Prezada veciña/Prezado veciño:

Presento a miña candidatura ás eleccións municipais de Santiago de Compostela por Compromiso por Galicia co ánimo de obter a túa confianza para desenvolver nos vindeiros 4 anos un labor construtivo e en positivo para a recuperación, dinamización e avance social, político e económico do noso Concello.

Probablemente, no momento de ler estas letras, estarás preto do cansazo de lemas, frases feitas e de publicidade electoral. Mesmo pode ser que tamén o esteas de escoitar iso de “proxecto de cidade”. Desde Compromiso en Santiago queremos facer as cousas doutro xeito.

Queremos un Santiago no que ninguén fique atrás. E iso xa implica falar dunha proposta de Concello no que cada quen non atope dificultades para desenvolver o seu proxecto vital. Unha proposta de Concello no que vivir no rural sexa sinónimo de calidade nas prestacións e de servizos. Unha proposta de Concello no que abrir o teu propio negocio ou o teu proxecto empresarial conte co apoio da administración local.

Unha proposta de Concello no que apostar pola vida no Casco histórico sexa algo sen limitacións e atrancos. En definitiva, unha proposta de Concello no que o teu lugar de residencia, o teu xeito de gañar a vida, ou a educación da túa filla ou do teu fillo non implique prexuízos para ninguén.

Se ti contas con nós, nós contaremos contigo para recuperar o pulo da Administración local, para aproveitar as oportunidades de xeración de riqueza e de emprego, para que o talento da nosa Universidade quede en Compostela, para que a política social se poña ao servizo de quen a necesita.

E todo isto farémolo coa vocación de ser a candidatura do diálogo necesario entre a cidadanía e o Concello, pero tamén entre as diferentes forzas políticas, na procura de acordos estratéxicos para Santiago e para a veciñanza.

Por todo isto, e en nome da nosa candidatura, pídoche que te convertas nunha das persoas que vai mudar Santiago co seu voto.

Vota Compromiso.

CANDIDATURA SANTIAGO DE COMPOSTELA

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

Titulares:

  1. XOÁN CARLOS BASCUAS JARDÓN

  2. MARÍA VIRGINIA TORRES GARCÍA

  3. FRANCISCO JAVIER SALGADO COUSELO (XABI)

  4. MARÍA NICOLE LÓPEZ CASAIS

  5. DIEGO SANDE RODRÍGUEZ

  6. LAURA SEONE CASQUEIRO

  7. JOSÉ MANUEL IGLESIAS CASAIS

  8. MARÍA BARRAL HUERTAS (MARIETA)

  9. SALVADOR RAMÓN FORJÁN LOURIDO

  10. FRANCISCA MORENO GIMÉNEZ (LORENA)

  11. PRUDENCIO VIVEIRO MOGO

  12. MONSERRAT ÁLVAREZ GARCÍA

  13. AURELIO FRANCISCO BARREIRO GONZÁLEZ

  14. SILVIA SUÁREZ LODEIRO

  15. MIGUEL FREIRE CASQUEIRO

  16. AMELIA VIEITES NOVIO

  17. XOSÉ MANUEL CALVO SUÁREZ

  18. ROSA MARÍA FUENTES MOSQUERA

  19. TOMÁS GÓMEZ RODRÍGUEZ

  20. AMADORA LOURIDO CAROU

  21. BRAIS SANTOMIL CAO

  22. ROSA FARO TELLADO

  23. JUDIT FERNÁNDEZ RIVAS

  24. XAQUÍN NÚÑEZ SABARÍS

 

SUPLENTES:

  1. JUAN GUIILLÉN VÁZQUEZ (XAN)

  2. MARÍA DEL PILAR VAAMONDE BALADO

  3. ELÍAS SILVA MORUJA

  4. MARÍA SEOANE RAMIL

  5. SANTIAGO CORZÓN MARTÍNEZ

  6. CARMEN CORBELLE CASAS

  7. MANUEL RUFINO PENIDO BARBAZÁN

  8. MARÍA MERCEDES AMIL OTERO

  9. JOSÉ MARÍA TABOADA ÁLVAREZ

  10. MARÍA JESÚS PORTOS RIVADAS

ECONOMÍA

  • Elaboraremos un novo Plan de Emprego Municipal e crearemos o Servizo Municipal de Apoio Técnico á Empresa.

  • Aumentaremos a oferta de solo industrial do noso Concello e impulsaremos un parque tecnolóxico.

  • Cederemos locais municipais ao Viveiro de Empresas e crearemos un programa de bolsas para o fomento do auto-emprego para os 50 mellores expedientes da USC.

  • Introduciremos unha nova bonificación do 50% na cota do Imposto sobre Actividades Económicas ligada a participación das empresas no Plan Municipal de Emprego.

  • Reforzaremos aqueles servizos con necesidades urxentes de persoal.

  • Incentivaremos o consumo no comercio local mediante unha política de vantaxes e descontos, a regulación dun novo vao de horario comercial e o establecemento da gratuidade dos 30 primeiros minutos da ORA.

  • Rebaixaremos ó 0.45% o tipo de gravame do IBI e ao 1% o do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras. Rebaixaremos tamén astarifas do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.

  • Reordenación da actividade forestal que permita articular a produción madeireira con outros usos e evite o monocultivo de eucaliptos.

  • Fomentar o cooperativismo no sector primario, impulsando a incorporación das mulleres como administradoras da súa actividade.

  • Promover e favorecer os cultivos ecolóxicos.

TERRITORIO

  • Reformaremos o PXOM buscando o máximo consenso coas restantes forzas políticas e sectores implicados.

  • Deseñaremos un Plan Especial de Rehabilitación de Vivendas e Accesibilidade baseado na creación de liñas de axuda á rehabilitación e na simplificación de trámites administrativos.

  • Poremos en marcha un Plan de Fomento do Alugueiro e crearemos a Oficina Municipal de Xestión do Aluguer.

  • Construción dun aparcadoiro en altura no CHUS.

  • Novo Plan de Mobilidade Urbana Sostible baseado na creación de aparcadoiros disuasorios e na substitución do actual sistema radial de transporte urbano por un máis eficiente.

  • Acondicionamento das Brañas do Sar integrándoas na nova estación intermodal.

  • Derrubaremos a Casa do Matadoiro para favorecer o acceso ao parque de Belvís.

  • Novo Plan Especial do Casco Vello que dea prioridade ao soterramento do cables e instalacións eléctricas e de gas, ao acceso a internet de alta velocidade e á substitución das tubaxes de chumbo.

  • Crearemosunha plataforma loxística no casco vello dende onde se distribuirían aos seus establecementos mercadorías, produtos e servizos.

  • Instalación de colectores de lixo e refugallos soterrados que permitan a reciclaxe.

  • Nova ordenanza específica para as terrazas do Casco Histórico, adaptada ás súas circunstancias particulares e diferenciada da ordenanza xeral de terrazas.

  • Flexibilización da normativa e trámites administrativos para a rehabilitación e creación de liñas de axuda á súa rehabilitación.

  • Poremos en marcha unha liña de axudas para a modernización dos comercios da zona.

  • Dotarase de saneamento e abastecemento de auga a todos os núcleos do rural nun prazo non superior a 8 anos.

  • Darémoslle voz ao rural de xeito permanente a través da Comisión Sectorial do Rural integrada no Consello de Participación Cidadá.

  • Incrementaremos a frecuencia e as rutas do transporte público nas distintas parroquias, levando o autobús a tódolos veciños.

MEDIO AMBIENTE

  • Pecharemos o vertedoiro ilegal de Miramontes e ampliaremos a depuradora da Silvouta.

  • Reduciremos nun 25% no consumo enerxético público durante a lexislatura.

  • Melloraremos o Servizo de Recollida dos Residuos garantindo una maior frecuencia na recollida e una adecuada separación para a reciclaxe -incluídos aceites-.

  • Controlaremos a calidade do aire do Concello instalando aparellos de medición.

  • Plan integral de vixilancia dos canles fluviais do concello que evite focos de contaminación e vertidos. Especial importancia terá arecollida e tratamento das augas pluviais dos polígonos industriais antes da súa chegada aos ríos.

TRANSPARENCIA, BO GOBERNO E IGUALDADE

  • Faremos a web do Concello máis próxima, comprensible e accesible.

  • Os veciños poderán denunciar calquera tardanza, desatención ou incumprimento nos servizos a través dun sistema de queixas e suxestións.

  • Crearemos un Consello de Participación Cidadá, con capacidade para elevar propostas ao pleno da corporación municipal.

  • Revisaremos as concesións municipais dando prioridade á xestión municipal ou mixta dos servizos que presta o Concello.

  • Elaboraremos o Plan de Igualdade 2017-2020, no que se prevé a creación do Consello Sectorial de Igualdade co obxectivo de promover a incorporación e participación activa das mulleres na vida política, social, cultural, deportiva e económica do Concello.

ÁREA SOCIAL E CULTURAL

  • Elaboraremos un Plan de Atención Integral ás vítimas de violencia de xénero, cunha Casa de Acollida e unha bolsa específica de vivendas destinada ás mulleres nesta situación.

  • Poremos en marcha escolas infantís municipais para crianzas de 0 a 3 anos.

  • Crearemos un albergue municipal para persoas sen teito.

  • Eliminaremos as barreiras arquitectónicas e crearemos un centro de día e outro residencial para as persoas con diversidade funcional.

  • Ampliaremos a oferta de monumentos e espazos turísticos e contribuiremos á súa posta en valor.

  • Melloraremos a oferta museística actual e crearemos un bono que permita visitar todos estes espazos culturais a prezos reducidos.

  • Crearemos o Padroado Deportivo, Formativo e Recreativo Municipal.

  • Poremos en marcha campañas de concienciación e educación en materia de drogas, hábitos de alimentación, así como de convivencia, igualdade e feminismo.

  • Poremos en marcha campañas para previr e detectar o machismo, a discriminación e a violencia de xénero.

  • Adquisición polo Concello da Sala Yago para o seu destino a usos culturais.

  • Recuperaremos o programa Ferradura Aberta para as festas do Apóstolo.

  • Executaremos a vía verde polas vías do tren en desuso para crear unha ruta ciclo-turista e de sendeirismo que enlazaría Santiago, Ordes, Tordoia e Cerceda.

  • Situaremos a gastronomía no centro da promoción turística, recuperando eventos como o Fórum Gastronómico.

  • Consolidaremos unha axenda cultural anual estable e de calidade.

  • Ampliaremos a oferta de turismo familiar e promoveremos o turismo deportivo, organizando probas e eventos de primeiro nivel.

  • Renovación da sinalización nos tramos do Camiño de Santiago que corresponden ao noso Concello.