Compromiso por Galicia volve a presentar a súa candidatura para as eleccións á alcaldía do concello de O Páramo. Encabezando a lista atópase Marcelina López Fernández, que xa presentou a súa candidatura nas eleccións anteriores.

Nos non queremos facer promesas que logo non se podan cumprir, para iso xa están os outros partidos.

A nosa candidatura aposta polo traballo e o esforzo de todos, xa que no Páramo hai moitas cousas que facer. Algo polo que queremos loitar e traballar, é para conseguir un centro de día para a xente maior, entre outras moitas cousas que son necesarias e das que o noso concello carece.

CANDIDATURA O PÁRAMO

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

Titulares

MARCELINA LÓPEZ FERNÁNDEZ

ELADIO LÓPEZ NAVARRO

AMANDA LÓPEZ LÓPEZ

.JOSE LIZ LÓPEZ

JAVIER FERNÁNDEZ DÍAZ

DAVID FRANCO SAN COSMED

ELISEO FERNÁNDEZ GARCIA

LUCIA MARÍA ARMESTRO LÓPEZ-

OSCAR TABOADA LÓPEZ

Suplente

GABRIEL GIL BAUTIS

PROGRAMA

  1. Conservación das estradas (pavimentos e desbroces).

  2. Xestión dun centro de día.

  3. Recollida selectiva (economizar custes e coidar o medio ambiente).

  4. Plan urbanístico.

  5. Xestión dos servizos públicos para reducir custes (alumeados e servizo de auga).

  6. Crear un tanatorio Municipal.

  7. Mellorar o entorno do campo da feira e os servizos (parque, beirarrúas, alumeado e pavimentar os exteriores do centro médico). Colaborar no posible en dar auxe ás feiras da primavera e outros eventos.

  8. Dar preferencia e impulsar ás empresas do propio concello.

  9. Facilitar a xestión e trámites para as axudas e subvencións adicadas ao arranxo de vivendas.

  10. Transparencia total nas xestións municipais.