Ola, son Xosé Real .

Nacín en Samos fai 55 anos e o motivo polo que me presento por segunda vez, liderando a lista de CxG ás eleccións municipais é, primeiro o profundo apego que sinto pola miña terra e, segundo, pero non menos importante, porque considero que o noso Concello precisa dun cambio radical no seu goberno que o faga saír do pozo onde está metido fai máis de unha década, ocupando a última posición da Comarca en renda, demografía e recursos empresariais.

Fai catro anos que lideramos a oposición en Samos, levando a Pleno todas e cada unhas das achegas e demandas que, como veciños, nos fixesteis, moitas foron rexeitadas e outras, cumpríronse grazas á nosa insistencia.

No noso partido cremos na política para os veciños, e eu particularmente penso que o sillón da Alcaldía non é propiedade de quen o ocupa, senón de todos e cada un de vós.

Tampouco cremos na política do enriquecemento persoal, por iso imos rebaixar considerablemente os actuales soldos dos cargos políticos , invertendo eses cartos que se aforren mensualmente, no benestar dos habitantes do noso Termo Municipal.

Por todo isto é porque levamos o mellor programa electoral, o cal é totalmente factible, pois só hai que ter gañas de traballar, pídovos o voto para a nosa lista, a cal está formada por xente moi capaz e cercana, pero iso si, xente con moitas arelas de cambiar a situación que padecemos.

Co noso ánimo, co teu apoio e COA TÚA CONFIANZA, lograremos que o noso Samos volva a ser o que foi noutrora.

CANDIDATURA SAMOS

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

Titulares

JOSÉ ANTONIO REAL VÁZQUEZ

MANUEL SÁNCHEZ FERNÁNDEZ

OSCAR LÓPEZ GONZÁLEZ

PABLO FERNÁNDEZ PÉREZ

MARÍA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

JOSÉ SÁNCHEZ LÓPEZ

JESÚS VÁZQUEZ LÓPEZ

JOSÉ LUÍS CAPÓN VILLACORTA

AMALIA DÍAZ GONZÁLEZ

Suplentes

DANIEL CELA CHAOS

IAGO REAL LÓPEZ

SALOMÉ SÁNCHEZ FREIRE

PROGRAMA SAMOS

AREA ECONÓMICA

Empresa, Emprego e Comercio

– Creación de un Parque Empresarial con parcelas a bo prezo, facilidades nas licenzas e bonificación de impostos para as empresas que se instalen no mesmo.

– Creación de unha bolsa de emprego, con información gratuíta e asesoramento para os desempregados do Concello.

– Axudas ó comercio local con campañas de apoio e facilidades para a creación e instalación de novos negocios.

Turismo

– Apertura de unha oficina de turismo permanente onde se dea información de todo-los servizos e opcións turísticas de todo o Concello.

– Creación de un albergue público que sirva para peregrinos e xuvenil.

– Construción de unha area de autocaravanas nas inmediacións do espazo público do Campo da Festa de Samos.

– Creación de novas rutas de sendeirismo en varias zonas do Concello , así como a recuperación do Camiño Real que une o Mosteiro de Samos co Santuario do Santo Eufrasio no Val do Mao.

Tecnoloxía

– Deseño de unha nova guía turística en papel e en formato dixital, en Galego e outros idiomas, na que prevaleza a difusión turística sobre a política.

– Creación de unha nova páxina web do Concello , actualizando periodicamente os seus contidos , e facendo que estes sexan do interese para os usuarios.

– Faremos que de unha vez as novas tecnoloxías (Internet con alta velocidade), cheguen a todo-los veciños do Concello por igual.

Agricultura, Gandería e forestal

– Fomentar o cooperativismo entre os labregos e gandeiros.

– Facilidades na concesión de licenzas para a creación de novas infraestruturas agrícolas e gandeiras ou mellora das existentes.

– Fomentar outro tipo de agricultura como: ecolóxica, de legumes, hortalizas etc.

– Apoio á creación de empresas adicadas ó aproveitamento dos recursos forestais, dada a gran cantidade de monte que ten o Concello sen actividade.

– Asesoramento e axuda ás asociacións de montes comunais.

– Fomento de creación de empresas e cooperativas adicadas á castaña e ós seus derivados.

Apoio e promoción do sector apícola , de tanta importancia no noso Concello e creación dunha feira do mel.

AREA TERRITORIAL

Urbanismo, obras e servizos

– Redactaremos e aprobaremos o plan urbanístico, mantendo reunións cos veciños dos pobos e contando sempre coas aportacións e o acordo dos mesmos.

– Procederemos ó aglomerado das pistas principais que conducen ós núcleos de poboación, mantendo en bo uso o resto.

– Dotaremos de saneamento a todos os pobos do Concello, así como de traídas de auga a aqueles que non a teñan, realizando labores de mantemento continuo nas existentes e nos lavadoiros e fontes das parroquias.

– Distribución dos puntos de luz pública con un mellor aproveitamento da mesma, e buscando o aforro enerxético.

Vivenda

– Fomentaremos que a xente volva ás aldeas con axudas á rehabilitación de vivendas e promoción de alugueres baratos da cordo cos propietarios de casas deshabitadas.

Medio Ambiente

– Aproveitaremos o sistema de Rede Natura para conseguir axudas por medio da mesma para o mantemento dos nosos montes.

– Promoción do Punto Limpo existente e ampliación dos horarios de apertura do mesmo así como fomento da reciclaxe do lixo con campañas de concienciación.

– Colocaremos contedores de aceite usado.

AREA ADMINISTRATIVA

– Faremos de Samos un Concello transparente, xestionando eficientemente os recursos públicos, mellorando o benestar e a igualdade de todo-los veciños.

– As contratacións de persoal municipal faranse con total transparencia por medio de poxa pública e, nas mesmas, prevalecerán os aspirantes que estean censados no Concello.

– Darémoslle máis participación ás aportacións dos veciños poñendo sempre por diante as propostas cidadás, e cando estas reúnan o 5% das firmas do censo electoral, serán debatidas no pleno.

– Recuperaremos os Alcaldes Pedáneos en toda-las parroquias para así estar máis perto dos veciños e das súas inquedanzas.

– Crearemos a figura do “supervisor de benestar cidadán”, que fará visitas periódicas ás parroquias para coidar de que as instalacións e servizos municipais estean sempre en orde e funcionamento.

AREA SOCIO CULTURAL

Educación, Xuventude, Muller e terceira idade

– Apoio constante ó noso C.E.I.P. de Samos e creación dunha gardería pública.

– Promoción e axudas a asociacións xuvenís culturais e deportivas.

– Fomentaremos o emprego feminino e proporcionaremos axudas á asociacións de mulleres rurais.

– Construción de unha gran residencia para a terceira idade que contemple opcións para acoller centro de día, atención de minusvalías de todo tipo , etc.

– Organización de viaxes para os nosos maiores.

– Potenciaremos a axuda a domicilio e atenderemos ós problemas das familias tales como a exclusión social, maltrato, etc.

Sanidade

– Mantemento do Centro de Saúde, coa mellora das súas prestacións.

Cultura e Deportes

– Potenciaremos o uso da Biblioteca municipal coa mellora das súas instalacións, promoción das mesmas, adaptándoas ás novas tecnoloxías, con horarios e actividades para toda-las idades.

– Aproveitamento de toda-las actividades culturais relacionadas co Camiño de Santiago.

– Fomento da creación de agrupacións culturais de todo tipo e recuperación da Banda de Gaitas, da Coral e da Escola de música, así como das distintas formacións que se deixaron perder.

– Reforma do pavillón de deportes municipal e o campo de fútbol-7, así como o mantemento dos mesmos que agora é practicamente nulo.

– Creación de Escolas Deportivas así como de programas deportivos para xoves e maiores (ximnasia, pilates, etc ).

– Aproveitamento dos locais das antigas escolas dos pobos así como do Colexio de Paredes de Lóuzara para uso e desfrute dos veciños.

– Desarrollaremos convenios co Mosteiro de Samos para a realización de congresos, seminarios, charlas, concertos etc.

Festexos e Feiras

– Axudas ás festas patronais de toda-las Parroquias, dando facilidades para a realización das mesmas.

– Apoio ás feiras de Artesanía existentes no Concello e recuperación do mercado mensual na Capitalidade.

– Recuperación das tradicións como o entroido e a festa local do San Xulián e Santa Basilisa.

Patrimonio Histórico

– Posta en valor, e promoción do noso amplo patrimonio histórico sinalizando todo-los monumentos do Concello e promocionando visitas ós mesmos.

– Mantemento e limpeza da Ruta Xacobéa nos dous tramos que corresponden ó noso Concello de acordo cos entes públicos correspondentes.