É para min un feito significativo que esteas a ler estas verbas, que pretenden con humildade achegarte a Compromiso por Galicia.

Seguro de que ti tes o teu propio motivo para achegarte, ou cando menos para interesarte nun partido político. Dicirche que estás na túa casa se así o consideras.

Compromiso por Galicia non pretende ser un partido máis, tampouco pretendemos dar ningún tipo de lección e moito menos actuar con superioridade. CxG pretende ser unha ferramenta de construción de algo máis importante que a política, pretendemos ser o movemento que faga sentir ós galegos e galegas que pertencen a un País, un País con alma propia, un País que nace da Nosa Terra, Galicia.

Entendemos e defendemos unha Galicia con capacidades plenas no estado e tamén en Europa, un estado e unha Europa de países, sen teimas e liortas que de nada serven. Tampouco esquezamos a capacidade transformadora que ten a política, sempre que esta estea ao servizo do pobo e non ao servizo dos partidos.

Queremos unha Galicia na que a xente queira e poida vivir unha vida plena, unha Galicia de familias ledas e na que todos teñamos as mesmas oportunidades. Un camiño coa mesma velocidade para todos.

Un país coa maxia de Cunqueiro, o sentimento de Rosalía e a valentía de Castelao. O teu País é o noso Compromiso.

CANDIDATURA O CARBALLIÑO

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

Titulares

ANA ROSA MORGADE DURÁN

CARLOS NEMESIO CRESPO FILGUEIRA

PATRICIA PORTABALES RODRÍGUEZ

HUMBERTO DE JESÚS CUSTODIO

MARINA GÓMEZ BORJA

MARÍA GLORIA GÓMEZ COLMENERO

JAVIER GIL VILLAVERDE

SARA TERESA GONZÁLEZ DOMONTE

MARÍA ESPERANZA GONZÁLEZ DOMONTE

JOSÉ DARÍO FERNÁNDEZ MARTÍNEZ

ÁGUEDA PORRAS MAYA

MARÍA DEL CÁRMEN RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

JULIO DOMÍNGUEZ PERDÍZ

ALEJANDRO DURÁN CERDEIRA

MARÍA LUZ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ

MARÍA ALEJANDRA LÓPEZ MÉNDEZ

MARÍA CARMEN JUSTO MORGADE

 

PROGRAMA

Iniciativas CONCELLO DE CARBALLIÑO

  1.  Democracia participativa dos veciños e veciñas nos asuntos de relevancia do Concello.
  2.  Cobertura e apoio ás asociacións, así como a posta en marcha dun buzón de suxerencias (físico e dixital) no que se escoitarán as propostas dos nosos veciños e veciñas
  3.  Servizo de Axuda no Fogar, con contratación de traballadores en situación de desemprego residentes no Concello.
  4.  Facilitar ós vecinos e veciñas a realización de cursos de formación gratuitos e a posterior inserción no mercado laboral.
  5.  Posta en marcha dunha oficina de atención ó autónomo e emprendedor, para dar a coñecer as axudas existentes (sexan do Concello ou doutros Organismos Públicos).
  6.  Facilitar a colocación para os veciños e veciñas en situación de desemprego, mediante a posta en marcha dunha oficina de orientación laboral.
  7.  Recuperación de instalacións de titularidade pública para actividades e facilidade para utilizar as existentes.
  8.  Mantemento de todos os viales (estradas e camiños) de titularidade municipal e limpeza periódica e axeitada das cunetas.
  9.  Seguridade cidadá: incremento da plantilla da Policía Local.
  10.  Política de aforro enerxético: cambio do alumeado municipal empregando novas tecnoloxías máis eficientes.
  11.  Dinamización das actividades deportivas e de lecer coa posta en marcha de carreiras populares, andainas, carreiras de bicicletas….
  12.  Adaptación de casas para a posta en marcha de centros de día.
  13.  Posta en marcha dun servizo de casa cuna que facilite a conciliación laboral e familiar os veciños e veciñas do noso Concello.
  14.  Posta en valor do Patrimonio, mediante o mantemento, limpeza e coidado dos monumentos do noso Concello.