Veciños de Rodeiro, presentome como candidata as próximas eleccións co afán de mellorar o goberno local, con transparencia, dedicación e sempre escoitando as necesidades do noso pobo.

Centrarémonos entre outras cousas, na procura de solo industrial para atraer novas empresas, nas que os nosos mozos e mozas prosperen e poidan quedarse aquí.

Preocupándonos sempre de reforzar o rural, algo clave neste concello, para o benestar dos nosos gandeiros e gandeiras.

Os nosos maiores, aqueles que tanto esforzo fixeron por nós, serán unha prioridade no noso programa.

O vindeiro 26 de maio, tedes nas vosas mans a decisión fundamental de cambiar o rumbo do concello de Rodeiro.

O voso apoio e fundamental para poder levar a cabo este proxecto.

ENTRE TODOS CONSEGUIRÉMOLO.

 

CANDIDATURA RODEIRO

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

Titulares

  1. EDITA LORENZO LÓPEZ
  2. FERNANDO FERNÁNDEZ HERMIDA
  3. ANA ISABEL FERNÁNDEZ ÁLVAREZ
  4. LUÍS MARIO QUINTA GARCÍA
  5. MIGUEL ÁNGEL RODRÍGUEZ LÓPEZ
  6. JOSE ANTONIO DABOUZA RODRÍGUEZ
  7. DAVID PAYO FAILDE
  8. JOSEFINA CAMBEIRO VÁZQUEZ
  9. LAURA HERMIDA VENCE
  10. CARLOS DANIEL DA LUZ PAIVA
  11. MARY LUZ JORGE DIÉGUEZ

Suplentes

  1. ÁLVARO JUIZ LORENZO
  2. MARÍA ROMAY FERNÁNDEZ
  3. JESÚS FAILDE FAILDE

PROGRAMA

  1. EQUIPAMENTOS E INFRAESTRUTURAS

– Creación dun polígono industrial municipal ou mixto e favorecer o asentamento de novas empresas.

– Captación de manantias novos para abastemento de auga potable para vivendas, ademais do arranxo de fontes e lavadeiros públicos.

– Construción de vivendas de protección oficial.

– Instauración dunha praia fluvial para recreo.

– Habilitación dun espazo propio de parada de taxis.

– Solicitar unha depuradora municipal.

– Facilitar o asentamento dunha planta de biomasa.

 

  1. SANIDADE E SERVIZOS

– Ampliar entrada o centro médico para mellor acceso das ambulancias.

– Dotación do centro médico de servizos básicos e necesarios.

– Construción dun heliporto.

– Manter o servizo de pediatría.

 

  1. MEDIO RURAL

– Promocionar e axudar a permuta de cambios das parcelas entre veciños.

– Axilizar os trámites da parcelaria.

– Mantemento e limpeza de pistas e arcéns do concello durante todo o ano, manténdoas saneadas.

– Creación dunha oficina municipal para o asesoramento do rural (gandería, agricultura, pesca, caza…etc).