Ola! Eu son Xabier Vázquez García, veciño de Monterroso e mestre no CEIP Eloísa Rivadulla de Chantada, Lugo.

Este ano xubílome, e preséntome como candidato ás eleccións municipais do 26 de maio cun proxecto que considero moi importante para o desenvolvemento axeitado do meu pobo.

Ao largo dos últimos 20 anos, o orzamento adicado a gastos de persoal e gasto corrente foise incrementando paulatinamente, chegando neste momento a absorber case a totalidade do orzamento. Isto leva consigo que o capítulo referente a inversións reais sexa mínimo.

Faise preciso equilibrar os orzamentos para que o capítulo adicado a inversións no noso concello sexa máis elevado.

Eu son candidato á alcaldía por CxG en Monterroso, pero acompáñanme un grupo de persoas que desinteresadamente, sen ningún tipo de esixencias, se comprometeron comigo neste proxecto, un proxecto de futuro, onde o máis importante é Monterroso.

Adquirimos todos o compromiso de traballar sen remuneración económica. Isto quere dicir que nin o alcalde cobrará nómina, nin haberá concelleiros con adicación total nin parcial. A única adicación que imos ter é a de traballar para servir ao pobo, e non aproveitarse do pobo para vivir da política.

Temos dúas opcións posibles: unha é continuar do mesmo xeito, sen cambiar nada, o que nos levará a unha situación económica insostible. A outra é a que pretendemos nós, cun proxecto de futuro sólido, que sentará as bases dun pobo onde os veciños e as veciñas poidan vivir mellor.

O futuro está nas túas mans!

CANDIDATURA MONTERROSO

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

Titulares

1 XABIER VAZQUEZ GARCÍA

2 GONZALO VAZQUEZ CAGIDE

3 BEATRIZ CARBALLO CERVELA

4 ANA MARIA VILA GASPAR

5 YAIZA CARREIRA CABANA

6 XOSÉ ÁNTON LOUZAO LÓPEZ

7 MARIA DEL CARMEN EXPÓSITO QUINTÁS

8 MARIA CRISTINA QUINTÁS EXPÓSITO

9 VANESA VILA PARDELLAS

10 LUIS CARBALLO RODRIGUEZ

11 MARGARITA PEREIRO GUERRA

Suplentes

1 MARIA YOLANDA GARCIA ESPAÑA

2 VICTOR JOSE BESTEIRO CARNERO

3 MANUEL CABANA MONTEGRO

PROGRAMA ELECTORAL

 

 

 

 

 

 

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

 

  • Estudo para ampliación do parque empresarial.

  • Subvención dos terreos a PYMES e emprendedores.

  • Creación dun viveiro de empresas gratuíto para xoves emprendedoras/es e colectivos menos favorecidos.

  • Potenciar as relacións cos empresarios do concello, e a elaboración dun plan integral coas necesidades de empresas e comercios.

  • Promover e potenciar o turismo sostible como motor do desenvolvemento económico da comarca.

 

INFRAESTRUTURAS:Urbanismo e mobilidade

 

  • Solicitar algúns “lombos peonís” a fomento para reducir a velocidade ás entradas do pobo.

  • Acondicionar as beirarrúas para que as persoas maiores, nen@s e familias con carros de bebés poidan desprazarse sen dificultade.

  • Reorganizar o tráfico nalgúns puntos do casco urbano.

  • Crear un espazo peonil seguro para ir camiñando sen perigo ata o campo de fútbol e aos colexios.

  • Colocar un par de puntos de carga de vehículos eléctricos.

  • Promover un lugar seguro para a recollida de animais abandonados.

  • Pipi can”: espazo cerrado destinado para cans, como un tipo de parque onde se poidan facer xogos e poñer obstáculos para o seu entretemento.

CULTURA E DEPORTES

 

  • Coordinarse coas asociación e colaborar con elas desde o concello.

  • Realización de actividades para a terceira idade.

  • Remodelación das pistas de padel, construíndo unha para que os equipos poidan organizar torneos regulamentarios.

  • Construción de vestiarios no campo de fútbol.

  • Apertura do complexo deportivo e piscina.

  • Favorecer a realización de actividades infantís en época vacacional para conciliar a vida familiar.

  • Promover un convenio coa Fundación Medinaceli para crear un centro de interpretación e recreación histórica de Monterroso na torre de Penas e no seu contorno.

  • Instaurar unha réplica do miliario de Caracalla no campo do Caracacho.

  • Promover diversos itinerarios turísticos e culturais do Concello:

    • Ruta das mámoas

    • Ruta dos castros

    • Ruta dos pazos e casas grandes

  • Sinalizar, en colaboración coa Consellería de Cultura, o abundante patrimonio material do Concello.

  • Recuperación da cultura tradicional.

  • Creación dun museo etnográfico.

  • Instauración dun Festival de música no concello.

MEDIO AMBIENTE

 

  • Promover un convenio coa Consellería de Medio Ambiente para a adquisición dun vehículo dotado dun equipo de limpeza de rúas, beirarrúas e colectores de lixo.

  • Promover, en colaboración coa Consellería de Medio Rural, a reforestación de terreos abandonados con árbores froiteiras ou autóctonas.

  • Crear novos espazos infantís nos arredores da Cúpula.

  • Salvar o rio Ulla, saneamento integral do Ulla e os afluentes.

  • Facer un estudo para analizar as causas dos verquidos contaminantes que producen mortalidade da fauna acuícola.

  • Colaborar coa asociación de pescadores da Ulloa para poñer en valor o potencial turístico do río Ulla e de toda a comarca.

  • Especial atención polos espazos verdes, actividade económica sostible e promoción da agricultura ecolóxica.

  • Creación dun observatorio medioambiental no concello.

EDUCACIÓN, SANIDADE E SERVIZOS SOCIAIS:

 

  • Dotaremos aos centros educativos con desfibriladores, ao mesmo tempo pediremos a colaboración de profesionais especializados para formación do persoal que os vai utilizar.

  • Colaborar estreitamente cos centros educativos e cos servizos sanitarios do concello a través de charlas, programas educativos e obradoiros.

  • Realización do programa “unha morea de razóns saudables” co obxectivo de convertinos nun concello biosaudable.

  • Creación dun plan de voluntariado para realizar actividades coas persoas maiores.

  • Potenciar a atención domiciliaria para os maiores que prefiran permanecer nas súas casas.

 

MEDIO RURAL: ACTUACIÓNS

  • Desde o concello apoiaremos aos novos emprendedoresno medio rural.

  • Potenciaremos a produción e o consumo de produtos agrarios locais.

  • Acceso de calidade a internet na zona rural, fundamental e básico. Propoñemos unha tarifa plana reducida para uso agrícola e gandeiro.

  • Manteremos reunións periódicas cos veciños para que nos fagan chegar as súas necesidades.

  • Ofreceremos uns accesos axeitados e puntos de luz suficientes.

  • Promoveremos actividades nas casas do concello ou parroquiais das aldeas.

  • Faremos campañas de recollida gratuíta de plásticos agrícolas.

  • Promoveremos programas de reciclaxe e compostaxe.