É para min un feito significativo que esteas a ler estas verbas, que pretenden con humildade achegarte a Compromiso por Galicia.

Seguro de que ti tes o teu propio motivo para achegarte, ou cando menos para interesarte nun partido político. Dicirche que estás na túa casa se así o consideras.

Compromiso por Galicia non pretende ser un partido máis, tampouco pretendemos dar ningún tipo de lección e moito menos actuar con superioridade. CxG pretende ser unha ferramenta de construción de algo máis importante que a política, pretendemos ser o movemento que faga sentir ós galegos e galegas que pertencen a un País, un País con alma propia, un País que nace da Nosa Terra, Galicia.

Entendemos e defendemos unha Galicia con capacidades plenas no estado e tamén en Europa, un estado e unha Europa de países, sen teimas e liortas que de nada serven. Tampouco esquezamos a capacidade transformadora que ten a política, sempre que esta estea ao servizo do pobo e non ao servizo dos partidos.

Queremos unha Galicia na que a xente queira e poida vivir unha vida plena, unha Galicia de familias ledas e na que todos teñamos as mesmas oportunidades. Un camiño coa mesma velocidade para todos.

Un país coa maxia de Cunqueiro, o sentimento de Rosalía e a valentía de Castelao. O teu País é o noso Compromiso.

CANDIDATURA VIVEIRO

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

 

ALBA SANJURJO PENABAD

DANIEL LAGO LEIRÓS

RAQUEL PILLADO REY

IVAN CASTRO ROJO

MARTÍN FRANCO CONDE

JOSÉ ANTONIO ARAUJO DE MIGUEL

ESTEFANÍA MONTOYA GIMÉNEZ

ALEXANDRE PÉREZ FERNÁNDEZ

JOSEFA ROMERO SUÁREZ

NOEL GONZÁLEZ FERNÁNDEZ

CASANDRA JIMÉNEZ DUVAL

ANTONIO DÍAZ ÁLVAREZ

ANTONIO JIMÉNEZ SUÁREZ

JULIO JIMÉNEZ ROMERO

ESTEFANIA LUSTRES CARBALLO

EZEQUIEL JIMÉNEZ ROMERO

SUSANA ROMERO ROMERO

 

PROGRAMA VIVEIRO

DESENVOLVEMENTO E EMPREGO:

  • Criadeiro de empresas.
  • Oficina exterior de captación de fondos.
  • Plan estratéxico para comercio e autónomos con banco de axudas anuais de 120.000 €.
  • Posta en valor do litoral e da toponimia como referente.
  • Bases publicas de contratación municipal.

TRANSPARENCIA E REXENERACIÓN:

  • Sistema de poxa pública á baixa para todos os contratos do Concello de Viveiro.
  • Probas de selección sen entrevista para calquera praza. Todos somos iguais.
  • Todos os grupos na comisión de goberno.
  • Mellorar portal de transparencia e facilitar a súa publicación en outros medios.

COLECTIVOS, XOVES E DEPORTE:

  • Padroado de deportes con colectivos.
  • Beca a deportistas “Viveiro Sport” dotada de 50.000 €.
  • Bases para subvencións públicas por concorrencia
  • Apoio ó deporte de base.
  • Centro de recursos deportivos compartido.
  • Anulación de taxas para uso de locais.
  • Bolsa de axuda a estudantes, dotada de 60.000 €.

MAIORES, BENESTAR E IGUALDADE:

  • Mellorar o Patrimonio e posta en valor.
  • Rutas de sendeirismo.
  • Humanizar o servizo de axuda domiciliaria.
  • Ningún maior só.
  • Plan de igualdade de empresas que traballan para o concello.
  • Envellecemento activo.
  • Padroado de igualdade.

EFICIENCIA MUNICIPAL:

  • Plenos emitidos pola rede.
  • Orzamentos participativos.
  • Padroado de participación cidadá.
  • Apertura do Concello para trámites dous días a semana pola tarde.
  • Envío cada seis meses de información financeira do Concello ós veciños.

OBRAS E SERVIZOS:

  • Remate da fachada cara a ría de Viveiro.
  • Oposición á ponte da variante.
  • Humanizar e empedrar rúas en Celeiro.
  • Conectar con transporte os núcleos do rural coa Vila.
  • Plan de inversión en parroquias.
  • ADSL gratis no núcleo e no rural.
  • Aumento das zonas de parque.

CULTURA:

  • Posta en valor das figuras históricas de Viveiro cun Museo.
  • Museo da pesca en Celeiro.
  • Apoio ao festival Resurrection.
  • Apoio ó Festival do Landro.
  • Impulso dun festival de Cine.
  • Posta en valor do arte Sacro.
  • Apoio á Semana Santa.
  • Posta en valor da Silvarosa
  • Posta en valor dos deportes alternativos e litoral.
  • Padroado de Cultura.
  • Impulso a empresas do ámbito cultural.
  • Creación dun entorno estilo “Matadero” de Madrid. 

COA TÚA CONFIANZA:  “Por un Viveiro máis #DINÁMICO”.