Estimado veciño / Estimada veciña:

Son Fátima Gómez Hermida, e nestas eleccións municipais de 26 de maio preséntome, por CxG, como candidata a alcaldía do noso concello de Sarria. É un honor para min representar a este partido no que temos como obxectivo político levar a cabo un proxecto emprendedor e dinamizador que leve a Sarria a un desenvolvemento social, económico e cultural.

Nacín en Vedra, provincia da Coruña, hai 51 anos. Levo vivindo en Sarria dende que cheguei para traballar, fai 30 anos, e como me namorei desta vila, xa me quedei. Neste momento da miña vida, traballo como coidadora no CAPD de Sarria.

Tomei a decisión de presentarme a alcaldía porque creo na política, como medio para mellorar en todo o posible tanto as condicións dos sarrianos/as, como o mantemento e mellora da vila e os seus municipios.

Encabezo una candidatura renovada, ilusionada e comprometida con Sarria, que cre nas múltiples posibilidades de desenvolvemento que ten este concello. O noso pobo sofre un desgoberno, esta abandonada e desaproveitada. Temos que potenciar o rural, que se está quedando baleiro, favorecer a creación de empresas para que os nosos fillos e fillas teñen onde ganarse a vida e non se teñan que marchar por necesidade, e sobre todo, traballar para facer una boa labor de mantemento de todo o que temos. É hora de actuar e dinamizar Sarria.

Son consciente da enorme responsabilidade que supón ser candidata a alcaldía do noso concello. Un reto que asumo con ilusión, esforzo e sobre todo co compromiso de moito traballo, co obxectivo de que Sarria mellore e, polo tanto, a calidade de vida dos habitantes. Entendo a política dende una óptica de diálogo é consenso, nun momento no que é tan usual o enfrontamento.

Fronte ao desentendemento político que vivimos en Sarria nos últimos 4 anos, CxG pretende aportar sensatez, seriedade, esforzo, “sentidiño”. É a hora de “Compromiso por Sarria”, é a hora de mellorar, e para conseguilo necesitamos a túa axuda.

Grazas pola túa confianza.

Fátima Gómez Hermida

CANDIDATURA SARRIA

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

Titulares

1. FATIMA GOMEZ HERMIDA

2. CARMEN NUÑEZ BRUZOS

3. RICARDO CASTRO ALVAREDO

4. JOSE MANUEL RUBIANES GONZALEZ

5. ANTONIO MANUEL SAA GONZALEZ

6. JUCELIA PEREIRA RODRIGUES

7. EMILIO NUÑEZ LOPEZ

8. ANDREA RODRIGUEZ FREAN

9. YOLANDA REGO SOMOZA

10. MANUEL GALAVIS DIAZ

11. RUBEN VILLAGRA NUÑEZ

12. PURIFICACIÓN OLIVEIRA CHAMBORRO

13. RAMON GRANDAS LOPEZ

14. ANA MARIA GAUTE FERREIRO

15. JOSE GONZALEZ LOPEZ

16. MARIA NIEVES PEREZ PENA

17. IVAN LOPEZ GORGOSO

Suplentes

1. MARIA REYES FERNANDEZ VAZQUEZ

2. GUILLERMO ALFONSO PORTA GOMEZ

3. AMALIA LOPEZ ARENAS

PROGRAMA DE CxG DE SARRIA

ECONOMÍA E INDUSTRIA

Obxectivos xerais:

  • Potenciar a diversificación da economía local.
  • Favorecer a creación de emprego.
  • Promover a compatibilidade do desenvolvemento local co medio ambiente.

Obxectivos específicos:

  • Creación dunha bolsa de emprego para as necesidades do concello.
  • Programa de captación de inversores para os polígonos industriais.
  • Fomento do emprego a través de cursos (servizos, restauración…).
  • Mellora das instalación e potenciación das feiras.
  • Incentivar aos pequenos comercios.

URBANISMO

Obxectivos xerais:

  • Realizar un traballo de mantemento urbanístico viable.

Obxectivos específicos:

  • Creación dunha gardería pública.
  • Axilización na concesión de licenzas.
  • Mellora e mantemento dos barrios da vila.
  • Petición da pasarela do Mazadoiro.

ASUNTOS SOCIAIS

Obxectivos xerais:

  • Facilitar información e asesoramento ás persoas maiores en tódolos ámbitos.

Obxectivos específicos:

  • Incremento das actividades e coidado das instalación dirixidas a terceira idade.
  • Retorna da xestión pública do servizo de axuda a domicilio.
  • Mellora da xestión da Residencia Nosa Señora do Carme e creación do bono social.
  • Uso do antigo centro de saúde para actividades dirixidas ós sarrianos/as.
  • Petición de novas especialidades médicas para o centro de saúde.

EDUCACIÓN E CULTURA

Obxectivos xerais:

  • Levar a cabo programas de desenvolvemento cultural.

Obxectivos específicos:

  • Optimización dos servizos da biblioteca municipal.
  • Creación dun auditorio.
  • Actualización e dixitalización do arquivo municipal.
  • Dinamización e protección do Camiño de Santiago.
  • Interacción, equidades cas asociación culturais.

MEDIO RURAL

Obxectivos xerais:

  • Promover políticas de desenvolvemento sostible a favor de mellorar o benestar e permanencia da poboación rural.

  • Promover a igualdade de oportunidades para as mulleres nas zonas rurais.

Obxectivos específicos:

  • Abastecemento de auga nos núcleos rurais.
  • Mellora dos accesos a zona rural.
  • Mellora do alumeado público.
  • Arranxo das escolas rurais para uso e disfrute da veciñanza.

MEDIO AMBIENTE

Obxectivos xerais:

  • Promover unha cultura ambiental que permita establecer bos hábitos e actitudes nos estudantes e na comunidade educativa en xeral para o coidado e conservación do medio ambiente.

Obxectivos específicos:

  • Recollida frecuente dos plásticos no rural.
  • Control dos vertedoiros incontrolados.
  • Control do abandono dos animais e campañas de esterilización.
  • Mellora e mantemento das zonas verdes.
  • Incremento na frecuencia da limpeza do baldeo das rúas.
  • Reforzo do control sobre o estado das fincas e solares.

DEPORTES

Obxectivos xerais:

  • Involucrar a poboación na práctica da actividade física e o deporte para fomentar hábitos de vida saudables.

Obxectivos específicos:

  • Axudas equitativas ós clubes deportivos.
  • Acondicionar espazos de entrenamento.
  • Promocionar as rutas de sendeirismo da zona.
  • Calendario semanal do uso das instalacións deportivas.
  • Promoción de novos deportes.