Tino Iglesias é un coñecido empresario de hostalaría da cidade que da o salto a política porque quere un Ourense mellor. Xunto cun equipo multidisciplinar, prantexa un cambio de modelo cara a eficiencia e o sentido común na xestión municipal e atraer inversións para a cidade. Partindo da humildade que hai que ter para servir aos demais, pretende ser a chave de consenso para desbloquear os numerosos proxectos que teñen inmobilizada a Ourense.

“Non hai razón, mais aló do xogo político que está a ocorrer no actual pleno municipal, para ter todos os proxectos importantes para a cidade bloqueados. Dende o PXOM, aprobación de orzamentos, ou levar a cabo as reformas necesarias para que a cidade sexa accesible, e recoñecida como destino turístico de calidade”.

Os que formamos Compromiso por Galicia en Ourense estamos decididos a cambiar esta tónica e presentar un equipo de goberno sólido que aporte solucións aos cidadáns. Estamos convencidos que co noso traballo e ilusión, daremos moitas sorpresas agradables ós cidadáns de Ourense.

EU, TINO IGLESIAS, COMPROMÉTOME A NON BLOQUEAR NINGUNHA INICIATIVA QUE SEXA BOA PARA A NOSA CIDADE.

CXG OURENSE ESTÁ EN ACTIVO PARA BUSCAR O BEN COMÚN, O BEN DA CIDADANÍA. «COMPROMISO PARA SUMAR”.

 

CANDIDATURA OURENSE

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

 

CONSTANTINO IGLESIAS FERNÁNDEZ

MANUEL ÁNGEL TRABAZOS VÁZQUEZ

CAMILA RODRÍGUEZ VAAMONDE

ANA ROSA SUÁREZ FEIJOO

FERNANDO FERNÁNDEZ GARCÍA

LEONOR OTERO SAMPEDRO

JESÚS FERNÁNDEZ GARCÍA

MANUELA MONTERO LÓPEZ

ALFONSO SÁNCHEZ JUANES

MARÍA ROSA FERNÁNDEZ BLANCO

JOSÉ ANTONIO FARIÑAS SALGADO

YAIZA PEREIRA FERNÁNDEZ

MANUEL VARELA FERNÁNDEZ

OLGA IGLESIAS GONZÁLEZ

JOSÉ CARLOS RIVO LÓPEZ

NOIRA DE LA TORRE GARRIDO

ANTONIO FERNÁNDEZ MONTEIRO

MARÍA DOLORES PEREIRA FERNÁNDEZ

ADRIAN ALONSO LOIS

MARÍA CARMEN TRABAZOS VÁZQUEZ

MARÍA FÁTIMA AUGUSTO RODRIGUES

MIGUEL MONTES FORMIGO

MARTHA LOZADA FERNÁNDEZ

JOSÉ MANUEL MEDEL CRUJEIRAS

NICOLÁS LLORKA BURWIN

JOSÉ GÓMEZ ROMAY

JORGE DEL CARMEN DE LOS REYES FIGUEREDO

OS COMPROMISOS DE TINO IGLESIAS CON OURENSE

EMPREGO

– Programa de captación de inversores para os polígonos industriais.

– Incremento do solo industrial no Parque Empresarial do 21.

– Creación da bolsa de emprego e formación para a cidadanía de Ourense.

– Apertura da Praza de Abastos da Ponte.

– Bonificación do 50% anual nas taxas e impostos municipais a empresas e autónomos que creen postos de traballo netos.

– Recuperar a xestión directa dos servizos nos que remata a súa concesión a empresas privadas, e estudar as concesións elixibles coma son lixo, xardíns, augas, ora, transporte …

COMERCIO, TURISMO E TERMALISMO

– Creación dunha concellería específica e profesional para comercio, que impulse o comercio local, e outra para turismo e termalismo.

– Incremento do IBI nos locais comerciais baleiros a partir do segundo ano sen actividade.

– Habilitar un fondo para axudar a comerciantes e autónomos da cidade.

– Ourense Cidade Europea da Gastronomía.

– Boulevard Termal. Adecuación e mantemento do Camiño termal. Estudo de viabilidade das termas públicas de cara a residentes e visitantes.

– TERRAZAS: nova normativa do PERI en acordo cos locais de hostalería, para ter unhas terrazas bonitas, eficientes e ordenadas.

– Visibilidade para os nosos edificios históricos.

– EVENTOS: Posta en valor do Entroido como evento de referencia ourensán e potenciación da nosa Festa dos Maios, Magostos, festas gastronómicas de produtos locais. Exaltación do viño, a castaña, o mel ou o aceite.

MOBILIDADE SOSTIBLE

– Executar o proxecto cidadán “Móvete por Ourense”, que mellora a mobilidade da nosa cidade. Erradicar as barreiras arquitectónicas, habilitar aparcamentos disuasorios, etc.

– Estudo de viabilidade parara mellorar os accesos a Praza de Abastos, estudio técnico para a construción dunha pasarela de acceso dende Progreso.

– Cambio da flota de autobuses urbanos cara eléctricos.

– Bonificación os taxis por cambio a coches híbridos ou enchufables.

– Instalación de enchufes para a recarga dos automóbiles eléctricos.

AUTÓNOMOS

– Bonificación e distintas taxas para emprendedores. Taxa lixo proporcional.

Axilizaciónna concesión de licenzas.

– Creación da Oficina Municipal de Apoio ao Autónomo.

MAIORES

– Programa “Universidade e maiores”. Impulso de iniciativas de convivencia interxeneracional implicando aos máis novos.

– Servizo “coidador de coidadores”.

– Axudas para a instalación de ascensores.

– Programa de acompañamento e prevención do illamento dos nosos maiores.

XUVENTUDE

– Recuperación do servizo de “camiño seguro á escola”

– Actividades extraescolares inclusivas e de igualdade.

– Programa antibotellón: medidas para erradicar o consumo de alcol entre os nosos menores.

IGUALDADE, DIVERSIDADE E CONCILIACIÓN

– Escola de debate sobre a muller e colectivos LGTByA.

– Servizo de Canguro municipal.

– Instalación de cambiadores para bebés nos aseos masculinos.

– Recuperar a Concellería de Igualdade e potenciar as súas actividades.

SANIDADE E SAÚDE

– Mellora na limpeza da cidade. Lixo fora das rúas.

– Reforma e mantemento dos Centros de Atención Primaria.

– Mellorar os servizos de Axuda a domicilio.

– Mellora da situación para as nosas mascotas. Máis parques e medidas para os donos irresponsables.

– Mellora da protectora municipal de animais. Programa de adopción.

– Traballo e formación ca hostalaría da cidade para adaptarse as necesidades específicas das persoas Celíacas, Diabéticas e outras restricións alimentarias.

DEPORTE

– Regularización dos centros deportivos privados e competencias desleais.

– Apoio ao deporte en igualdade; mesmo custo para calquera actividade.

Apoio aos clubs da cidade en calquera disciplina.

– Organización de eventos deportivos que integren a cidade cos concellos veciños.

MEDIO AMBIENTE

– Recuperar os nosos parques e xardíns.

– Corredor verde que integre a cidade. Unimos Couto–A Ponte–Mariñamansa cun carril bici e patinete.

– Saneamento dos ríos Barbaña e Barbañica.

– Actuacións para a conservación da agricultura ecolóxica e tradicional no Ourense Rural.

– Mellora das frecuencias do bus para a integración dos barrios e o Auditorio de Ourense. Microbuses nos barrios rurais de difícil acceso.

– Servizo interurbano cos Polígonos.

LINGUA E CULTURA

– Impulso as Asociacións Culturais da cidade.

– Creación de Espazos Culturais na rúa. “Museo Quessada”

– Plan de integración a través de lingua, cultura e deporte.

– Escola de Participación e Formación para a cidadanía e asociacionismo cidadán.

– Recuperación da nosa Romaría na beira do Miño. Nosa cidade mira cara ao río, non lle da as costas!