ANDRÉS NÚÑEZ RAJOY, enxeñeiro técnico agrícola. Traballou como autónomo. Traballou na empresa privada como executivo na Cooperativa Agraria Provincial da Coruña-LEYMA. É especialista en horticultura e agricultura ecolóxica, do que ten publicación en revistas especializadas. É co-autor do primeiro libro de horta en galego (A NOSA HORTA). Foi Secretario do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas da Coruña, Ourense e Pontevedra. Foi membro da Comisión Nacional de Bioseguridade e do Comité Fitosanitario Nacional. Participou en comités da Unión Europea como técnico en fitosanitarios.Na actualidade desenvolve o seu traballo no Servizo de Infraestructuras Agrarias de Pontevedra onde realiza traballos de Concentración  Parcelaria e Obras. Casado, con fillos e netas.

CANDIDATURA PONTEVEDRA

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

 

 

ANDRES NUÑEZ RAJOY

BERTA MARGARITA ROLDAN PIMENTEL

MIGUEL RODRIGUEZ FERNANDEZ

MARIA CARMEN SIMES GIL

EMILIO LORENZO BELLO

MARIA SUEIRO PORTELA

BRANDAN PHILLIPS PORTASANY

MARIA DEL PILAR ROLDAN OTERO

DEMETRIO GOMEZ GOMEZ

MARIA PILAR FERNANDEZ MENDEZ

FEDERICO ROLDAN PIMENTEL

MARGARITA MALVAR CALVO

IAGO LASTRA RODRIGUEZ

LAURA RODRIGUEZ ALVAREZ

RAMON FOLLENTE RASCADO

MARIA JOSE GONZALEZ FERRIN

 JORGE SEGURA ROLDAN

 NATALIA COSTAS ALONSO

 JUAN CARLOS REY FOLGAR

 AMELIA BELEN COSTAS ALONSO

 BERNARDO VICENTE CREGO CERVANTES

 ANDREA RIVAS LAGO

 SANTIAGO MOREIRA CASAL

 NEREA MARTINEZ MALVAR

 FRANCISCO REY POMBO

 Suplentes

 JULIA CALVO MEIJIME

 ANTONIO GARCIA SANMARTIN

 

REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA E TRANSPARENCIA

 

Co fin de converter o concello nunha institución profundamente democrática, participativa e transparente, Compromiso fomentará a participación cidadá na vida municipal, pondo nas súas mans instrumentos que lle permitan expresar con axilidade a súa opinión e que esta sexa tida en conta. Así mesmo implementaremos mecanismos que reduzan ao mínimo as posibilidades cometer prácticas corruptas.

Todos estes serán obxectivos a conseguir mediante a adopción de, entre outras, as seguintes medidas:

– Dotar ao concello dun regulamento de participación cidadá que, que no marco da Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e aproveitando as oportunidades que nos brindan as novas tecnoloxías, facilite ao máximo participación directa da cidadanía na vida municipal.

– Dinamizar o tecido asociativo local, sendo totalmente respectuosos coa súa autonomía e distribuíndo as axudas en base a baremos obxectivos.

– Regular a forma na que un determinado número de veciñas e veciños do concello pode presentar e defender unha iniciativa popular que obrigatoriamente teña que ser tratada no pleno.

– Darlle cobertura económica ás demandas da cidadanía mediante a posta en marcha de orzamentos participativos, que reserven unha porcentaxe do capítulo dedicado a inversións para realizar aqueles investimentos en infraestruturas ou servizos que, de xeito regulado, a cidadanía consideren prioritarios.

– Utilizar a páxina web oficial do concello para facilitarlle a cidadanía de xeito claro toda a información relacionada coa institución municipal e cos seus cargos electos, co obxectivo de que as/os veciños/as saiban en todo momento cómo e en qué se invisten os recursos públicos, e quén son as persoas responsables de executar ese gasto.

Facer públicas as declaracións de actividades, ingresos e patrimonio de todo/as os/as concelleiros/as electos na corporación municipal.

– O horario de celebración dos plenos e das comisións de goberno do concello escollerase co obxectivo de facilitar a asistencia da cidadanía aos mesmos. A maiores e co fin de que estes poidan ter o maior coñecemento dos acordos que se toman no máximo órgano de decisión, as sesións plenarias serán gravadas e difundidas a través da páxina web do concello como mínimo en tódolos municipios.

– Exposición pública de actas (plenos e xuntas de goberno local), orzamentos, liquidacións e todo aquel documento con tal consideración.

– Establecer a poxa pública, a ser posible en formato electrónico, como método preferente de adxudicación de obras e servizos, fronte a outros procedementos que facilitan prácticas corruptas, como é o caso da adxudicación directa, ou os concursos negociados. Establecendo en todo caso sistemas de valoración matemáticos ou obxectivos nos procesos de adxudicación de obras e servizos. Limitando dentro das posibilidades da lei os supostos de xustificación de baixas desproporcionadas.

– Incluír nos pregos de adxudicación que as novas contratacións de persoal que realicen as empresas privadas, en calidade de adxudicatarias dun servizo público, terán que facelas baixo os criterios de publicidade igualdade e mérito.

– Tanto nas mesas de contratación de obras e servizos como nas de persoal, facilitarase a presenza de representantes veciñais, asociacións empresariais e sindicatos, garantido ao máximo a publicidade e a limpeza do procedemento.

– Ao comezo da lexislatura aprobarase un código ético vinculante para as/os representantes políticas/os de tódolos grupos municipais, que entre outras obrigas estableza a de dimitir no caso de resultaren acusadas por un órgano xudicial.

Eliminar a contratación de asesores de xeito permanente durante o mandato, limitándose a aspectos puntuais nos que non exista un perfil técnico acaído para a súa xestión entre os empregados públicos da administración local.

SERVIZOS PUBLICOS

1.- XESTIÓN EFICIENTE DOS RECURSOS PÚBLICOS NOS CONCELLOS

– Apostar por uns servizos á cidadanía áxiles, eficaces e eficientes: axilizar trámites burocráticos (posibilidade de facer solicitudes a través da web) par unha pronta resposta á cidadanía (certificados, licencias, …..)

– Tanto o proxecto de orzamentos como as contas municipais deberán ser aprobados en tempo e forma.

– Facer un plan de obras a catro anos e non xuntar as obras no ano no que hai eleccións.

– Sexa obrigatorio realizar un estudo de rendibilidade social e sostibilidade económica e medioambiental para tódolos investimentos que superen os 200.000 €.

– Como norma xeral a maioría dos servizos municipais sexan xestionados de xeito directo polo concello ou a través de sociedades de economía mixta. En especial os que teñen que ver co tratamento do lixo, a xestión integral da auga e os servizos sociais. Polo tanto aqueles que na actualidade estean externalizados no momento de acabar a súa concesión administrativa, recuperaranse para a xestión pública si unha adecuada avaliación técnica acredita o mantemento ou mellora da calidade na prestación do servizo a un custe asumible para o concello.

– As facturas a entidades provedoras e prestadoras de servizos ao concello se paguen dentro dos límites establecidos pola lei.

 

2.-SANIDADE PÚBLICA

Apostamos claramente pola mellora e ampliación de Montecelo, pero tamén reivindicamos a volta daquelas especialidades que xa non hai en Montecelo porque as quitaron fai pouco e teñen que voltar xa que causan un grave perxuicio ás persoas afectadas, tanto doente coma acompañantes. Pero tamén pulamos por traer novas especialidades que polo ratio de doentes/especialista son necesarias na área de Pontevedra.

 

 3.- EDUCACIÓN

A educación pública e gratuita é a garantía da formación das persoas para facelas máis críticas, máis libre e máis iguais.

Sabedores de que a parte importante da educación é competencia da Xunta de Galicia, dende Compromiso por Galicia propoñemos:

– Actuar na etapa de 0 a 3 anos para que no noso concello non teñamos ningún/ha neno/a sen gardería, mesmo coa construción dalgunha nova se é necesario.

– Manter unha relación fluida coas ANPAS do concello e as súas federacións establecendo convenios de colaboración en todo o que sexa competencias das mesma, nomeadamente os comedores.

-Por ao dispor das ANPAS persoal do concello para a elaboración dos trámites administrativos tan complicados de facer, pensando que o traballo das ANPAS é a voluntariedade de nais e pais, e na maioría dos casos son descoñecedores dos trámites administrativos.

– Facer inventario de necesidades locais e horas que hai que adicar á limpeza dos centros, incluido a limpeza dos comedores.

– Humanizar, no caso de titularidade municipal, das zonas de xogos e lecer dos centros

– Apertura dos centros, fora da xornada lectiva, á actividades tanto extraescolares coma culturais ou deportivas sempre con coñecemento do centro e da ANPA correspondente.

 

4.- CIDADE ABERTA, SEGURA E LIMPA

É fundamental ter unha cidade que as cidades sexan seguras para a cidadanía e para os eus visitantes, mais tamén ten que ser limpa.

– Dotación de medios e materiais para a policía municipal así como incremento da plantilla actualizando os postos de xeito similar ás plantillas de cidades similares.

– Facer cumplir a norma da recollida de excrementos dos cans con vixilancia e multas.

 

 ECONOMÍA E EMPREGO

1.-PLAN DE EMPREGO

De xeito urxente e en colaboración con outras institucións promoverase o Plan de Emprego Comarcal no que se teñen que contemplar iniciativas que teñan como obxetivo final a creación de emprego. Neste plan debe facer fincapé en:

Creación de bolsa de emprego para a mocidade

Programa de captación de inversores, Pontevedra non é só unha cidade de servizos, temos pouca industria e é necesaria a nova inversión.

Apoio ao mantemento dos posto de traballo no noso concello opóndonos ás deslocalizacións.

Creación dun porto seco. É fundamental que todas aquelas actividades que non forman parte da actividade portuaria, aínda que a súa entrada e/ou saída sexa o porto de Ponteverdra-Marín se desenvolvan nun porto seco.

Creación dun Clustar das Artes e o Diseño con sede en Pontevedra. Aproveitando as fortalezas da Escola de Canteiros, os ciclos de Formáción Profesional de carpíntería, a escola de Forestais, a Feira do Moble da Estrada, a Escola de Textil e Moda, a  Facultade de Belas Artes e o grao de Publicidade  son potencialidades que debemos aproveitar.

– Establecer nos pliegos de contratación públicos unha preferencia para empresas con sede fiscal en Galicia mediante procesos públicos con garantía de publicidade, igualdade e mérito.

– Creación dun observatorio comarcal de emprego, no que ademais das institución antes mencionadas estea representada a cidadanía e os axentes sociais, que propoña medidas axeitadas para o desenvolvemento deste plan.

 

2.-PEQUENO COMERCIO APOIO A PEQUENA E MEDIANA EMPRESA E AUTÓNOMOS

Elaborar un plan de comercio interior que recolla as fortalezas e as carencias comerciais de cada sector e/ou barrio facilitando e promovendo a elaboración de plans de viabilidade comercial para favorecer novas aperturas de comercios de proximidade. Promover cambios nas políticas de fiscalidade e disciplina urbanística do concello, en todas as facetas que afectan ao comercio de proximidade; dende moratorias ou períodos de carencia nas licencias de apertura, pasando por facilitar as obras menores de reforma de locais comerciais , ata incluso o gravame con unha taxa de desocupación dos locais comerciais que permanezan pechados por un tempo superior ao normal que marca a rotación do mercado.

Apoio decidido ao tecido comercial e empresarial do ámbito local, así como dos traballadores autónomos , co obxectivo de fomentar o dinamismo económico e a creación de emprego no entorno máis próximo á cidadanía.

Bonificacións no pago de IBI pola contratación de desempregrados.

Bonificacións no pago do IAE pola aplicación de medidas de eficiencia enerxética ou o uso de enerxías renovables.

Bonificación de taxas para emprendedores do IBI e /ou IAE.

– Creación da oficina municipal do autónomo.

Axilización na concesión de licenzas.

 

2.-PLAN XERAL DE ORDENACIÓN – CIDADE E RURAL SUSTENTABLES

O modelo de cidade debe verse reflectido nun PXO, que en todo este tempo que levan o BNG-PSOE non o deron feito ou non o deron presentado, é un bo PXO é ferramenta importante para a planificación  e creción de emprego. Urxe nesta nova etapa:

– Definir a industria escaparate que está sen definir, a regulación deste tipo de industria crearía máis posto de traballo.

– E o máis sangrante, para nós, é Pontevedra vive de costas ao río Lérez. calquera comparación que fagamos con calquera cidade europea que teña un río a carón non ten comparación con Pontevedra. Temos que abrir a cidade á ría, ao Lérez,   ao Gafos, quen lle dera a outros esta riqueza.

– Plan de actuación integral no peirao das Corvacieras

-Plan de actuación integral de humanización no barrio de Monteporreiro

E é por iso que nos propomos facer un PXO feito polos técnicos, polos que saben, pero iso si,  coa participación dos cidadáns e das cidadás, é fundamental a súa presenza na  elaboración, e que marque o futuro de Pontevedra alomenos para 30 anos.

 

3.-MOBILIDADE

Económicamente nun tramo de poucos kilómetros  e con Pontevedra no medio atopámonos con tres portos, Pontevedra-Marín, Vigo e Vilagarcía de Arousa, un aeroporto en Vigo e outro en Santiago e sigue sen definirse o modelo de mobilidade dos habitantes dunha franxa económica importante e asi temos que:

– Unha boa parte do ensanche pontevedrés é doa anos 60 e 70 do século pasado onde os edificios non contan con garaxes para que se poidan gardar os automóviles dos veciños e veciñas que por outro lado paga os seus impostos de circulación no concello a cambio, hoxendía, de nada, por iso estableceremos zonas verdes para aparcadoiros gratuitos para residentes e traballadores do comercio local.

– Implantar o tres de cercanías Vigo-Pontevedra-Vilarcía con cadencias de 15 minutos como teñen todas as cidades que disfrutan deste tipo de cercanías, mesmo suplementado en horarios de traballo

– Deseñar un plan comarcal, en consenso coa Xunta de Galicia, do servizo de autobuses interurbanos que faciliten a chegada e/ou saída da xente que ven a Pontevedra, a nosa cidade é a capital e ao mesmo tempo unha cidade de servizos debemos de facilitar a chegada a esas persoas, máis tamén que actuén dentro da cidade como autobuses urbanos facendo ruta extensible a Montecelo e pasando polos lugares máis administrativos. Os veciños ou veciñas do concello deben paradas de autobús a menos de 400 m. da súa residencia .

– Adecuación xa, dos aparcadoiros disuasorios, na zona do pavillón do Burgo e de Mollabao, maís tamén nas entradas das estradas de Ourense e PonteCaldelas.

– Establecemento de liñas fixas nos desprazamentos mais comúns nas que o servizo de transporte sexa fornecido por taxis.

– Promover o uso e os desprazamentos compartidos en taxi, mediante ferramentas de xestión informática (APP)ca, establecendo rutas e horarios para facilitar os desprazamentos dos usuarios.

Soterramento do tren ao porto.

 

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO LOCAL E SUSTENTABILIDADE

4.-TRATAMENTO DO LIXO

En Compromiso por Galicia apostamos claramente por unha estión dos residuos alternativa á incineración. Nós apostamos polos 4 R:  Reducir,  Recuperar,  Reciclar e  Reutilizar  e con elas conseguiremos unha 5ª R que será Reeducar.

– Propomos a compostaxe coma método alternativo a icineración pero cun plan ben deseñado e participado pola cidadanía, que o coñeza que o enmede e que opine,  sabemos da dificultade dun plan deste tipo pero ten que ser consensuado e a poder ser de toda a área de Pontevedra ata onde a súa recollida non o faga inviable económicamente.

– Incremento na frecuencia de limpeza e baldeo de rúas e contedores do lixo.

5.-SANEAMENTO INTEGRAL DA RÍA

Hai que acometer xa o saneamento integral da ría, as administracións implicadas teñen que sentarse e tomar acordos para iniciar o traballo, todo o mundo sabe como hai que facelo, pois a empezar. Dende o concello fomentaremos o diálogo entre administración para conquerilo xa temos moito en xogo: a natureza, a pesca, o marisqueo, o turismo, etc.

6.- SANEAMENTO DO RURAL

É primordial que tódalas parroquias teñan acceso ao saneamento e ao enganche da traída de auga municipal

7.- FISCALIDADE E SUSTENTABILIDADE

Compromiso por Galicia quere poñer a énfase na necesidade de aplicar medidas fiscais de bonificación ou exención de carácter medio ambiental  relativas a eficiencia enerxética, instalacións de sistemas de autoabastecemento de enerxía solar, xeotérmica… modificar a configuración do imposto sobre vehículos de tracción mecánica para definilo segundo as emisións de cada vehículo ou crear un fondo de compensación ambiental destinado a completar o saneamento do rural.

8.-FINCAS ABANDOADAS

Cada ano son miles de hectáreas de arborado as que se perden por mor do lume por iso proporemos facer un reforzo do control sobre o estado de fincas e solares para previr incendios ou para a eliminación de focos de roedores.

 

MELLORA DO BENESTAR E DA IGUALDADE

Según o Informe da Asociación de Directores y Gerentes de Servicios Sociales Pontevedra está entre os concellos maiores de 40.000 habitantes que menos invirte en Servizos Sociais

A prestación de servizos públicos que cubran as necesidades básicas da cidadanía, atendendo ás necesidades de colectivos concretos e que aposten ademais pola igualdade de xénero, contribúen no seu conxunto a mellorar a calidade de vida e o benestar das persoas. Para acadar este obxectivo, Compromiso impulsará desde o concello a posta en marcha, como mínimo, das seguintes iniciativas:

Establecer como principio que o primeiro son as persoas e, polo tanto, a cobertura das súas necesidades é prioritaria fronte á construción de novos equipamentos e servizos, sobre todo daqueles que non estean destinados a cubrir as necesidades básicas da poboación, ou a favorecer a conciliación da vida familiar e laboral.

Priorizar a atención a persoas e familias sen recursos (reforzo escolar, orientación laboral,….), coordinación e colaboración con entidades de carácter “social”, bancos de tempo, intercambio de servizos, etc .

Atención á discapacidade : accesibilidade (construcións, rúas), colaboración e coordinación con entidades de atención á persoas con discapacidades, no emprego público garantirase o cumprimento da taxa de persoas con discapacidade empregadas no concello.

Aprobación do Plan municipal de vivenda; establecemento de IBI reducido ou exento para vivendas sociais e ampliado para vivendas baleiras en propiedade de entidades bancarias.

Axudas para que os mozos e mozas se poidan independizar. Pontevedra coma cidade universitaria fomentará a creación/ou bolsa de vivendas para estudantes con alugueiros baixos.

Queremos que o noso concello sexa un exemplo dos principios éticos de igualdade, democracia transparente e participación cidadá. Queremos construír un concello que desenvolva propostas para avanzar cara unha relación social entre homes e mulleres que sexa positiva e máis xusta e equitativa que o actual sistema patriarcal.  E para isto proporemos:

Integrar no Consello Municipal de igualdade ás organizacións feministas, sociais e profesionais que realicen as súas actividades no concello. A súa misión será deseñar e implementar un plan integral de igualdade, a catro anos, que constará, como mínimo, dos seguintes programas: de prevención e tratamento de violencia sexista, de educación afectivo-sexual, de conciliación familiar, de formación, de busca de emprego, de ocio e tempo libre, de vivenda municipal, de intercambio de servizos, de atención á discapacidade e de integración social.

– Desenvolver un protocolo de actuación integral na que contemple a formación de funcionarios e axentes da Policia Local  para o trato non discriminatoria ao colectivo de LGTBI.

– Dende a concellería de igualdade promoverase  a denuncia por parte das víctimas de maltrato por orientación sexual.

–  Crear unha oficina de apoio ao colectivo LGTBI na Casa Azul  con profesionais para axudar ás persoas con dificultades personais ou laborais pola súa orientación sexual.

Fomentar e garantir o uso da linguaxe e imaxes inclusivas en calquera actividade realizada dende o concello de xeito que mulleres e homes sempre teñan a mesma presenza.

Promover a participación activa das mulleres na vida do concello, mantendo o equilibrio entre sexos en todos os niveis dos procesos de toma de decisións.

Favorecer o espírito emprendedor e a actividade empresarial das mulleres; e consolidar a igualdade de trato e de oportunidades no ámbito laboral, apoiando medidas privadas e públicas que faciliten o acceso das mulleres a empregos de calidade e a súa estabilidade e desenvolvemento profesional. Crear un plan de acción ao desenvolvemento profesional e económico das mulleres rurais, en colaboración co resto de administracións públicas.

Desenvolver un programa de prevención e tratamento da violencia de xénero destinado á conciencia social e á formación de profesionais da educación, servizos sociais, sanitarios, e corpos e forzas de seguranza do concello. O programa será elaborado a partir das demandas e necesidades detectadas por parte das usuarias dos dispositivos de igualdade así como da experiencia acumulada dos mesmos; e sempre tendo en conta os recursos e medidas dispoñibles dende o resto de administracións públicas.

1.-MOCIDADE

Cada vez son máis os mozas e mozas que teñen que coller o camiño da emigración para poder ter traballo e desenvolver a súa dignamente, aínda non sendo competencia exclusiva do concello, Compromiso promoverá como medidas urxentes, ademais do Plan de Emprego xa mencionado,  cara a loita contra o desemprego xuvenil,  as seguintes medidas específicas:

– Creación do Consello Local da Xuventude

– Apoio a proxectos de emprendedores, tanto en axuda directa coma en periodos de carencia do IBI e /ou IAE, e facilitando formación e aconsellamento.

–  Desenvolvemento dun Plan Municipal de Formación e Emprego.

– Apoio ao asociacionismo xuvenil e á participación dos xoves nos mesmos.

– Fomento do voluntariado.

2.-MAIORES

– Programa de visitas semanais aos que viven sós.

– Creación dun plan de envellecemento activo.

– Impulso a iniciativas de convivencia interxeracional implicando aos máis novos.

Axudas ata o 90% da inversión para facilitar a instalación de ascensores en edificios de máis de 40 anos e que pola súa altura fai moi difícil a mbilidade dos seus habitantes.

DEPORTES

O deporte é saúde e a súde é vida, con estas premisas Compromiso quere que o deporte e as zonas deportivas sexan uns espazos de respecto, saudables e onde se practique a igualdade,  pero tamén é transparencia,  para iso propomos o seguinte:

Apoio decidido ao deporte de base, coma fonte de saúde, como forma de lecer na que esteamos cómodos todos e todas máis tamén coma lugares de encontro.

– Apoio aos grandes clubes da cidade.

– Fomento das actividades que a cidadanía demanda, e onde non se vai  discriminar por sexo, etnia ou idade.

Promoción do deporte na rúa.

– Creación de bonos-axuda para que aquelas familias con problemas económicos poidan acceder, en igualdade de condicións , ás instalacións deportivas municipais.

Fomento do xogo limpo, nomeadamente nas escolas infantís.

– Apoiaremos o uso dos espazos escolares como lugares de deporte, principalmente para escolas deportivas.

Apoio decidido ás asociacións deportivas femininas e aos club deportivos femininos.

– Apoio aos deportes, que aínda que minoritarios non deixan de ser importantes no noso concello, e así salientamos:

– Creación dun skatepark

–  Colaboración do concello coas Comunidades de Montes para que se poidan establecer camiños que faciliten a práctica das bicicletas de montaña e as motos de enduro e trial que coas especificacións da  Lei de Montes de Galicia fai sobre a definición e usos de pistas forestais non poden facer as súas practicas deportivas como fan noutros lugares.

– Levar á práctica medidas que incentiven a continuidade da práctica deportiva durante a adolescencia, sobre todo no sector feminino da sociedade, xa que existen condicionantes da socialización que actualmente inciden negativamente sobre a práctica deportiva nesas idades e que inciden moi especialmente coma unha cuestión de xénero

Creación dun torneo intercentros para o alumnado dos colexios e institutos de Pontevedra que nunha primeira edición tería cinco modalidades deportivas: fúbol sala, baloncesto, voleibol, balonmano e atletismo. Distribuiríanse en catro categorías sub 12 masculino e feminino e sub 16 masculino e feminino. O custe do mesmo sería asumida plo concello.

TURISMO SUSTENTABLE

Pontevedra é a capital das Rias Baixas e é aí onde se ten que centrar o deseño turístico do noso concello, en Compromiso por Galicia apostamos por un turismo de calidade, que reduza os aspectos ambientais do turismo e ao mesmo tempo oferte unha ampla gama de formas turísticas e que integre todos os recursos monumentais e artísticos, gastronómicos e folclóricos, ecolóxicos e naturais, etc., ata conseguir un turismo que pernote varios días  e encamiñado cara a  reducción da estacionalidade.

A nivel  municipal

– Facer resaltar o Lérez , abrir o río a cidade e ao turismo, tendo como punto central o Museo do Lérez e súa ría,  que estaría enclavado nas Corvaceiras.

– Apoiar a creación dun camping municipal que se xestionaría en réxime de concesión administrativa por poxa.

– Mantemento e nova creación de rotas e sendeiros, así coma a mellora da súa sinalización coa inclusión de paneis informativos da flora e da fauna por onde pasan.

– Vencellar Pontevedra ao turismo de eventos e congresos.

– Mellora da sinalización e dos puntos de información de lugares e monumentos.

A nivel de mancomunidade

– Establecemento de rotas marítimas, con saída nas Corvaceiras, cara ás Illas Atlanticas e outra de paseo pola ría.

– Elaboración dunha revista turística comarcal, en papel e colgada en internet, na que se recolla un calendario de festas, festivais e celebracións singulares que permita ao turista facer unha planificación con tempo e poder ver toda a oferta.

– Promover un concurso anual de gastronomía das Rías Baixas, con sede en Pontevedra.

 

CULTURA

A creación xunto a a liberdade do creador é un principio das libertades que dende as administracións debemos de apoiar, pero tamén debemos de poñer en valor a cultura tradicional . A industria cultural é ben que esta a esmorecer si no se apoia dende as instancias públicas. Dende Compromiso por Galicia facemos unha aposta forte pola cultura e como prioritario, e sinalamos:

  • Apoio decidido e promoción do asociacionismo cultural .
  • En Pontevedra temos a Facultades de Belas Artes, Deseño e Publicidade e é por iso que temos que apostar polo apoio ao talento creativo e aos procesos culturais que non se desenvolven nos circuitos nomais de mercado.
  • Desenvolvemento dun Plan de Inmersión na Lectura coa implantación dunha Biblioteca Municipal, so contamos coa Biblioteca de titularidade autonómica.
  • Apostamos polas novas tecnoloxías e a implementación en todas as oficinas do concello do software libre.
  • Non apoiaremos con cartos públicos ningunha festa ou celebración onde teña lugar o sufrimento animal.
  • Fomento do uso do galego en tódolos ámbitos do concello, tanto a nivel da administración local como noutros eidos (empresarial, social e cultural, etc…).