Nacín en Ribeira o 24 de xullo de 1975. Estou casado e teño dous fillos. Traballo no Parque Comarcal de Bombeiros de Ribeira como xefe de servizo.

Son diplomado en Relacións Laborais pola Universidade de Santiago de Compostela. Teño un Máster en Protección Civil e Emerxencias pola Universidade de Valencia. Posúo un título de Especialista en Axentes de Emprego e Novas Tecnoloxías da Información: Planificación, Financiamento e Xestión de Proxectos pola Facultade de Ciencias Empresariais de Ourense e son Técnico Superior de Prevención de Riscos Laborais nas especialidades de Seguridade Laboral, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada.

Colaborei, como voluntario e durante moitos anos, na Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira. Con expericencia laboral tanto en empresas privadas, onde fun comercial;e no sector público, como Técnico Local de Emprego, aínda que a maior parte da miña traxectoria profesional téñoa adicada ás Emerxencias.

Por que me presento como candidato á alcadía de Ribeira?

Grazas ao apoio que me ofreceron os compañeiros que formamos Compromiso por Galicia de Ribeira, que me escolleron como candidato, síntome respaldado polo mellor equipo que se pode ter, xa que me acompañan as mellores persoas que poder haber e podo asegurarvos que son xente ca que podes contar para ir á fin do mundo.

Teño as gañas e ilusión de traballar polas miñas veciñas e veciños, para que Ribeira mellore despois de todo este tempo de goberno do PP, que deixou ao noso concello nun estado permanente de estancamento económico, sen materializar en tantos mandatos ningún proxecto de crecemento industrial, sen actuar con programas que aposten firmemente polo turismo cultural e medioambiental, a pesar de posuírmos o privilexio de ter un Parque Nacional e un Parque Natural, e dunha riqueza cultural e gastronómica que non souberon aproveitar; de ver como ano a ano o noso sector marítimo-pesqueiro e comercial, cada vez, pasa máis atrancos e dificultades; de non facer nada para evitar que as nosas parroquias non abandonen os terreos de cultivos e forestais; de non actuar con políticas activas organizativas, preventivas e de aproveitamento forestal que ademais protexan as nosas vivendas, comercios e empresas dos graves riscos dos incendios que padecen os nosos montes; de seguir sufrindo a falta de actuacións de infraestruturas viais axeitadas para mellorar a circulación, a accesibilidade e o estacionamento na cidade, nos polígonos, e nos peiraos; a pesar do gran número de desprazamentos diarios de turismos e vehículos pesados que percorren cada día as nosas estradas e rúas; de non ter a previsión de actuar na propia administración local e nas que teñen competencia para impedir os problemas de seguridade cidadá, desgraciadamente cada vez máis habituais, pola falta de medios das Forzas e Corpos de Seguridade Pública que nos protexen no noso municipio.

Vemos como moitos mozos e mozas tiveron que marchar, a pesar de estar altamente cualificados, para traballar fóra porque todos estes anos os gobernos locais priorizaron a política do cemento, sen escoitar as necesidades das veciñas e veciños, sen traballar no futuro das nosas fillas e fillos para que poidan quedar aquí e seguir contribuíndo a que Ribeira medre; na igualdade social e laboral das mulleres, no coidado dos nosos maiores con suficiente atención a domicilio e cunha residencia e centro de día públicos e, en definitiva, priorizar o benestar da nosa xente para que todas e todos poidamos vivir en Ribeira como ese concello que imaxinas desenvolvido e coas comodidades axeitadas.

Queremos ser humildes, realistas, transparentes e construtivos, xa que temos a completa seguridade que se poden facer as cousas doutro xeito moito máis próximo e participativo, sen improvisacións individuais nin decisións sen consensuar coa xente afectada, porque non esquezamos que o CONCELLO ES TI.

Somos veciñ@s coma ti, preocúpanos a nosa vila e soñamos cunha nova Ribeira, para iso traballaremos e poñeremos toda a nosa ilusión e forzas para para que o Concello sexa a casa de tod@s, onde as parroquias teñan voz propia, estea aberto á cidadanía e sexa transparente na súa xestión, onde o trato sexa igual para tódolos veciñ@s, sendo participativo na toma das decisións; firme defensor dos servizos públicos; comprometido coa igualdade de xénero e a xustiza social; e respectuoso coa diversidade, inclusivo e accesible, eliminando barreiras arquitectónicas; sensibilizado co medioambiente; e apostando pola cultura e o deporte local, promocionando as nosas festas e tradicións e situar a Ribeira como un referente de vila galega, de tradición mariñeira e ao mesmo tempo moderna e de progreso.

Entre tod@s podemos facer que ese soño sexa realidade, e por iso pedimos o teu voto.

Óscar David Casáis Montemuíño

CANDIDATURA RIBEIRA

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

Titulares

1. OSCAR DAVID CASAIS MONTEMUIÑO

2. ANA MARIA VIDAL GARCIA

3. RAFAEL PAZOS RODRIGUEZ

4. FRANCISCO JAVIER GOMEZ GONZALEZ

5. CRISTINA PEREZ CASTRO

6. NICOLAS MUÑIZ BRION

7. MIRIAM CRUJEIRAS PEREZ

8. JOSE MANUEL MARTINEZ MUÑIZ

9. JULIAN PATIÑO ABEIJON

10. MARIA JOSEFA BARGIELA REGO

11. EMILIO QUINTELA REINO

12. MARIA JOSEFA BERNAL ALVAREZ

13. ALBERTO BARGIELA REGO

14. SUSANA MARIA FILGUEIRA REGO

15. MARIA BEDA CRUJEIRAS PEREZ

16. ANA MARIA COSTAS FIDALGO

17. XAN LOIS VALIÑO RIVAS

18. CLAUDIA MARIA OSORIO FRANCO

19. RUBEN GONZALEZ GOMEZ

20. ANA BELEN BARGIELA REGO

21. JOSE MANUEL FRANCO PEREZ

Suplentes

1. HIPOLITO GARCIA ALVAREZ

Somos veciñ@s coma ti, preocúpanos a nosa vila e soñamos cunha nova Ribeira, para iso traballaremos e poñeremos toda a nosa ilusión e forzas para para que o Concello sexa a casa de tod@s, onde as parroquias teñan voz propia, estea aberto á cidadanía e sexa transparente na súa xestión, onde o trato sexa igual para tódolos veciñ@s, sendo participativo na toma das decisións; firme defensor dos servizos públicos; comprometido coa igualdade de xénero e a xustiza social; e respectuoso coa diversidade, inclusivo e accesible, eliminando barreiras arquitectónicas; sensibilizado co medioambiente; e apostando pola cultura e o deporte local, promocionando as nosas festas e tradicións e situar a Ribeira como un referente de vila galega, de tradición mariñeira e ao mesmo tempo moderna e de progreso.

Entre tod@s podemos facer que ese soño sexa realidade, e por iso pedimos o teu voto.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

  • Crear Consellos ou elección de alcalde/alcaldesa parroquiais que trasladen problemas, necesidades e incluso decidan en que destinar certas partidas orzamentarias.

  • Modificar o Regulamento de Participación Cidadá para que os colectivos teñan voz nos Plenos nos asuntos que sexan parte interesada.

  • Elección dos festivos locais por consulta á cidadanía.

TRANSPARENCIA, BO GOBERNO E RENDICIÓN DE CONTAS

  • Abrir o Concello á cidadanía un día a semana pola tarde para atención á cidadanía.

  • Publicar na web do Concello, declaración de bens e retribucións dos cargos políticos, subvencións, axudas, convenios, contratos, catálogo de bens inmobles, vehículos e maquinaria municipal.

  • Que os veciñ@ saiban en que gasta o concello o que recauda cos impostos.

  • Estudar a viabilidade da rebaixa de certos impostos ou taxas.

URBANISMO E ACCESIBILIDADE

  • Ofertar máis chan industrial ás empresas e industrias e mellorar o mantemento e servizos do actual polígono industrial.

  • Mellora do transporte público, de calidade e accesible.

  • Elaborar unha Ordenanza Municipal de Accesibilidade, consensuado coas asociación de inclusión.

  • Eliminar barreiras arquitectónicas, especialmente nas parroquias onde hai obstáculos nas beirarrúas.

  • Estudo de reubicación dos contedores do lixo que invaden beirarrúas e vías de circulación.

  • Parque infantil cuberto. Adaptar os parques infantís a nen@s con mobilidade reducida, incluíndo unha zona multidisciplinar e multisensorial con paneis con signos, etc.

SEGURIDADE CIDADÁ

  • Un novo modelo de Policía local con funcións en seguridade cidadá.

  • Solicitar ás autoridades competentes o reforzo en efectivos da policía nacional.

  • Elaboración dun Plan de Reordenación do tráfico e Estacionamentos.

  • Elaborar un Plan Municipal Básico de Incendios.

EMPREGO

  • Plan de Emprego Municipal, dentro das competencias ata as que pode chegar un concello, para xente moza e maiores de 55 anos.

  • Os parques naturais e nacional teñen un enorme potencial no ecoturismo e poden xerar emprego.

  • Solicitar a ampliación da oferta formativa da FP.

  • Bonificar no IBI aos baixos comerciais que se adhiran ao Banco Municipal de Alugueres Comerciais.

CULTURA E DEPORTES

  • Intentar solucionar o problema dos campos de fútbol afectados polo parque natural.

  • Mantemento regular das instalación deportivas municipais existentes.

  • Incrementar as subvencións ao deporte de base e feminino.

  • Un Museo do Mar , para a nosa vila con historia e tradición mariñeira.

  • Local de ensaio, en condicións e con un bo funcionamento, a disposición de bandas e grupos locais.

  • Recuperación e promoción de xogos tradicionais galegos.

  • Un Museo Municipal con espazo para exposicións.

  • Unha biblioteca en condicións, cun horario axeitado ás demandas da veciñanza.

  • Promocionar a creación dunha Banda de Música Municipal.

  • Funcionamento real do Consello escolar, onde se teñan en conta as propostas das ANPAS.

MEDIOAMBIENTE

  • Servizo de limpeza das praias máis amplo, non só na época estival.

  • Aumentar e intensificar o control da fauna silvestre, sen sacrificio, de gaivotas, roedores e felinos. Instar á Xunta a solucionar realmente o problema do xabarín.

  • Un modelo de canceira municipal no que se promova o benestar do animal e traballar pola súa comarcalización.

  • Cemiterio e crematorio de mascotas falecidas.

  • Identificación e erradicación de puntos de verquidos ao mar.

  • Instalación de papeleiras en rúas e barrios onde non hai.

  • Fomentar a cultura da reutilización e da reciclaxe.

  • Limpeza periódica do saneamento, para que cando cheguen as chuvias non desborden.

  • Aumentar a loita contra as velutinas desde o concello e instar á Xunta de Galicia a asumir as súas responsabilidades na materia

SERVIZOS SOCIAIS

  • Fomento do voluntariado para a colaboración coas distintas asociación que prestan servizos á comunidade.

  • Coordinación das distintas entidades sociais a través do Consello de Benestar Social.

  • Mellorar os servizos que presta a UAD.

  • Corrixir deficiencias existentes nos centros de saúde. Solicitar a construción para o futuro con tempo, antes de que teñamos que improvisar.

  • Bolsa Municipal de Vivendas en aluguer, para a xente moza e persoas en risco de exclusión social.

  • Medidas de integración de colectivos migrantes, xornadas interculturais, eventos ( música, baile, gastronomía, etc)

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

  • Promoción da nosa lingua, fomentando e normalizando o seu uso, en especial entre a poboación máis moza e no sector empresarial, que sexa un idioma vivo e de uso en contextos formais.