colaboración e respecto.

 Jaime Folgoso Cuquejo