Jesús Pérez Moreda, máis coñecido como Suso Vilalba, naceu o 31 e un de maio de 1957, natural da Devesa, fillo de labregos, casado e con dous fillos. Técnico especialista en electricidade electrónica, técnico superior en medio ambiente, técnico en seguridade laboral. Na súa vida profesional da que xa esta retirado, foi delegado para Galicia dunha multinacional francesa e colaborou na súa implantación no norte de España.

Fixo da súa paixón; o deporte, unha dedicación publica. De mozo foi socorrista na praia dos Castos, foi secretario do F.C. Ribadeo e foi adestrador do baloncesto de Ribadeo durante 20 anos e un gran apaixonado da Ría de Ribadeo.

Na súa época de concelleiro de goberno nos anos 1987 a 1995 estibo o fronte das areas de deportes e praias, construíuse a Piscina Municipal e unha pista deportiva en cada parroquia, ademais comezáronse os traballos para levar a auga as praias. Sempre pendente da vida municipal, presenta a súa candidatura convencido en que é un bo momento para dedicarse activamente a mellorar a Vila Ribadense, crendo no potencial que Ribadeo ten e que non se esta a aproveitar ademais de traballar en mellorar as grandes deficiencias que esta haber en moitas areas da xestión municipal.

Bo coñecedor dos problemas que vive o rural, tamén coñece os problemas que existe na Vila, para os comerciantes e hostaleiros a través das experiencias familiares neste impórtente sector económico de Ribadeo.

Perez Moreda presenta unha candidatura, integradora, con xente do rural e da vila, con persoas de diferentes sensibilidades políticas pero que as une o seu compromiso por Galicia e ante todo por Ribadeo. Cada un deles coñece ven Ribadeo e os seus problemas, na lista temos autónomos, empregados de empresas, funcionarios, retirados…. todos aportan os seus coñecementos para o programa co que queren gobernar Ribadeo mellorando a limpeza das rúas, a xestión do trafico, o turismo, o emprego, os servizos sociais…

 

CANDIDATURA RIBADEO

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

JESUS PÉREZ MOREDA

MARÍA BEGOÑA FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ

AURORA GONZÁLEZ GINZO

RAFAEL IZQUIERDO PÉREZ

JOSE RAMON LÓPEZ MARTÍNEZ

IVÁN FERNÁNDEZ RAÑÓN

ÁLVARO MARIO LORIGADOS CASTAÑO

BELÉN GONZÁLEZ LÓPEZ

CRISTIANE CARVALHO DE SOUSA

ELVA ALINA CARMONA FIGUEREDO

MARIA SOLEDAD VALIÑA GUTIÉRREZ

ALMUDENA PIÑEIRO DOCAMPO

ALEJANDRO CALONGE PEÑA

COMPROMISO CON RIBADEO

ECONOMÍA, SERVIZOS SOCIAIS, EMPREGO E CIDADANíA

  • Reduciremos o gasto de soldos a políticos dos máis de 100.000 euros anuais actuais a 50.000 euros.

  • Ampliaremos a partida destinada a servizos sociais a lo menos en 50.000 euros para a atención de persoas maiores.

  • Propoñeremos a creación dun sistema de cobro nos aparcamentos da praia de As Catedrais, co fin de aumentar o presuposto en diferentes partidas.

  • Recuperaremos o corpo do GRUMIR, así como a agrupación de voluntarios de protección civil hasta onde permita a lei.

  • Promoveremos a posta en marcha dun programa de políticas activas de emprego municipal.

  • Fomentaremos o emprendemento xuvenil a través de formación.

  • Promoveremos un programa integral de protección as persoas maiores.

  • Promoveremos as sancións administrativas con traballos en benéfico da comunidade en vez de multas.

  • Impulsaremos a ampliación das actividades que teñan coma obxectivo a prevención de condutas intolerantes.

  • Promoveremos a participación da cidadanía na política local, levaremos o pleno as iniciativas asociativas, avaladas polo 50% dos socios.

  • Impulsaremos un regulamento de participación cidadá.

  • Crearemos unha oficina municipal dedicada a xestión diaria, que apoie e coordine, os clubes e asociacións.

  • Colaboraremos sempre cos grupos políticos que propoñan melloras para a vida dos nosos veciños, sexan do color político que sexan.

  • Reunirémonos con tódalas administracións necesarias para a búsqueda de colaboración nas inversións en infraestruturas que non se poidan facer unicamente con fondos propios do noso concello.

DESENVOLVEMENTO LOCAL

  • Promoveremos a reforma integral da praza de abastos, renovando edifico actual e cubrindo os laterais.

  • Promoveremos a negociación con SEPES para a reactivación real do polígono industrial.

  • Revisaremos a ordenanza de terrazas que contemple as instalacións fixas de cara o inverno.

  • Dedicaremos mais recursos a dinamización do comercio, da hostalaría e do sector servizos local.

  • Promoveremos un plan integral para a creación e implantación de empresas.

INFRAESTRUTURAS

  • Promoveremos a mellora da rede de saneamento e a traída da auga.

  • Aumentaremos os servizos públicos nas praias e ampliación a ata elas da traída da auga.

  • Melloraremos a sinalización e aparcamentos dos diferentes areais.

  • Construiremos un edificio multiusos, adaptado para concertos, torneos, feiras, exposicións e congresos empresariais.

  • Promoveremos a sinalización trilingüe; Galego, Castelán e Inglés.

  • Melloraremos o alumeado publico, recorrendo a enerxía renovable.

  • Melloraremos o paseo marítimo que une o porto co faro en colaboración con Portos.

  • Promoveremos a instalación dun carril bici pola carretara da costa dende o porto ata As Catedrais.

  • Crearemos unha ruta peonil, que una a zona dende a praia de As Catedrais ata a praia de Os Castros en colaboración con Costas.

  • Estudaremos en colaboración con Fomento, a instalación dunha rotonda que facilite a entrada a Rinlo na Nacional 634 en San Xulián.

MEDIO AMBIENTE, RURAL E PRAIAS

  • Crearemos un censo de mascotas e promoveremos a instalacións de chip de forma gratuíta a aquelas que non o teñan.

  • Crearemos novas area de lecer para as mascotas.

  • Traballaremos nun plan diario para o mantemento adecuado de parques e xardíns.

  • Elaboraremos un plan de limpeza municipal que optimice os recursos humanos e materiais.

  • Estudaremos un novo sistema de recollida de lixo, mediante contedores soterrados ou sistemas de recollida periódica e selectiva, co fin de chegar a eliminación de contedores na vía publica.

  • Traballaremos na extensión da rede de saneamento na zona rural e na recollida de residuos producidos polas explotacións agrarias (plásticos, neumáticos….) para quen o solicite.

  • Crearemos unha comisión técnica e de propietarios de fincas e montes, para a identificación das propiedades e o posible agrupamento voluntario de parcelas en colaboración coa consellería de medio rural.

  • Promoveremos a rehabilitación de vivenda no medio rural para a mellora das condicións de vida, co fomento da instalación de placas solares para calefacción e auga quente, e o uso da enerxía por biomasa.

  • Traballaremos no mantemento diario de pistas de concentración e carreteiras, especialmente, limpeza de cunetas e táxeas.

  • Colaboraremos na adaptación dos veciños afectados pola lei de antiincencios sen recorrer a multas.

  • Propoñeremos o dragado do fango da praia dos Bloques para o seu posterior recheo con area, en colaboración con costas na medida que permitan as normas de protección da ría.

CULTURA E DEPORTES

  • Fomentaremos un cambio radical na axenda cultural da nosa Vila, deixando a un lado os aspectos ideolóxicos e lingüísticos.

  • Crearemos un museo de Ribadeo, con diferentes salas dedicadas a o mar, a historia e legado indiano e a propia historia de Ribadeo.

  • Melloraremos o funcionamento das escolas deportivas municipais, e aumentaremos o numero de disciplinas deportivas.

  • Melloraremos as instalacións deportivas existentes e crearemos novas instalacións, entre elas unha pista de atletismo regulamentaria e zonas para as novas disciplinas deportivas.

TURISMO

  • Promoveremos unha nova política de promoción turística de Ribadeo, máis e mellor difusión.

  • Promoveremos un estudo por parte dunha empresa especializada para a posterior execución de accións de promoción, da praia de As Catedrais, o Camiño de Santiago, a ponte dos Santos, Arante, Rinlo, a Ria de Ribadeo…

  • Executaremos un plan especial para a praia de As Catedrais, no que sexa imprescindible pasar por Ribadeo para visitalas, xerando así xinersias coa economía, propoñendo que o 80% dos pases de acceso se dean na vila.

  • Elaboraremos un plan para revitalizar o parque de indianos.

  • Recuperaremos o uso da tradicional vela latina para a Ria como potencial turístico.

TRÁFICO

  • Traballaremos nunha reorganización do trafico integral.

  • Implantaremos un sistema de semáforos nos puntos mais conflitivos.

  • Construiremos novos aparcamentos municipais, e traballaremos no arranxo e ampliación dos xa existentes.

  • Instalaremos un punto de carga para vehículos eléctricos no aparcamento municipal.

  • Estudaremos medidas para o control de acceso de vehículos as rúas peonís.

  • Reformaremos a rotonda xunto o parador, centrándoa para facela mais segura.

  • Prohibiremos a entrada de camións de máis de 15 toneladas.

  • Dotaremos a vila de espazos de reserva horaria para autobuses, debidamente sinalizados, para mellorar a seguridade nas paradas do transporte escolar.