¿Por qué me presento como candidato á alcaldía?

O que me motivou a iniciarme en política foi que ano tras ano ilusionábame cun programa electoral que nunca se levaba a cabo.

Vexo como cada ano Santa Comba da un paso atrás, arrastrando moitos anos de mala xestión.

Quero devolverlle a dignidade perdida á política municipal, mostrarlle ás miñas veciñas e veciños, que o despacho dun alcalde ten que ser a rúa, que é onde están as necesidades da xente, preocuparse polo concello e sobretodo ter a idea clara de que é un servidor da comunidade que representa.

Un goberno municipal debe velar polos nosos maiores, pola formación da nosa xuventude e por un emprego de calidade, para que as familias xalleiras poidan vivir no seu concello dignamente e non se vexan obrigados á emigración.

E por suposto, sen esquecernos do gran motor da nosa economía local: o sector agropecuario.

Espero ter a oportunidade de demostrar que se pode facer política doutro xeito. Como di o noso slogan “OS FEITOS FALARÁN POR NÓS”.

David Barbeira García

CANDIDATURA SANTA COMBA

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

Titulares

DAVID BARBEIRA GARCIA

MARIA MONTSERRAT ALMOZARA CORDEIRO

DAVID PEREIRA ROMAR

MARIA ISABEL BERNÁRDEZ BARREIRO

MARCELINO RIVAS POMBO

SAMANTA VARELA BAÑA

JAIME VILABOA ESTÉVEZ

FERNANDO HERMINIO GARCÍA RAMA

BALBINA GERPE GESTO

MANUEL VARELA GARCIA

ALEJANDRO VELO BARCIA

MARÍA DOLORES DELGADO RODRÍGUEZ

ANGEL CESÁREO ARES GARCÍA

Suplentes

FERNANDO SANDE ANTELO

ESPERANZA VELO LÓPEZ

JONATHAN PAZOS AMEIJEIRAS

EVA MARÍA PÉREZ FANDIÑO

JOSÉ ANTONIO TRIGO GARCÍA

MERCEDES DINA BLANCO LEIBA

LUCAS RIAL RODRÍGUEZ

CARLOS FERROL POSE

PROGRAMA ELECTORAL DE COMPROMISO POR SANTA COMBA

Desde o grupo de Compromiso por Santa Comba propoñemos un programa realista e realizable, co que confiamos que o noso concello vai mellorar.

1.-TRANSPARENCIA:é básico que a xestión do concello sexa pública e clara, e que todos os veciños e veciñas saiban como se xestiona o gasto público.

2.-PARTICIPACIÓN: dar voz aos veciños e veciñas para que poidan participar na xestión municipal.

3.-EFICIENCIA: apostar por uns servizos públicos de calidade, áxiles e eficaces.

4.-FORMACIÓN:

  • Potenciar a Formación Profesional e as actividades de formación para desempregados (AFD), para que poidan reverter no desenvolvemento do propio concello e para que os participantes teñan unha inserción laboral inmediata.

  • Conseguir unha delegación da Escola Oficial de Idiomas e loitar para volver a ter unha filial do Conservatorio de Música.

5.- EMPREGO E INDUSTRIA

– Actualizar o PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal), axustándoo ás novas realidades empresariais e de negocio. Ampliar o solo industrial e facilitar a instalación de empresas no noso concello.

– Informar e apoiar desde o concello ás empresas locais para o acceso ao financiamento e axudas públicas.

– Crear un viveiro de empresas e un espazo de traballo colaborativo, onde os/as empresarios/as emprendedores/as poidan iniciar o seu proxecto a un baixo custo.

– Dar visibilidade e apoiar ao sector agropecuario.

6.-TRANSPORTE: Conectar Santa Comba con Santiago e A Coruña. Aumentar a oferta dun transporte público de calidade, con frecuencias e horarios axeitados ás necesidades da cidadanía. Facer partícipe ao noso concello no servizo de transporte da área metropolitana de Galicia.

7.- MEDIO AMBIENTE E SUSTENTABILIDADE ENERXÉTICA

  • Realizar un Plan municipal de sustentabilidade e redución do consumo enerxético, axeitando as instalacións municipais aos criterios de eficiencia enerxética, tanto nos gastos de electricidade como calefacción ou aquecemento de auga.

  • Instalar un sistema de aforro enerxético no casco urbano.

  • Erradicar e controlar as escombreiras das distintas parroquias.

8.- SERVIZOS SOCIAIS

Crear un centro de día público, con opción a residencia, que dea atención preferentemente ós/as veciños/as de Santa Comba. Mellorar o comedor sobre rodas, de forma que os usuarios/as teñan garantido este servizo durante tódolos días do ano.

Programa de avellentamento activo nas distintas parroquias para manter as capacidades dos nosos maiores.

Atención as persoas con discapacidade: mellorar a accesibilidade das zonas públicas, eliminación de barreiras e colaborar con entidades de atención a persoas con discapacidade.

9.-DEPORTE

  • Mellorar as instalacións deportivas existentes e amplialas en función das demandas.

  • Ampliar as disciplinas a practicar (atletismo, baloncesto, tenis, voleibol, etc).

  • Levar á práctica medidas que incentiven a actividade deportiva para todas as idades.

  • Crear un plan municipal para nenos e nenas en risco de exclusión social e membros de familias con escasos recursos económicos, onde se financien os custos de participación en actividades deportivas, tanto a nivel afeccionado coma a nivel profesional.

10.-CULTURA E TURISMO

  • Adecentar as praias fluviais e outros espazos recreativos existentes.

  • Converter o entorno da mina de Varilongo nun museo e centro de interpretación dando a coñecer a historia da mina.

  • Dinamizar a Casa do Pozo con actividades que manteñan a nosa cultura viva.

  • Dar visibilidade ó noso concello mediante diversas actividades. ( carreiras populares, rutas en bicicleta, rutas a cabalo, etc.)

  • Organizar actividades culturais durante todo o ano (festas gastronómicas: con produtos típicos da nosa terra,festas populares e merendas,festa celta, Recuperar tradicións culturais: historia da nosa patroa “Santa Comba” )

  • Conmemorar o día das nosas letras galegas; dando visibilidade a aquelas persoas que seguen mantendo viva a escrita do noso concello e que moitas veces permanecen no anonimato.

  • Darlle vida aos edificios municipais a través de actividades que fomenten a participación e implicación cidadá.

  • Valorar e visibilizar os nosos artesáns/ás.

  • Potenciar o coidado e recuperar o noso patrimonio artístico e natural (camiño de Santiago, vía Mariana, rutas de muíños, fervenzas, etc)

Entre todos e todas é posible.