Presento a miña candidatura á Alcaldía de Maceda porque teño a certeza de que é posible mudar o rumbo polo que están a levar nos últimos 4 anos ó noso concello . É para min unha honra e unha grande responsabilidade e confío en ter a confianza da maioría dos meus veciños e veciñas.

Vou acompañado dun bo equipo e conto coa experiencia colectiva dun grupo de xente que leva traballando desde sempre por mellorar as condicións de vida deste concello.

Nacín en Castro de Escuadro e cando tiña 14 anos a miña familia trasladouse a vivir á vila e fixemos unha casa na Avda. dos Milagros.

Sempre estiven vinculado con Maceda, desde que participei na creación da Agrupación Cultural Os Cabaceiros hai xa 45 anos ata a colaboración actual desde hai anos co Clube Ciclista de Maceda en calidade de médico.

Xubilareime anticipadamente, de ser elixido alcalde, para poder adicarme a tempo completo a dirixir e xestionar o concello, cobrando únicamente a miña pensión de xubilación.

A miña xestión vai estar marcada pola transparencia, proximidade e participación ciudadá.

A candidatura que encabezo é parte dun movemento que pretende facer sentir ós galegos que pertencen a un País, un país con alma propia, un País que nace da Nosa Terra, Galicia.

CANDIDATURA MACEDA

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

 

Titulares

1. CELSO SANCHEZ GONZÁLEZ

2. BEATRIZ CUENCA VALERA

3. MARÍA JOSÉ CARNERO GONZÁLEZ

4. PABLO SEOANE CASTRO

5. MANUEL FERNÁNDEZ GÓMEZ

6. XOSÉ ANTÓN OTERO TESOURO

7. MARÍA DOLORES SÁNCHEZ GONZÁLEZ

8. MARÍA ROSA RAMOS PÉREZ

9. ANTONIO NUÑEZ GONZÁLEZ

10. CONCEPCIÓN RAMOS GONDARIZ

11. XOSÉ BIEITO SEARA FORMOSO

Suplentes

1. SANTIAGO PROL BLANCO

2. RAMÓN CARIDE OGANDO

PROGRAMA ELECCIÓNS MUNICIPAIS CxG 2019 MACEDA

MACEDA TEN QUE REVIVIR.

Traballaremos para superar de novo os 3.000 habitantes, facendo do noso concello sitio onde sexa agradable vivir e traballar e que sexa capaz de atraer a xente que traballa no seu entorno, especialmente á xente moza.

  • Dotar de todos os servizos públicos básicos á vila e aldeas e desenrolar políticas para reducir os gastos de auga, lixo, impostos, outros servizos e prezo da vivenda coa finalidade de que vivir en Maceda sexa un 50 % máis barato que vivir na capital de Ourense.

  • Estimular o remate das vivendas existentes e a rehabilitación das antigas, incluíndoas en plans de vivenda doutras administracións, para que sexan destinadas ó aluguer ou venda. Modificar e actualizar o PXOU para favorecer a autoconstrucción de vivenda propia.

  • Promocionar o asentamento de novas familias con exención do IBI nos dous primeiros anos, rebaixas do 50% nas licencias de obras das novas familias e coa exención das taxas de gardería durante o primeiro ano de vida dos bebés.

  • Crear Bolsas de vivenda en aluguer e venda con garantía municipal.

  • Simplificar os trámites administrativos para o establecemento de novos negocios e empresas.

  • Mellorar os horarios e conexións das liñas de transportes, promovendo unha rede de transportes entre pobos do concello en conexión coa Ribeira Sacra e con outros concellos da Comarca e Ourense.

COMARCA CON FUTURO

Queremos desenvolver as potencialidades de Maceda

  • Plataforma de promoción turística, integración na Ribeira Sacra e promoción dos Centros Termais de Molgas e Ourense. Explotación do potencial ecoturistico (rutas de sendeirismo, parque de actividades deportivas na natureza, promoción das festas tradicionais con especial interese no Entroido, promocionándoas a través de redes turísticas e redes sociais.

  • Comarca de demostración en xestión agroforestal: asesoramento técnico, xestión de subvencións, creación dunha empresa con tutela municipal de servizos forestais, apoio a comercialización da madeira de serra, da castaña e a noz, e centro loxístico de biomasa…

MELLORAR A VIDA NA VILA

  • Creación de zonas de aparcamento gratuíto aproveitando fincas valeiras que os seus propietarios cedan temporalmente a cambio de non pagar o IBI.

  • Mellora do servizo de limpeza municipal dotándoo de máis medios.

  • Incremento do arborado urbano.

MELLORAR A VIDA NAS ALDEAS

  • Creación dun servizo de mantemento, acondicionamento e limpeza permanente das redes viarias.

  • Mellora de saneamento nos lugares con deficiencias.

  • Adecentamento de prazas e espazos públicos.

  • Dotar de equipamentos sociais para actividades e xuntanzas, aproveitando os xa existentes e rehabilitando edificacións vellas.

MEDIDAS SOCIAIS

  • Conquerir que o servizo de pediatría do centro de saúde estea operativo de luns a venres.

  • Traballar para que o SERGAS dote á comarca dun servizo de fisioterapia.

  • Buscar a solución para que a auga do comedor do grupo escolar teña boa palatabilidade.

  • Creación dunha Escola de Saúde co obxectivo de prevención de enfermidades e promoción da saúde.

  • Complementar o Centro de Día cunha Vivenda Comunitaria con prazas residenciais, aproveitando as instalacións de comedor, cociña e lavandería para ofertar tamén eses servizos así como o de xantar a domicilio.

  • Mellora e racionalización da Axuda no Fogar para as persoas dependentes valoradas profesionalmente como destinatarias deste recurso.

  • Potenciación do do Servizo de Atención á Muller.

  • Dotar de máis recursos á Escola Infantil.

OUTRAS MEDIDAS:

  • Poremos en valor ós persoeiros egrexios vencellados con Maceda como Joao da Nova, Alfonso X e Cardeal Quiroga, entre outros.

  • Mellora da biblioteca pública: climatización e separación de espazos de consulta e lectura da área de estudio.

  • Melloras no pavillón de deportes: climatización, dotación de máis sás de actividades e renovación de infraestruturas no ximnasio.

  • Construción dunha sala de acollida e dun ximnasio no colexio público para que os nenos poidan facer ximnasia tamén cando chove e non ter que se desprazar.

  • Dotar de novas instalacións ó Tanatorio de Maceda.

COMPROMISO COA CIDADANÍA:

  • Compromiso de traballar con seriedade para cumprir este programa electoral e celebrar asambleas semestrais para dar conta do seu grao de cumprimento.

  • Introducir progresivamente a elaboración de Orzamentos municipais participativos.