Estimados veciños e veciñas,

Son Carlos Rivas Rivas, nado en Vilanova de Lourenzá o 30-11-1974, fillo de Josefa Rivas Geada, nada e criada en Lourenzá no barrio de San Xorxe, e de Antonio Rivas Ron, tamén de San Xorxe. Medrei no barrio de San Xorxe e fun tamén a escola de San Xorxe en Lourenzá.

Seguín cos meus estudos en Mondoñedo e fixen FP1 de Agraria. Ao terminar os estudos comecei a traballar en Aluminios Recalde e despois empecei a traballar de condutor en Lácteos Galaico Astur. Actualmente sigo a traballar de condutor en Escavacións Ramfei.

Sempre me chamou a política, xa que creo na defensa do ben común. Fun concellal na oposición polo PSOE de Lourenzá durante 4 anos, chegando na lexislatura posterior a ser Tenente de Alcalde durante case 3 anos. Debido as diferenzas insalvables coa forma de traballar dá Alcaldesa e vendo que dende ou Goberno Municipal ao que pertencía non se facía nada e deixábanse escapar subvencións e posibilidades para o Concello de Lourenzá, decidín renunciar ao cargo e pelexar a través de outra formación política, Compromiso por Galicia, polos intereses dá miña Vila.

A confianza mostrada polo Secretario Xeral de CxG Juan Carlos Piñeiro Docampo na miña capacidade de traballo e nos meus ideais,así coma do seu secretario comarcal José Moñita xunto as ganas de pelexar de José María Igrexas Pereiro axudáronme a tomar esta decisión. Pelexarei a través dun partido Galeguista, non independentista, europeísta e socialdemócrata.

Preséntome a estas eleccións municipais, avalado pola miña experiencia e polo empuxe de moitos de vós que me animastedes a dar este paso xa que o creiades preciso.

Preséntovos aquí o meu programa, que de seguro coincidiredes, se non na súa totalidade, na maioría dos seus puntos. Dende aquí podo prometervos traballar polos intereses de Lourenzá e polos intereses dos seus veciños.

Prestádesme o voso voto?

CANDIDATURA LOURENZÁ

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

 

  1. CARLOS RIVAS RIVAS

  2. JOSE MARÍA IGLESIAS PEREIRO

  3. IVÁN RECALDE LÓPEZ

  4. JUAN JOSÉ LEDO ARAMBURU

  5. AMPARO CORNIDE LOUREIRO

  6. JOSÉ ANTONIO RIVAS GARCÍA

  7. MARIA JESÚS VÁZQUEZ BERMÚDEZ

  8. BEGOÑA LAGO LEIRÓS

  9. CARLOS DURÁN ESTANY

  10. ISMAEL LORENZO PÉREZ

  11. JUAN CARLOS PIÑEIRO DOCAMPO

PROGRAMA LOURENZÁ 2019

Melloraremos as condicións laborais dos traballadores e traballadoras do Concello aplicando o RPT (Regulamento do Persoal Traballador).

Impulsaremos o Camiño Norte do Camiño de Santiago o cal discorre polas nosas terras, acondicionando a súa entorna, promocionándoo e publicitándoo axeitadamente e coma merece un ben de tales características e que os laurentin@s sentimos noso.

Tramitaremos as solicitudes necesarias para declarar coma “lugar turístico de interese” o Mosteiro de San Salvador, que está a caer esquecido polas administracións e a igrexa.

Apoiaremos a obtención de subvencións para o sector primario, gandería e agricultura. Axudaremos aos propietarios para que soliciten e obteñan ditas subvencións.

Melloraremos as instalacións deportivas, e solicitaremos o céspede artificial para o campo de adestramento da SD Lourenzá, moi necesario xa que nel entrean e xogan moitos equipos. Xa debería estar feito dende fai máis de 10 anos.

Faremos unha posta a punto do ximnasio e fomentaremos o seu uso a través de bonos.

Melloraremos substancialmente as instalacións dá piscina municipal.

Solucionaremos os problemas dás instalacións do centro de día, xa que o seu estado non e nin moito menos o ideal, tendo moita humidade, a cal incrementa o gasto de calefacción do recinto, e non reúne as condicións que merecen os nosos maiores.

Faremos unha correcta limpeza dás masas comúns, creando un punto de carga e descarga de materiais que deixen limpos os camiños e pistas e que non as estraguen.

Amañaremos correctamente as áreas recreativas xa que se atopan moi abandonadas.

Acondicionaremos a estrada que serve de vía principal para o desvío do trafico por detrás dá feira, dotándoa de beirarrúas e pavimentos en condicións.

Arranxaremos o parque dá gardería

Crearemos un centro de lecer para @s nen@s no verán para que deste xeito, se as súas familias teñen que traballar, teñan onde deixar aos seus fillos nun lugar de confianza contribuíndo de forma directa e efectiva a conciliación familiar.

Faremos una mellora moi necesaria nas instalacións do colexio Xoán Rei, que se encontra totalmente deixado por parte do Concello.

Crearemos un plan de achegamento a veciñanza para que os veciños de Lourenzá poidan participar de forma activa na xestión e necesidades municipais achegando ideas e mesmo colaboracións de outro tipo.

Traballaremos para que os veciños dá Vila teñan un correcto acceso as infraestruturas básicas necesarias de abastecemento e saneamento, que a día de hoxe aínda non son unha realidade para moitos veciños de Lourenzá. Será unha dás nosas prioridades.

Dende o Concello non deixaremos escapar ningunha oportunidade de mellora tanto para os veciños como para o propio Concello, como sucedeu repetidamente nesta lexislatura.

Priorizaremos o acceso a luz pública para tódolos veciños de Lourenzá, xa que moitos aínda non dispoñen del.

Tentaremos impulsar a compra de vivendas baleiras do Concello, así como a súa rehabilitación e reacondicionamento nas que o precisen, poñendo en coñecemento dos cidadáns calquera axuda ou subvención para realizar ditas actuacións.

Tramitaremos ante a Confederación Hidrográfica unha mellor limpeza dos ríos nos tramos de potestade do Concello e tentaremos que a través deste axeitado mantemento volvamos a ter zonas axeitadas para a pesca así coma zonas de recreo dignas dos veciños de Lourenzá.

Daremos a máxima visibilidade aos proxectos tramitados polo Concello para que deste xeito @s laurentin@s poidan realizar apreciacións e suxestións cando se estean realizando e así mellorar substancialmente o resultado dás mesmas.

Arranxaremos o paseo Pereiro; a estrada de San Adriano-Agugaxosa ; terminaremos a rede de sumidoiros de San Xorxe e acondicionaremos alí o aparcamento; melloraremos a area recreativa de Cazolga.

Realizaremos un mantemento axeitado dás rutas de sendeirismo, cunetas e camiños, fronte ao abandono dá administración actual, e realizaremos dita mellora en base a unha unha periodicidade marcada polo Concello e polos veciños.

En definitiva: Traballaremos por e para ti, con sentidiño.