Son Xabier Pintos, vivo en Cacheiras dende hai máis de 15 anos, e preséntome a alcaldía de Teo, que é de onde me sinto e é onde quero vivir. Considérome un veciño mais do Concello, que teño a capacidade e a responsabilidade para loitar por unhas ideas de calidade que ofrezan un Teo Vivo e Sostible. E esa e a miña maior motivación, aportar un impulso positivo para Teo, crendo no que fago e sabendo que se pode conseguir coa túa axuda

VIVO porque a xente, dende os maiores aos máis novos, ten que sentir que vivir en Teo é ter calidade de vida, é converter a Teo nun concello onde a xente queira facer vida e censarse desfrutando dos seus servizos, espazos sociais, con medidas de integración, favorecendo solucións ao emprego e aproveitando as súas riquezas naturais, culturais, festas e tradicións.

SOSTIBLE coidando ás empresas locais e favorecendo o asentamento de novas empresas tendo en conta aspectos sociais e medioambientais, pechamos un círculo de vida beneficiosa para as súas xentes, coa idea de que Teo pode ser un referente europeo como modelo a seguir aproveitando a cercanía a unha urbe como Santiago.

Teo ten moito potencial e ofrecemos un proxecto con vistas ao futuro, pero con medidas inmediatas que consideramos urxentes como son o transporte ou o centro de día e con medidas a máis longo prazo. Por todo isto considero que e importante ter presenza no concello cunha equipa comprometida.

CANDIDATURA TEO

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

Titulares

1. JAVIER PINTOS PENA (XABI)

2. PASTORA MARÍA BELLO BUGALLO

3. EVA MARÍA ROSENDE DOMÍNGUEZ

4. MANUEL MIRÓN CEBEIRO

5. EDUARDO QUINTELA CASAL

6. SANDRA LADO MARTINEZ

7. VANESSA CAMPOS SÁNCHEZ

8. RAMIRO CARBALLO IGLESIAS

9. MARÍA CARMEN REY CARREIRA

10. MANUEL CAMPOS SÁNCHEZ

11. PATRICIA CHAO FERREIRO

12. OLIVER GONZÁLEZ RAMA

13. MARÍA DEL CARMEN HERMIDA OTERO

14. JOSÉ EMILIO FERNÁNDEZ FUERTES

15. PILAR VANESA VARELA BORREGUERO

16. YOLANDA VILANOVA ANDION

17. JUAN ENRIQUE TRIGO TRIGO

 

Suplentes

1. FERNANDO MARTÍN HERNÁNDEZ

2. ANA TRONCOSO LORENZO

3. MARÍA DE LA GLORIA CASTRO FRAILE

PROGRAMA TEO

IGUALDADE, CONVIVENCIA E COOPERACIÓN

Promoveremos o progreso económico e social no Concello, sostible e equitativo.

Contribuiremos á satisfacción das necesidades básicas da poboación, incidindo nos colectivos máis desfavorecidos e na formación e capacitación.

Desenvolveremos un programa para a igualdade de xénero e a convivencia na diversidade.

Impulsaremos políticas de integración dos censados para recibir inmigrantes retornados e xente en perigo de exclusión social.

OCIO E CULTURA

Construiremos e adaptaremos parques infantís.

Axudaremos ás festas patronais das parroquias, recuperaremos as festas tradicionais perdidas.

Impulsaremos centros de arte aberto nas zonas de concentración cultural e de ocio.

Poremos en valor o patrimonio histórico, mantendo e resaltando os monumentos.

EDUCACIÓN

Desenvolveremos programas educativos para as actividades do Concello.

Promocionaremos as escolas infantís.

Desenvolveremos un plan de recuperación das escolas unitarias do CRA: servizos para madrugadores, tardíos e de comedor.

Impulsaremos un programa de FP para o instituto de cara ás actividades que poñan en valor os recursos do territorio no ecoparque.

ESPAZO PÚBLICO

Priorizaremos a accesibilidade para persoas con diversidade funcional.

Faremos beirarrúas nas zonas de estrada, eliminaremos cunetas.

Desenvolveremos un plan integral de mellora do impacto visual: accesos ao Concello distinguidos e atractivos, alumeado público eficiente.

Asfaltaremos as pistas ate as casas.

Colaboraremos no mantemento dos campos de festa.

INFORMACIÓN E ATENCIÓN CIDADÁ

Desenvolveremos un sistema de información ao cidadá, asesoraremos aos xóvenes.

Promocionaremos os medios locais de información.

Desenvolveremos accións preliminares para unha futura radio e televisión local.

FACENDA

Revisaremos taxas, impostos e prezos públicos, para reducilos.

Desenvolveremos un plan racional dos presupostos do Concello.

Crearemos unha oficina para a captación de recursos económicos para as iniciativas a desenvolver pola xente do Concello.

DEPORTES

Crearemos escolas e programas deportivos para os nosos xóvenes e maiores.

Estudaremos as necesidades dos equipos deportivos do Concello.

Adecuaremos os camiños para o deporte ao aire libre.

Identificaremos e homologaremos as rutas de sendeirismo para o deporte.

Promocionaremos os deportes acuáticos no Ulla.

MOBILIDADE E TRANSPORTE

Desenvolveremos un plan ambicioso de transporte para a comunicación urbana e interurbana, con comunicación fluída con Santiago.

Faremos puntos de empréstamo de bicicletas municipais.

Desenvolveremos un plan preliminar de carril bici.

Deseñaremos un sistema de xestión eficiente de transporte en autobús.

Melloraremos o servizo das estacións de taxis.

Desenvolveremos un proxecto preliminar para a incorporación dunha vía de tranvía en Teo.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Designaremos alcaldes de barrio en cada parroquia.

Faremos de Teo un concello transparente, coa participación e prevalecencia da vecindade nas propostas de contratación.

Crearemos unha oficina de supervisión do benestar cidadán.

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Apoiaremos e promocionaremos o sector do cultivo das viñas e a transformación do viño e augardente do Ulla, co fomento de empresas e cooperativas.

Faremos unha feira anual de empresas sostibles.

Crearemos un ecoparque empresarial con parcelas a prezos competitivos, facilidades nas licencias para empresas con proxectos sostibles.

Levaremos a cabo accións que favorezan, protexan e activen o comercio e o consumo locais.

Favoreceremos xornadas empresariais.

TURISMO

Desenvolveremos un plan integral de turismo co patrimonio natural, histórico, cultural, industrial e de ocio.

Teremos unha oficina de turismo de atención permanente.

Crearemos máis albergues públicos para peregrinos e xuventude.

Promocionaremos novas rutas de sendeirismo e os camiños de Santiago que pasan por Teo.

Coidaremos as actividades turísticas máis simbólicas do Concello, coma os Xenerales do Ulla no Entroido e as festas gastronómicas.

PROGRAMAS E SERVIZOS SOCIAIS

Crearemos un centro de día ben comunicado e accesible para os nosos maiores.

Optimizaremos o uso veciñal dos locais do Concello.

Impulsaremos campamentos vacacionais infantís e de xóvenes.

Crearemos a figura de educador na rúa.

EMPREGO E FORMACIÓN

Deseñaremos ciclos de emprego realistas e de calidade relacionados coas iniciativas do programa.

Teremos unha oficina que xestione ofertas reais de emprego e formación.

Crearemos un programa de formación axeitado ás necesidades locais

Atenderemos, escoitaremos aos empresarios da zona, e ofreceremos formación relacionada á nosa xente.

SAÚDE PÚBLICA E CONSUMO

Faremos unha guía de consumo responsable para o Concello.

Controlaremos as fontes naturais de auga de forma regular e poremos os distintivos.

Favoreceremos a convivencia e a integración dos animais de compañía, incorporando dispensadores de bolsas biodegradables.

Deseñaremos un sistema para provedores e usuarios en relación co uso racional dos plásticos.

Impulsaremos os mercados locais que proporcionen produtos de calidade dos nosos negocios.

URBANISMO E VIVENDA

Axudaremos á rehabilitación de vivendas e promocionaremos o seu aluguer económico.

Aceleraremos a aprobación do PXOM.

Avanzaremos na construción do parque empresarial en formato ecoparque.

Ampliaremos o instituto de Teo e incorporaremos políticas de dinamización xuvenil.

SEGURIDADE CIUDADÁ

Dotaremos a Teo dun sistema de xestión eficiente de bombeiros, Policía Local e Protección Civil.

MEDIO AMBIENTE E SOSTENIBILIDADE

Poremos en valor o noso patrimonio natural.

Promocionaremos o punto limpo ampliando os horarios e facilitando a recollida.

Priorizaremos as licenzas para proxectos sostibles cunha equipa de análise da

sostenibilidade dos proxectos para o Concello, apoiaremos á vecindade.

Faremos unha declaración de intencións de que só os proxectos sostibles terán cabida no Concello.

Promoveremos o ecoparque coma simbiótico mediante a transformación de residuos a recursos.

Desenvolveremos un plan de difusión, información, educación e formación ambiental. Promoveremos o voluntariado ambiental.

Revisaremos o sistema de xestión do ciclo integral da auga en Teo.