Nado en Extramundi (Padrón) en 1959, funcionario de carreira da Xunta de Galicia. Diplomado en Maxisterio, licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, cursa estudos de Terceiro Ciclo na mesma universidade, acadando a Diplomatura en Estudos Avanzados en Arqueoloxía e Historia da Antigüidade, é autor de varias publicacións referidas ao patrimonio histórico padronés.

Durante o mandato 2007 ao 2011 xestiona as áreas de Cultura, Turismo, Casco Histórico, Medio Rural e Política Lingüística, etapa na que se deu un pulo á restauración e rehabilitación de edificios públicos, recuperáronse documentos de incalculable valor histórico, arranxáronse accesos no urbano e nos diferentes lugares e parroquias do rural, aprobouse o primeiro regulamento do uso do galego, melloráronse e incrementáronse os fondos da Biblioteca Pública Municipal, sinalizáronse con placas todos os elementos patrimoniais do casco urbano e recuperouse a toponimia do antigo rueiro padronés, déuselle pulo á oficina de Turismo e establecéronse catro roteiros turísticos e audio guías.

Preséntome a estas eleccións cun equipo ilusionado para seguir aportando e traballando a prol do municipio con entrega e para rematalo traballo iniciado, sentalas bases dun municipio próspero, moderno e con perspectiva de futuro. Aceleralos trámites para aprobación do PXOM, dos Plans Especiais, apertura de novas rúas, incentivar a restauración do caso antigo e estender a restauración ao medio rural, favoreceremos o comercio local e tomaremos medidas para freala caída demográfica.

O vindeiro 26 de maio pídovos o voto para a candidatura Compromiso por Galicia (CxG) para executar un programa de goberno ambicioso co que mellorar. Da túa elección dependerán as actuacións a executar os próximos catro anos. Se merecemos a confianza, daremos resposta as túas demandas. Coa túa confianza, faremos realidade este compromiso, non defraudaremos.

Un cordial e afectuoso saúdo.

ELOY RODRÍGUEZ CARBIA

CANDIDATURA PADRÓN

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

Titulares

1. ELOY RODRÍGUEZ CARBIA

2. CONCEPCIÓN CARNEIRO VICENTE

3. GUADALUPE FUENTES PORTO

4. PATRICIA RODRÍGUEZ LAMAS

5. PATRICIO PIÑEIRO SANTOS

6. SHEILA DURO RAMOS

7. JOSÉ PAZ CASTAÑO

8. ANA MARÍA CASTRO RODRÍGUEZ

9. JOSÉ ALFREDO PICHEL SOUSA

10. FRANCISCO PORTES RAMA

11. JOSÉ MANUEL OTERO TEMBRA

12. MARÍA LUISA MOSQUERA CARDAMA

13. MARÍA JOSEFA BATALLA SABORIDO

Suplentes

1. MIGUEL PICÓN COTOS

2. BEATRIZ MARTÍNEZ GARCÍA

3. MARÍA DEL PILAR GARCÍA COUTO

UN PROGRAMA PARA PADRÓN E TODAS AS PARROQUIAS E LUGARES

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA E FACENDA

  • Goberno aberto e participativo á veciñanza

  • Dar fluidez aos prazos de resolución das solicitudes da veciñanza

  • Transparencia na contratación de persoal

  • Creación dunha brigada de medio ambiente

  • Solucionala situación dos servizos contratados en fraude de Lei (lixo, gardería, urbanismo etc)

  • Potenciar as novas tecnoloxías

  • Actualización do inventario municipal

  • Control do gasto público

  • Establecer un Plan anual de inversión municipal desagregado por parroquias e lugares

URBANISMO, INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

  • Compromiso de outorgar licenzas de obras menores no prazo máximo dun mes.

  • Aprobación do novo PXOU e dos Plans Especiais

  • Recuperación proxecto urbanización A Ponte-Padrón e Avda. CJC

  • Apertura de novas rúas N-550 zona urbana.

  • Eliminación de barreiras arquitectónicas.

  • Plan de humanización e ornato do casco vello.

  • Conexión da recollida de augas pluviais á rede de sumidoiros.

  • Mellora do enlousado das rúas e recuperación do adoquinado noutras.

  • Impulsar a segunda fase da canalización do Sar.

  • Prioridade na construción de vivendas de protección oficial.

  • Combatelo feismo arquitectónico.

  • Substitución progresiva das tubaxes de fibrocemento no subministro de augas.

  • Convenio para ampliación do cemiterio do Santiaguiño do Monte.

AS NECESIDADES DO RURAL

  • Completar a rede de sumidoiros e auga a todos os núcleos.

  • Ancheamento, limpeza e coidado de pistas e camiños.

  • Facilitar os trámites para rehabilitación de vivendas no rural.

  • Mellorala sinalización de parroquias e lugares.

  • Impulsalos trámites de concentracións parcelaria en todo o municipio.

  • Convenio para a construción dun aparcadoiro entorno da igrexa de Herbón.

  • Rematala rede de sumidoiros na parroquia de San Pedro de Carcacía.

  • Mellora da saída da pista Extramundi de Abaixo á AC-301 Padrón- Rois.

  • Plan para Impulsar medidas destinadas a fixar poboación no noso rural.

  • Acceso as novas tecnoloxías.

  • Apoio e difusión dos nosos cultivos de horta (especialmente o pemento).

SERVIZOS PÚBLICOS, EMPREGO E COMERCIO

  • Plan de mellora e eficiencia enerxética do alumeado público.

  • Adxudicación, reordenación e mellora do servizo de recollida de lixo.

  • Estudio técnico para a mellora do chan do Espolón cun proxecto ecolóxico.

  • Impulsar programas na procura de emprego adaptados á industria comarcal.

  • Creación comisión municipal de fomento de emprego.

  • Apoio ao pequeno comercio local con incentivos fiscais.

  • Apoio as PEMES e autónomos.

  • Reordenación e control público do mercado dominical.

  • Mercado ecolóxico dos produtos do agro.

  • Postos cubertos para a venda de produtos agrarios.

  • Dinamización da praza de abastos e do comercio local.

  • Creación dunha feira bianual de produtos do campo.

XUVENTUDE

  • Plan de emprego/emprendemento xuvenil.

  • Apoio as iniciativas xoves na creación de empresas.

  • Apoio programas de drogodependencias e reinserción.

  • Impulso as iniciativas da Oficina de Información Municipal.

  • Fomento das actividades de promoción cultural xuvenil: concertos, festivais, intercambios.

COMPROMISO COA VECIÑANZA E MULLER

  • Programas de dependencia e inserción laboral.

  • Programas contra a violencia de xénero.

  • Programas de emprego.

  • Asesoramento xurídico.

TERCEIRA IDADE

  • Centro de día ou residencia de anciáns de carácter público.

  • Actividades de apoio psicolóxico.

  • Programas de memoria.

  • Continuar impulsando as actividades de ocio.

SAÚDE, SERVIZOS SOCIAIS E FAMILIA

  • Programas de hábitos saudables, reinserción e conciliación laboral e asistencial.

  • Potencialos servizos de axuda ao fogar, información e asesoramento laboral, xurídico, social e sexual.

  • Ordenanza de apoio e subvencións ás familias con fillos.

  • Colaborar coas Asociacións de axuda aos desfavorecidos.

MEDIO AMBIENTE

  • Eliminalos vertidos do mercado dominical ao río Sar.

  • Limpeza e coidado das entradas á Vila e dos cemiterios.

  • Eliminación de vertedoiros incontrolados.

  • Servizo de recollida plásticos.

  • Dinamización áreas recreativas.

  • Rutas de sendeirismo e coidado dos paseos fluviais no Sar e Ulla.

  • Rutas de sendeirismo nas distintas parroquias e lugares.

  • Área de esparcemento da canle e do río Sar restrinxida ao tráfico rodado.

EDUCACIÓN

  • Atención e mantemento continuo dos CEIP.

  • Posta en funcionamento do consello escolar municipal.

  • Actividades extraescolares.

  • Cursos de informática.

  • Seguir potenciando a Escola Municipal de Música.

  • Garantir a continuidade da EMUS como canteira da BMMP.

DEPORTES

  • Mantemento das instalacións deportivas.

  • Novos carrís – bicis.

  • Fomento das escolas deportivas municipais.

  • Convenios de colaboración coas entidades deportivas que fomenten o deporte base.

  • Potenciar as pistas deportivas do rural.

  • Pulo as competicións deportivas.

CULTURA E PATRIMONIO

  • Musealización da casa dos Capelláns.

  • Iniciar os trámites para declarar BIC a: Igrexa de Santiago, Fonte do Carme, Convento do Carme, Santiaguiño do Monte, Santuario da Nosa Sra. da Escravitude, Igrexa de Sta. María de Herbón e as Pesqueiras de Lampreas do río Ulla (Herbón e Carcacía).

  • Creación da área de recuperación arqueolóxica do Castelo Rocha Branca (Iria), A Barca e os xacementos megalíticos do concello. Convenio cos propietarios e a Universidade para establecer campamentos de verán (A Barca, castros e mámoas) cos que por en valor o noso patrimonio arqueolóxico.

  • Sinalización xacementos arqueolóxicos como espazos didácticos.

  • Proxecto de recuperación e posta en funcionamento dun roteiro etnográfico dos muíños no regueiro das Abelendas (Iria Flavia).

  • Ampliación, deseño e funcionalidade do Auditorio municipal e mellora do seu equipamento.

  • Procurar novas instalacións para a EMUS (Escola Municipal de Música).

  • Dotar de uso a casa da azucreira.

  • Recuperación etnográfica (muíños, fontes, hórreos, cruceiros, …) en todo o termo municipal.

  • Impulsala recuperación de patrimonio documental.

  • Trámites para o recoñecemento oficial do camiño da Pedronía.

  • Potenciar Padrón como berce Xacobeo.

  • Conseguir o recoñecemento oficial de Padrón como “primus Portus Apostoli”.

  • Colaboración co Padroado Rosalía de Castro e Fundación CJC.

  • Recuperar as figuras de Macías o Namorado, Juan Rodríguez, M. Barros, Balsa de la Vega e Ruiz Pons.

  • Creación do premio de Pintura Carlos Bóveda e procura de instalacións para un museo do pintor.

  • Apoio á Banda de Música Municipal de Padrón.

  • Semana adicada á cultura popular.

TURISMO

  • Fomentar a posta en valor dos recursos turísticos e mellora dos seus espazos

  • Apoio aos proxectos relacionados co turismo rural

  • Divulgación turística do municipio a nivel galego e nacional

  • Creación dunha web específica de turismo

  • Colaboración activa coa Xunta de Galicia e o Clúster Turísmo Galicia