O meu nome é MARÍA XOSEFA COMOJO SOBRADELO aunque me coñecen como CHECHE.

SON OFICIAL DE NOTARIAS, TEÑO CINCUENTA E CINCO ANOS, moita experiencia en Notarías, tamén no eido deportivo porque estou formada como adestradora de piragüismo, remo, tiro con arco, patinaxe e rapel. Fundei unha empresa de turismo activo, xa non estou nela. Tamén fundei unha escola de TEMPO LIBRE «Mistura», para mesturar nenos con recursos e sen eles, está na Estrada.

Estiven nunha radio municipal que antes era pirata chamada RADIO ZARABETO.

Coordinei campamentos da XUNTA en Vilanova, nas actividades vinculadas ó mar e medioambiente; pasaron 1.200 rapaces en tres meses de idades entre os 15 e os 18 anos.

Sei as dificultades das empresas. Actualmente traballo na Notaría da Senra en Santiago de Compostela.

CANDIDATURA RIANXO

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

Titulares

1. MARIA XOSEFA COMOJO SOBRADELO

2. CONSTANTINO CASTAÑO CALVO

3. CHRISTIAN FERREIROS SÁNCHEZ

4. MARÍA GUADALUPE FUNGUERIÑO CEBREIRO

5. BENJAMÍN ABUÍN PÉREZ

6. JOSÉ MANUEL TUBÍO COLLAZO

7. JOSÉ LOSADA FACHADO

8. AURORA LESENDE REY

9. MARÍA AMELIA CASTRO DEL RÍO

10. JESÚS JOSÉ RAMOS CASTRO

11. JOSÉ ANTONIO ALCALDE RAÑÓ

12. MANUELA COMOJO SOBRADELO

13. DOLORES ORDÓÑEZ VITURRO

14. MARÍA DOLORES MARTÍNEZ VARELA

15. ALEJANDRO LOURIDO HERBÓN

16. ROSA RODRÍGUEZ LOJO

17. JOAQUÍN VÁZQUEZ OTERO

Programa da PLATAFORMA VECIÑAL POLO CENTRO DE DIA DE RIANXO

COMPROMISO POR RIANXO

RIANXO ES TI.

COMPROMISO COS NOSOS MAIORES

  • Poñer en funcionamento as instalacións do antigo Pazo de Viturro, adquirido o Albergue Ana Mogas para oCENTRO DE DIA, Centro de Atención Alzheimer e Xeriátrico de RIANXO,todos eles co seu proxecto e calendarización.

  • Darlle total cobertura ao Liceo para ser un Centro Social de Maiores, con actividades dirixidas a establecer un avellentamento activo: excursións, bailes, talleres, actividades solidarias, etc.

  • Axilizar os SERVIZOS SOCIAIS para unha mellor atención aos rianxeiros que precisan deste servizo, ademais de ter un bo rexistro de persoas soas e de atención especial, que estea ao día e sexa completo.

  • Poñer en práctica as distintas modalidades de acompañamento solidario. Acurtar prazos de intervención dos servizos sociais, altas en centros e nos coidados a domicilio.

  • Instalar salvaescaleiras no interior das instalacións do Liceo e nos demais centros públicos como no Xulgado de Paz.

  • Puntos de xogos tradicionais. No paseo da ribeira dotar con mesas de base de damas e xadrez con protección da intemperie.

COMPROMISO COA CIDADANÍA

  • TRANSPARENCIA: Practicar auditorías económicas do propio concello. Facer transparente a dotación de persoal, servizos e material. Expoñer de modo ENTENDIBLE as contas do concello.

  • Facer rendible a administración local, aproveitando ó máximo os seus traballadores, obxectivizando os seus postos e incentivando os resultados.

  • MANUAL DE BOAS PRACTICAS DO CONCELLO: Compromiso coa cidadanía e administrado facendo un exemplo de empatía como no caso de ter os postos sempre cubertos, axilizar o servizo, asesorar e utilizar o portelo único para evitar desprazamentos, etc.

COMPROMISO CO COMERCIO LOCAL E CA HOSTALERÍA

  • Facilitar licencias de apertura, crear bolsas de axuda o aluguer para o comercio, compensar cos impostos.

  • Buscar estratexias coa hostalería para atraer á clientela. Crear eventos para a desestacionalización.

  • Casas museo, sen perder a súa identidade, darlles contido sustentado todo ano albergando: casa de escritores, zonas de estudio, punto de encontro de asociacións, etc. facendo rendibles as mesmas.

COMPROMISO CO MONTE E CO MAR

  • Plan «urxente» de recuperación forestal con «autóctonas».

  • Creación de cuadrilla de limpeza-vixianza todo o ano.

  • Dotar de premios á promoción dende a educación, a limpeza por partes dos veciños das súas parroquias. Todo nun plan consensuado cos colexios, alcaldes de barrio e mancomunidades de montes, englobado nun calendario festivo.

  • Penalizar o vandalismo, poñer en valor medidas preventivas.

  • Creación a rede de hortas xestionada dende o cooperativismo.

  • Promocionar a industria extractiva de algas no concello.

  • Promover a repoboación das aldeas de Rianxo en situación de abandono. Dotar de axudas para a rehabilitación das casas e da creación de empresas vinculadas á explotación agrícola e forestal.

  • Instalar as naves de obras e o taller do concello así como o parque móbil nunha nave no polígono industrial, economizando no aluguer que actualmente se está a pagar. Dotar cos medios necesarios para a protección do persoal e sinalización da mesma, a actual carece de todo decoro e sinalización e prevención.

  • Promocionar Rianxo como PORTO BASE de práctica de deportes náuticos, como un incentivo económico onde a VELA pode practicarse TODO O ANO, aproveitando ao máximo este aspecto. Promoción a nivel NACIONAL e INTERNACIONAL.

  • Crear unha escola taller no concello de profesionais de industrias de reciclado dos plásticos, reciclado dos bivalvos e outra relativa a produción agrícola e forestal de tipo biolóxico.

COMPROMISO CO DEPORTE E CULTURA

  • Recuperar o antigo cine e a sala de baile redirixindo o seu uso compartido con outras actividades, buscando xestións mixtas e axudas neste aspecto, facendo charlas coloquios en películas de programación cultural, proxeccións antigas da zona coa asistencia de colexios, colectivos, etc.

  • Comprometéndonos coa nenez e xuventude protexendo os parques infantís das inclemencias do tempo e dos actos vandálicos, isto faría que aínda que chovera poderían acceder a eles tendo en conta que o xogo e moi importante no seu desenrolo.

  • Instalar rocódromos e halfs para a práctica de escalada e monopatín.

  • Ludoteca no cal os adolescentes poidan ter un lugar de encontro libre e con actividades sensiblemente dirixidas según as súas necesidades.

  • Recuperar os xogos de vecindario, entre distintas parroquias entre solteiros e casados, facendo un calendario anual no que este tamén sexa un atractivo único que atraia xente a Rianxo, todo elo no marco da restauración e festividades e actividades de comercio.

SANITARIA

  • Dotar dun aparato de raios «X» para o centro de saúde.

  • PAC con servizo de urxencias de 15:00 h. a 9:00 h. do día seguinte.

  • Resolver a problemática do largo percorrido que teñen os enfermos sometidos a diálise.

URBANISMO, OBRAS E SERVIZOS

  • Aprobación definitiva do PXOM .

  • Municipalizar a xestión do suministro de auga.

  • Dotar de saneamento nos puntos que non o teñen

  • Coidado de lavadoiros e fontes, tanto dende o punto de vista saudable como estético.

  • Crear ordenanza para a xestión dos edificios e os espazos de carácter público, supervisión e total control.

  • Instalacións de barandas nos edificios públicos para evitar caídas.

  • Solucionar as incidencias indicadas no informe de auditoría das instalacións de alumeado público.

  • Plan de seguridade para eventos festivos (seguridade pasiva e activa).

  • Reparar as instalacións dos cementerios do concello.

COMPROMISO CO MEDIO AMBIENTE

  • Coidado das barreiras, das praias e dos ríos, animando a creación do voluntariado e de actividades en familia para o coidado do mediambiente.

  • Creación dun refuxio de animais municipal, facendo valer a lei de protección animal. Sendo Rianxo concello pioneiro no sacrificio cero, poñer en valor a lei de protección animal. Medidas correctivas. Xornadas de educación trato animal.

  • Designar praia de animais.

  • Sancións por non recollida de excrementos. Sancións por maltrato animal.

  • Denegación da tenencia de animais a quen reitere o seu maltrato.

  • Poñer en valor a contaminación acústica, cumprido por lei por parte dos locais e dos festexos.

  • Reciclar material propio do concello en desuso.