Estimadas veciñas e estimados veciños:

Cando hai catro anos me investiron alcaldesa e formamos un goberno municipal con unicamente tres persoas, ninguén daba crédito a que rematáramos o mandato porque era evidente que nolo ían poñer moi difícil.

E puxéronnolo difícil, pero catro anos despois aquí estamos e con moito máis feito do que ninguén contaba.

Pero como queda moito por facer quero ter a oportunidade de poder facelo e de poder traballar en mellores condicións, agora que a economía do concello está saneada vai ser todo moito máis doado se temos os apoios suficientes para non depender dunha oposición

adicada a bloquear a acción do goberno.

Así que esta esteirana, filla de Lola da Caseira e Peleador, licenciada en Matemáticas e profesora de ensino secundario no IES Poeta Añón de Outes, volve a presentarse á alcaldía do concello de Muros co aval dos logros acadados no mandato que remata e coa forza que lle dá a súa perseverancia, paciencia e, sobre todo, o magnífico equipo que a acompaña.

Fixemos moito sendo só tres, e se fóramos máis?

CANDIDATURA MUROS

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

Titulares

MARIA XOSE ALFONSO TORRES

JOSE MANUEL QUINTELA FERNANDEZ

JOSE ANTONIO UHIA MARTINEZ

MARIA SAMBADE LLORENS

JOAQUIN RAMON CAMBEIRO GARCIA

JOSE RAMON PAIS ESTEIRO

MARIA ANTONIA SANDE SANDE

MARCO ANTON LOXO VILAS (Independiente)

MANUEL MARTINEZ CAAMAÑO

MANUELA LAGO FERNANDEZ (Independiente)

JUAN MANUEL LAGO FERNANDEZ

MARIA ROSARIO PIÑEIRO MAYO

MARIA DOLORES CAAMAÑO CERNADAS

Suplentes

JOSEBA LAGO CAAMAÑO

ANTONIA FIGUEIRAS LAGO (Independiente)

PROGRAMA MUROS

AGORA QUE A SITUACIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO O PERMITE, E PARTIMOS DUNHA BOA SITUACIÓN, TRABALLAREMOS PARA FACER TODO AQUILO QUE NON PUIDEMOS POR FALTA DE MEDIOS OU NON NOS DEIXARON.

  • Regreso do IBI ao 0’4 %.

  • Plan de LIMPEZA E MANTEMENTO DE CAMIÑOS PÚBLICOS.

  • Plan de Mellora dos XARDÍNS E ÁREAS RECREATIVAS.

  • Renovación dos PARQUES INFANTÍS.

  • REHABILITACIÓN E APROVEITAMENTO DE EDIFICACIÓNS PÚBLICAS EN DESUSO.

  • Cine París: Rematar rehabilitación coa obra interior e dotación de instalacións e mobiliario.

  • Lonxa Vella: Rehabilitación para novo Mercado de abastos “singular” e outros usos relacionados coa hostelería e restauración.

  • Unitaria de Portugalete: Nova Escola infantil 0-3 ou Punto de Atención á Infancia (PAI.)

  • Unitaria da Robaleira : Rehabilitación como Albergue.

  • Nave de Plácido : Rehabilitación para novos usos contando co tecido asociativo socio-cultural.

  • Escola de Serres: Rehabilitación para Aula da Natureza, acollemento temporal de animais abandonados e sede de asociacións de carácter medioambiental.

  • Vivendas dos mestres (Esteiro) para vivendas de “protección social”.

  • Vivendas de Taxes: Rehabilitación para vivendas de emerxencia social.

  • Seguir coa mellora dos accesos a núcleos en todas as parroquias.

  • Solicitar e esixir á Diputación a mellora e/ou ampliación das estradas de titularidade provincial, especialmente a que une Campo de Cortes con Louro.

  • Modificación do PXOM, para resolver os problemas que está causando e para dar resposta ás solicitudes que están chegando ao concello neste senso.

  • Completar o paseo marítimo ata Louro.

  • Edificios en ruinas: promover a súa rehabilitación ou demolición e desenvolvemento do PXOM na zona cando corresponda.

  • Recuperación de elementos patrimoniais como por exemplo os pasales da Salina (Esteiro).

  • Habilitar novas zonas aparcamentos nas zonas con maior demanda.

  • ALUMEADO PÚBLICO: Seguir coa mellora da rede de alumeado público, dotación de alumeado nas zonas de tránsito peonil que carecen del e cambio a leds, retirada de postes e outros elementos eléctricos que dificulten o tránsito de vehículos e persoas (baixada a Ventín, aceras,…)

  • SANEAMENTO, seguir coa mellora e ampliación da actual rede de saneamento nas parroquias que non o teñen completo e comezar nas que aínda non teñen nada (Abelleira e Torea). Poñer en funcionamento o saneamento en Reboredo.

  • COLECTORES DE LIXO: Anclaxe para evitar o seu desprazamento e instalación de elementos que os integren no entorno.

  • Promover puntos de recarga coches eléctricos.

  • PARQUES “BIOSAUDABLES”.

  • Actividades de concienciación e formación en igualdade (muller, discapacidade,….) para persoal laboral e funcionariado do concello así como para a cidadanía en xeral.

  • Seguir coa mellora da accesibilidade dos espazos e edificios públicos eliminando barreiras físicas e sensoriais.

  • Mellora do transporte adaptado, ben con medios propios ou a través de convenios con asociacións e entidades de carácter social sen ánimo de lucro.

  • Conciliación familiar-laboral:

  • NOVA ESCOLA INFANTIL DE 0-3 ou PAI (Punto de Atención á Infancia) na antigua unitaria de Portugalete.

  • Incrementar a cantidade e variedade das actividades para infancia e xuventude (cociña, robótica,….), tamén en períodos vacacionais dos escolares.

  • Colaboración co Centro de día na atención a persoas maiores.

  • ANCORADOIRO: Acondicionamento área de aparcamento no vello campo de fútbol, mellora e ampliación das instalacións deportivas, renovación dos elementos da área recreativa e reparación da pasarela de acceso á praia.

  • ACERAS e PASEOS: Reparación (losetas soltas e zonas pequenas de doada reparación), e ampliación en novas zonas (nir Tal con Abelleira, acceso á igrexa de Abelleira dende a comarcal AC-550, …).

  • Sinatura de convenios coas asociacións e entidades culturais e deportivas para o uso das instalacións municipais.

  • MELLORAS NAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS.

  • Cambio do tapete do Eleuterio Balayo e renovación do sistema de riego.

  • Novas gradas e vestiarios femininos no José Luis Vara.

  • Mellora da iluminación, acondicionamento do acceso e de aparcadoiro. o campo de fútbil de Louro.

  • Pista de atletismo.

  • Pistas de skate e tenis.

  • Creación dun portal de emprego municipal que sirva de punto de encontro das empresas coas persoas solicitantes de emprego. Actualización e reactivación da bolsa de emprego

  • Actividades formativas dirixidas a distintos sectores que melloren a competitividade e empregabilidade (comercio, hostelería, pymes, persoas desempregadas,…)

  • Mellorar a oferta educativa, especialmente no tocante á FP.

  • Materializar a Mariña Tradicional como museo vivo e dinámico.

  • Casco histórico de Muros: Mellora de rúas e prazas, continuar coa eliminación de cableado, retirada da caseta de alta tensión da Calle do río, restauración da fonte do lagarto,…

  • Promoción do Parque empresarial.

  • Impulsar o aproveitamento de fincas agrarias e forestais con novas actividades, individualmente e/ou entre varias persoas propietarias (cooperativismo, asociacionismo,…).

  • Seguir traballando na desestacionalización do turismo coa potenciación dos recursos naturais, históricos, patrimoniais, culturais, deportivos, etc… cos que contamos.

  • Mellorar a sinalización de Muros nas saídas do corredor de Santiago.

  • Rematar a RPT (Relación de Postos de Traballo) e rematar a regularización xa avanzada do persoal laboral temporal.

  • Actualizar os convenios do persoal laboral e funcionariado- Convocar os procesos selectivos para cubrir as vacantes na policía local por xubilación e novas prazas.