Considérome un neno pola ilusión coa que afronto este proxecto á alcaldía de O Pereiro.

Eu nacín nunha familia humilde de catro irmáns, aos que adoro. Son o pai dun neno de 14 anos e dunha nena de 7 anos que fan que cada mañá loite por cambiar as cousas.

Teño 35 anos e son unha persoa que sempre estivo ligado ao cumprimento de obxectivos de grandes empresas multinacionais, en empresas de formación, motivación e xestión de equipos, con grandes resultados e creando unha equipa unida.

O meu proxecto é que O Pereiro non avellente e que se transforme nun concello de riqueza laboral.

As prioridades do meu equipo son a xeración de emprego a través do polígono de Pereiro e os comercios locais, apoiar aos empresarios, ás empresas e profesionais liberais, con reunións regulares cos empresarios para garantir un traballo estable e duradeiro.

Ampliar e estender o servizo de transporte público, crearemos a policía local para mellorar a seguridade dos veciños e baixar así os índices de roubos. Novos parques para os nenos e nenas e zonas de actividades para as persoas maiores.

Reconverter o encoro de Cachamuiña nunha área de deportes e servizos de lecer e instalar ao carón do río fontes e baños públicos.

Crear eventos onde a participación da xente vai atraer outros residentes da provincia e xerar riqueza no noso concello.

Crear o maior parque acuático na comarca de Monterrei mellorando todas as instalacións.

 

CANDIDATURA O PEREIRO DE AGUIAR

ELECCIONS MUNICIPAIS 2019

 

ANTONIO ALBERTO DOS SANTOS DE LA FUENTE

MILAGROS MARÍA RODRÍGUEZ DOVAL

ELISA BLANCO FERNÁNDEZ

AINOA PEREIRA FERNÁNDEZ

JESÚS GONZÁLEZ CALDAS

MARÍA BEATRÍZ DOS SANTOS DE LA FUENTE

CELSO GIL IGLESIAS

RODRIGO FERNÁNDEZ ARMADA

ÁGUEDA CORREA ÁLVAREZ

PATRICIA GARCÍA GARCÍA

JULIA ÁNGELES ÁLVAREZ LÓPEZ

HÉCTOR CORREA ÁLVAREZ

NOELIA GONZÁLEZ SOTO

Suplente

DAVID GONZÁLEZ SOTO

Programa 

1 EMPREGO E COMERCIO

-Programa de captación de investidores para o polígono do Pereiro.

-Reunións periódicas coas asociacións de empresarios. 

-Bonificacións anuais nas taxas e impostos ás empresas e autónomos que creen postos de traballo indefinidos.

-Axudas aos emprendedores con formación e asesoramento nos tramites legais.

2 TURISMO

-Rehabilitación dos hórreos e os monumentos históricos.

-Potenciar as festas e tradicións locais de todas as parroquias.

-Aprobación dun parque acuático en Monterrey.

3 MOBILIDADE  SUSTENTABLE

-Contratación de autobuses que melloren as comunicacións entre os concellos de O Pereiro e Ourense. 

-Carrís bicis que comunique O Pereiro con Ourense. 

-Adaptación do percorrido do embalse de Cachamuíña para as persoas con mobilidade reducida.

-Instalacións de alumeado LED, baños e fontes para o percorrido do embalse de Cachamuíña.

4 MAIORES

-Servizos de coidador de coidadores.

-Acompañamento e prevención do illamento das persoas maiores.

5 SANIDADE SAÚDE E SEGURIDADE

-Mellora na limpeza. 

-Axuda a domicilio 365 días.

-Inversións nunha canceira. 

-Cursos de relaxación. 

-Crear un corpo de policía local que vele pola orde. 

-Un estudio para diminuír os roubos na poboación coa colaboración dos corpos de seguridade do estado.

6 DEPORTES

-Organizacións de eventos deportivos e competicións que atraian xente e riqueza ao concello.

-Ampliacións das canchas deportivas e creación de novas. 

-Apoio e financiamento os clubes locais.

7 CULTURA

-Fomentar a poesía galega e cantigas nos colexios. 

-Ampliacións dos cursos de baile tradicional e música 

-Impartir charlas sobre a importancia da fala da nosa lingua e mantela viva.

8 TRANSPARENCIA

-Acabar coa coacción do enchufismo a cambio dos votos.