O vindeiro 26 de maio celebraranse as eleccións municipais para escoller a alcaldía e os concelleiros e concelleiras que gobernarán A Baña. Atopámonos, polo tanto, ante un importante procedemento electoral que vai decidir o futuro do noso Concello os vindeiros catro anos.

Nas pasadas eleccións municipais do 2015, os veciños e veciñas da Baña decidiron que Compromiso por Galicia tivera representación na Corporación Municipal.

Nos últimos catro anos compaxinei o meu labor como concelleiro da Corporación coa miña vida profesional como mestre no ensino público. A presenza de Compromiso por Galicia na Corporación Municipal supuxo un axente fiscalizador continuo e unha forma de facer política diferente á que estabamos acostumados. Penso que o traballo realizado neste tempo é notorio. O noso grupo, aínda tendo un só concelleiro e sen contar co apoio de ninguén na Corporación foi o partido que máis propostas defendeu nos plenos ademais de achegar a política municipal a toda a veciñanza e de supoñer unha forma diferente, actual, transparente e participativa de facer política.

Estou plenamente convencido de que todos e todas podemos vivir na Baña moito mellor, con mellores servizos, nun medio máis dinámico, con máis iniciativas culturais, deportivas, e sobre todo con mais traballo e máis posibilidades.

Contamos cun grupo de traballo inmellorable, homes e mulleres formados, comprometidos, con gañas de traballar por e para A Baña e que supoñen un cambio xeracional imprescindible no goberno do noso concello. O cambio é necesario e a representación de CxG neste cambio é máis que importante, imprescindible.

Queremos poñer o noso traballo ao voso servizo, queremos cambiar A Baña, facer un lugar mais moderno e con máis oportunidades, queremos que A Baña sexa gobernada por xente de aquí, ninguén que veña de fóra vai coñecer mellor que nós as nosas necesidades e a nosa forma de vida. O cumprimento do prometido no 2015 e o traballo constante é o noso mellor aval.

Se o vindeiro 26 de maio me dades a vosa confianza comprométome a loitar e traballar todos os días pola Baña, para que dese xeito poidamos lograr o gran pobo con futuro que todos e todas desexamos.

ESTE É O MEU COMPROMISO.

CANDIDATURA TOURO

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

 

Titulares

1. OLAIA BARRAL BASTÓN

2. JESÚS PENIDO BARBAZÁN

3. JESÚS SILVA SUÁREZ

4. MARÍA DAS MERCEDES VAAMONDE BALADO

5. JOSÉ MARÍA TACÓN MÍGUEZ

6. JOSÉ MANUEL BARRAL LUGO

7. ELOISA GARCÍA VÁZQUEZ

8. LAURA PENIDO QUINTEIRO

9. XOSÉ RAMÓN FRANCO VIDAL

10. JUAN ANTONIO MOLINA CARNERO

11. AVELINA ULLOA LÓPEZ

Suplentes

1. ALFONSO VEGA FERNÁNDEZ

PROGRAMA TEO

Un proxecto de concello máis potente e con oportunidades”.

6 ÁREAS TEMÁTICAS PARA UN PROXECTO DE CONCELLO MÁIS POTENTE E CON OPORTUNIDADES.

INFRAESTRUTURAS E MEDIO AMBIENTE

Crear un ente municipal destinado exclusivamente a traballar nunha ALTERNATIVA á previsible ampliación da MINA DE TOURO.

Desenvolvemento de proxectos sustentables no agro, no forestal, na investigación, no turismo e na valorización dos recursos propios.

Rematar as concentracións parcelarias pendentes.

Auditar as depuradoras do concello.

Acondicionar unha rede de estradas municipais transversais que permita a circulación cómoda para camións e transportes agrícolas.

Completar a rede de sumidoiros.

Dotar de novos parques infantís en parroquias e dotalos dunha estrutura cuberta os parques infantís

DOTACIÓN SERVIZOS E OCIO

Dotar dun Centro de Día.

Crear unha escola municipal de musica, e centros de ensaio, adaptando os locais sociais e culturais que temos en todas as parroquias.

Creación dun centro da terceira idade público.

Adoptar medidas para facilitar a mobilidade das persoas con discapacidade (rúas, transporte,etc)

Recuperar festas tradicionais municipais, garantindo o financiamento e a consolidación da música tradicional do concello.

Conseguir unha óptima cobertura de Internet, dotando de fibra óptica a todo o concello.

Dotar do servizo de localización e xestión de adopción de animais extraviados.

TRANSPARENCIA E PARTICIPACIÓN VECIÑAL

Crear auditoría de contas do concello e reorganizar a administración co fin de facela máis eficiente poñendo en valor ás persoas.

Poñer a alcaldía ó servizo dos veciños e veciñas co fin de que haxa un trato igualitario.

Permitir a participación nos plenos dos/as veciños/as retransmitíndoos en directo pola Internet.

As aprobacións dos orzamentos municipais serán consultados nas parroquias a través das asociacións.

Regulamento de Participación Veciñal e acceso electrónico de veciñanza aos servizo públicos.

Xestionar os locais sociais a través das entidades das súas parroquias.

Debates na corporación retransmitidos, e a sesións de control ao goberno.

Informar e contrastar coa veciñanza os planos de obras antes da súa aprobación definitiva.

Garantir que a veciñanza sexa informada de todas as obras do concello, dos proxectos de execución no momento da redacción e antes da aprobación definitiva, para contrastar posibles eivas.

REDUCIÓN DOS IMPOSTOS MUNICIPAIS

Establecer taxas e prezos públicos seguindo o criterio da renda per cápita, de nivel de desemprego municipal, e outros índices que os fagan xustos.

Baixar os tipos impositivos e o canon da auga, reformando as ordenanzas correspondentes e tendo en conta a natureza propia do noso concello.

Suprimir o canon da auga e do lixo para as vivendas deshabitadas.

GARANTÍA SOCIAL

Crear un fondo de emerxencia social, destinado a dotación de medios ante posibles desastres naturais, ou emerxencias de calquera índole.

Conseguir unha liña de transporte intermunicipal que circule por todas as parroquias, pensado principalmente para usuarios maiores e nenos (centro de saúde, ximnasio, biblioteca, cursos especiais, polideportivo, etc).

CREACIÓN DE EMPREGO

Establecer un plano estratéxico de desenvolvemento local.

Impulsar a creación dunha asociación empresarial.

Desenvolver un plan estratéxico para o agro.

Atender á sustentabilidade do medio. Plans educativos, deseño urbanístico, recuperación de entornos, etc.

Facer un plan especial para potenciar o concello tomando como referencia o río Ulla, afluentes, e unha rede de castros.

Descontaminación de ríos e acondicionado dos castros.

Atender de forma especial a industria forestal, tanto a propietarios como a empresas de tala, transformadoras e innovadoras.