Estimad@s  veciñ@s de Vigo:

Chámome Xoán Antonio Cortés. Son o típico vigués de adopción nado en Ourense. Son de Crespos, unha vila que pertence o concello de Padrenda, lugar do que me sinto orgulloso.

Vin vivir a Vigo no ano 2000 con toda a ilusión e aquí levo desenvolvendo a miña vida familiar e laboral dende ese momento, traballando no sector do taxi durante moitos anos e na actualidade ensinando a conducir nunha autoescola.

Comecei na política por algo moi sinxelo, por unha idea que escoitei fai tempo, “a política ou a fas ti, ou a fan outros por ti”.

Un dos motivos que me levou a elixir vivir en Vigo, foi o seu espírito loitador, traballador e crítico, que coido, ultimamente, estase a perder, non o de loitador e traballador senón o espírito crítico que parece que está a ser cegado polas “luces”.

O que me motivou para encabezar a candidatura de Compromiso por Galicia nestas eleccións municipais, é a miña convicción de que a política se pode facer doutro xeito. Entendo que a política ten que ser unha ferramenta útil para solucionar os problemas da xente e non para crearllos.

Por iso, dende Compromiso por Galicia, apostamos por un Vigo que recupere eses valores e volva a ser o motor económico, cultural e social de Galicia. De aí, que pidamos a túa confianza para que fagamos xuntos ese camiño, que é o que merece a nosa cidade.

CANDIDATURA VIGO

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

 

  1. XOÁN ANTONIO CORTÉS ALONSO (CREPOS,1976) Profesor Formación Vial
  2. MARIA CRUZ SÁNCHEZ BLÁZQUEZ (Cartagena, 1962) Profesora
  3. ESTELA RODRÍGUEZ MOSQUERA (Vigo, 1976) Mestra
  4. MARIA MARIÑO CALVO (Vigo, 1976) Avogada de Familia
  5. ROSENDO GONZALO COVELO ROMA (Vigo, 1967) Funcionario
  6. ANA BELÉN ANTELO RODRIGUEZ (Marín,1976)Activista Ecolóxica
  7. HENRIQUE ANTÓN MACIAS CAMBRA (Vigo, 1970) Expresidente AV. Casco Vello
  8. MANUEL ALBERTO PUIME GIRALT (Vigo, 1989) Conserxe
  9. REBECA COSTAS DELGADO (Vigo, 1980) Técnico de Anatomía Patolóxica
  10. GERMAN EULOGIO RODRIGUEZ ALONSO (Mondariz-Balneario, 1946) Xubilado
  11. LUIS CAVADA CURRAIS (Vigo, 1966) Veterinario
  12. SOFIA CONDE CASAS (Bilbao, 1971) Xunta persoal Universidade Vigo
  13. SANTIAGO DE FRANCISCO DOMÍNGUEZ (Padrenda, 1970) Comercial construcción
  14. LAURA CORTÉS GÓMEZ (Vigo, 2001) Estudante
  15. EDWARD JOSÉ VIDAL GONZÁLEZ ( Maracay Aragua (Venezuela),1978) Empresario alimentación ecolóxica.
  16. BEGOÑA GÓMEZ PERNIA (Ponferrada, 1982) Bióloga
  17. JOSÉ ÁNGEL LAGO LEIRÓS (Vigo, 1969) Empresario
  18. ELVIRA ALONSO ÁLVAREZ (Padrenda, 1954) Funcionaria xubilada
  19. MARIA ALICIA RODRÍGUEZ TRONCOSO (Roubaix (Franza), 1969)
  20. JOSE ANTONIO GÓMEZ QUINTELA (Ourense, 1966) Administración-loxística
  21. MARIA PILAR CONDE CASAS (Bilbao,1971) Universidade de Vigo
  22. FRANCISCO XAVIER GÓMEZ CURRAS (Vigo, 1959) Xestor
  23. BERNARDINO XOSÉ CREGO DOCAMPO (Vigo,1984) Autónomo
  24. MARIA MAGDALENA GONZÁLEZ CORTÉS (Padrenda, 1974) Taxista
  25. XOAN MANUEL RIAL RODRIGUEZ (Redondela, 1972) Obreiro automoción
  26. MARIA CONCEPCIÓN DOCAMPO RODRÍGUEZ (Vigo, 1950) Xubilada.
  27. XOAQUÍN ANXEL MANUEL XOSÉ DE ACOSTA BEIRAS (Santiago de Compostela, 1945) Xubilado

 Suplentes:

1. MARIA ANTONIA CREGO CERVANTES (Vigo, 1947) Xubilada.
2. XOAQUIN MANUEL COMESAÑA DE PALADELLA (Barcelona, 1945) Xubilado.

Programa 

No novo goberno municipal que naza destas eleccións, COMPROMISO POR GALICIA é a forza galeguista necesaria!.  Unha forza política profundamente europeísta e moderna, de progreso e demócrata que ten como base a cooperación, a responsabilidade, o benestar social, a xustiza social, a igualdade, a participación e o feminismo… ideais esquecidos nunha crise non só económica senón de valores sociais, e que nós reclamamos poidan regresar a unha cidade que sempre se considerou progresista e cabeza de lanza económica e cultural para Galicia. Rexeitaremos as liortas políticas entre Administracións e desexamos recuperar as boas relacións institucionais, para aumentar e mellorar os investimentos e novos proxectos na cidade. Tamén pretendemos rematar coa mala práctica da utilización partidista dunha institución pública como é o Concello de Vigo.

 As medidas incluídas no noso Programa son,  entre outras:

UN CONCELLO CREADOR DE RIQUEZA E EMPREGO
  • Desenvolveremos un Plano Estratéxico Empresarial para Vigo deseñado pola Universidade de Vigo en colaboración coas asociacións empresariais viguesas.
  • Fomentaremos o espírito emprendedor e da creación de empresas a través da posta en marcha dun plan integrado “Plan Vigo Sociedade Emprendedora”.
  • Apoiaremos ao tecido comercial e empresarial local, co obxectivo de fomentar o dinamismo económico e a creación de emprego na súa contorna.
REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA: Transparencia, participación e prevención da corrupción
  • Dinamizaremos o tecido asociativo local, sendo totalmente respectuosos coa súa autonomía e distribuíndo as axudas en base a baremos obxectivos.
  • Tanto nas mesas de contratación de obras e servizos coma nas de persoal, facilitaremos a presenza de representantes veciñais, asociacións empresariais e sindicatos, garantido ao máximo a publicidade e a limpeza do procedemento.
UN CONCELLO DEFENSOR DA IGUALDADE E DO BENESTAR: COIDANDO AS PERSOAS
  • Daremos prioridade á atención a persoas e familias sen recursos.
  • Realizaremos programas de avellentamento activo nas distintas parroquias.
  • Crearemos redes de apoio e canles de comunicación para a prevención e o control do descoido, maltrato e abandono dos nosos maiores.
  • Atenderemos á diversidade funcional, prestando especial atención a accesibilidade universal tanto nas contornas coma nos bens e nos servizos.
  • Aprobaremos un Plan municipal de vivenda, xa que entedendemos a vivenda como función social e non como activo financeira.
  • Estableceremos unha bolsa de aluguer de vivendas para situacións temporais de emerxencia persoal e familiar.
  • Promoveremos a participación activa das mulleres na vida do Concello.
  • Promoveremos o asociacionismo xuvenil para implicar a mocidade en distintas alternativas para o seu tempo libre.
  • Levaremos á práctica medidas que incentiven a continuidade da practica deportiva durante a adolescencia
MOBILIDADE E SEGURIDADE
  • Revisaremos e actualizaremos o Plan de Emerxencias Municipal (PEMU), converténdoo nun documento vivo e út
  • Crearemos un novo parque de bombeiros para poder as emerxencias da cidade.
  • Impulsaremos desde o Concello a implantación do Cheque Transporte que ofrece beneficios fiscais ás empresas e traballadores/as.
  • Potenciaremos o proxecto de Área Metropolitana de Vigo, así coma a participación do Plan de Transporte Metropolitano
  • Crearemos a mesa do taxi na que estarían incluídos os representantes do taxi e do Concello.
  • Promoveremos o uso e os desprazamentos compartidos en taxi, mediante ferramentas de xestión informática, establecendo rutas e horarios para facilitar os desprazamentos da cidadanía usuaria.
  • Ampliaremos o bono taxi.
  • Esixiremos que a administración competente cumpra coa proporción que marca a lei actual con respecto ás
  • Vixiaremos o correcto funcionamento das ramplas de acceso aos autobuses urbanos.
  • Intensificaremos a política de eliminación de barreiras arquitectónica
  • Impulsaremos a adaptación da información do trasporte público a través da accesibilidade cognitiva, dotando o sector, dos recursos necesarios para dar respostas a diversidade funcional (coñecementos básicos de lingua de signos, sistemas pictográficos de información, etc).
PLANIFICACIÓN DO TERRITORIO. Crecemento sustentable e medio ambiente
  • Apostaremos polo desenvolvemento, seguimento e avaliación do Plan Xeral de Ordenación Municipal nos seus distintos ámbitos.
  • Coordinarémonos co desenvolvemento do Plan de usos do porto de Vigo
  • Colaboraremos coas comunidades de montes e con propietarios particulares do monte para a súa xestión eficiente e sostible; mantemento de accesos e loitas contra os incendios.
  • Impulsaremos a apertura de pequenos parques pechados para mascotas.
EDUCACIÓN E CULTURA
  • Realizaremos as xestións necesarias para conseguir que a Xunta de Galicia constrúa un instituto no barrio de Navia
  • Fomentaremos unha rede activa de bibliotecas de barrio que garantan un dinamismo cultural constante en todas as áreas da cidade
  • Impulsaremos na cidade de Vigo, ao longo da lexislatura, a organización do Culturgal e outras feiras e encontros de carácter nacional e internacional
  • Recuperaremos a Rede de Teatro nos barrios
  • Poñeremos en marcha a recuperación de proxectos culturais desaparecidos da cidade, como:ALT, Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo, Festiclown, Aremore, Festival de música independente Vigotransforma.
  • Apostaremos pola reapertura da Casa da Xuventude e do Punto Xove,
  • Recuperaremos o Verbum, como un espazo que de cabida, entre outras iniciativas, á tradición oral galega á cultura alternativa.
DEPORTE. Calidade de Vida para tod@s
  • Garantiremos a representatividade dos clubs deportivos que apoian o deporte de base no noso Concello.
  • Crearemos o programa Inclúe Deporte para nenas e nenos en risco de exclusión social e/ou das crianzas de familias con escasos recursos económicos, achegando a estes sectores os valores positivos do deporte, incluíndo os mesmos nas súas vidas cotiás.
  • Alongaremos, coa firma dos convenios necesarios coas distintas administracións competentes e os centros escolares, o horario de uso das instalación
  • Estenderemos as escolas municipais deportivas á poboación da 3ª idade.
  • Creación de un centro de día e unha gardería infantil. Estas son dúas instalacións imprescindibles para este pobo, xa que os coidadores dos nosos maiores, tamén precisan dun momento de respiro. A gardería é outra gran demanda das familias novas con nenos, que lles facilite a conciliación entre a vida laboral e familiar.
  • Crear unha oficina de Investimento do Concello, precisamos atraer investimentos privados tanto industriais como turísticos. Na actualidade é inexistente, xa que aínda que se creou un viveiro de empresas hai 8 anos, non se instalou nin unha soa empresa.
  • Facer un calendario anual real de actividades ociodeportivas e culturais para achegar xente ao noso pobo, que sempre ten unha repercusión económica positiva nos establecementos do concello. Apoiar de forma decidida o noso Entroido, e convertelo en cita inescusable da Comarca de Ourense. As feiras do automóbil, concentracións de motos, a feira do 14 e outras moitas actividades familiares e infantís, deberán enches as fins de semana deste concello.
  • Desenvolvemento do PXOM, e creación dun polígono industrial para Amoeiro, que lle permita aos nosos emprendedores asentarse neste concello.
  • Recuperación e posta en valor da zona arqueolóxica do Formigueiro, firmando acordos coas Universidades de Vigo e Santiago.
  • Recuperar as rutas de BTT, que agora mesmo están en estado de total abandono.
  • Abrir os locais sociais deste concello, para uso e desfrute dos veciños: mozos e maiores.
  • Remodelar e adecentar o actual campo de Futbol de Penafita, que se atopa nun estado lamentable, o que leva aos nosos mozos a acudir a clubes dos concellos veciños, cos inconvenientes económicos e de tempo, que iso supón para as familias.
  • Recuperar os “ Obradorios de emprego”, para dar unha formación laboral dende o Concello, ademais, dunha fonte de ingresos para estes alumnos.
  • Axilizar as tramitacións co Concello, que por desidia do actual rexedor, tardan un tempo inadmisible, ou, no caso de algúns, simplemente non se chegan a realizar.