En catro anos de moito traballo, conseguimos darlle a volta á situación de parálise que na que estaba afundido Lalín. Conseguímolo a base de equipo, grazas ao apoio da xente e a un esforzo constante. Todos os datos de actividade económica e comercial, os índices demográficos, a presión fiscal, melloraron substancialmente neste mandato, que remata con débeda cero despois dun déficit millonario que se foi acumulando durante varios anos.
Esta vai ser a última vez que me presento á alcaldía, porque creo na limitación dos cargos, e oito anos son dabondo para desenvolver un proxecto político. Por iso quero dispoñer destes outros catro anos para conseguir que Lalín volva a ser a referencia do sector leiteiro e do sector industrial en Galicia, como xa o é noutros aspectos como a tolerancia.
Para facer o que sabemos que podemos facer.
Rafael Cuiña Aparicio


ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019
Titulares
1. RAFEL LUIS CUIÑA APARICIO
2. TERESA VARELA FISTEUS
3. MIGUEL ANGEL MEDELA DOBARRO
4. ANA BELEN VARELA SOTO
5. FERNANDO FELIX VILARIÑO MONTOTO
6. JOSEFA FERNANDEZ BLANCO
7. JOSE MANUEL FERNANDEZ TABOADA
8. IVAN FERNANDEZ PORTELA
9. ISABEL CRESPO FEANS
10. ANTONIO PEREIRO ESTEVEZ
11. JOSE RAMON GONZALEZ LOPEZ
12. MARIA AMPARO FERNANDEZ REBOREDO
13. JAVIER GONZALEZ VALES
14. BERTA AREAN BLANCO
15. GUMERSINDO FERRADAS LOPEZ
16. LORENZO PEREZ PEDREIRA
17. ANA BELEN MARIÑO TABOADA
18. SANTIAGO CASTRO VILLAR
19. MARIA PILAR BLANCO GONZALEZ
20. LUCITA VILLAR JAR
21. RAMON CUIÑA CRESPO
Suplentes
1. TOMAS VILARIÑO FIDALGO
2. PURIFICACION SANCHEZ TOIMIL
3. DANIEL ANTELO FERNANDEZ
4. MARIA JESUS GONZALEZ ROCHA
5. JOSE TABOADA CRESPO
6. ANA MARIA GIL LAMELA
7. AMELIA COLMENERO GONZALEZ
8. PAULA FERNANDEZ GARCIA
9. SANTIAGO FERREIRO RODRIGUEZ
10. JOSE LUIS FERNANDEZ GONZALEZ
O COMPROMISO X LALÍN
Estas son algunhas das propostas que CxL se compromete a levar a cabo no seguinte mandato, agora que o Concello está economicamente saneado, non ten practicamente débeda e os impostos están no mínimo legal:
•Constitución dunha Mesa do leite, formada por cooperativas, sindicatos, banca e axentes sociais, para facer propostas e supervisar un sector no que Lalín é líder en Galicia, e que tanto as políticas da Xunta como as do Estado fan que estea nun momento ben difícil.
•Conversión para o verán de 2020 da Rúa dos Viños nun bulevar, con acceso aos garaxes, para dinamizar esa zona de ocio.
•Compra e reforma do Cine Balado, para convertelo nun edificio cultural centrado nos dous camiños de Santiago que atravesan o noso concello, e un pequeño teatro. Completaríase así a humanización da Rúa Principal e complementaríase unha das zonas que máis se van desenvolver nos próximos anos.
•Ampliación da cuarta fase do Polígono Lalín 2000.
•Inclusión na área metropolitana de Santiago a afectos de transporte de viaxeiros por carretera, para mellorar as conexións coa capital autonómica. Acometer un estudo sobre a viabilidade de liñas de transporte entre o centro e os polígonos.
A maiores destes proxectos, ambiciosos pero asumibles e realistas, contemplamos estas outras medidas para os distintos sectores
COMERCIO
•Adecentamento das rúas comerciais, mellorando a súa limpeza, ornamentación e iluminación.
•Fomentar e implicar aos hostaleiros e aos comerciantes no asociacionismo para dinamizar a nosa vila organizando actividades continuas e creando rutas comerciais.
•Seguir apoiando fortemente as liñas de axudas aos emprendedores
•Manter o parking gratuíto en horario comercial e intentar crear novos espazos de aparcamento.
•Acción dinamizadora do comercio local tamén fóra de Lalín.
SERVICIOS SOCIAIS
•Rehabilitar as vivendas do Manuel Rivero para aluguer social aos colectivos en risco de exclusión social e reservar algunha para situacións de emerxencia social (incendio…).
•Ampliación do programa de axuda a domicilio (horas de atención a persoas dependentes, maiores e discapacitados).
•Ampliación do programa de educación familiar.
•Ampliación da partida destinada ao banco de alimentos.
•Ampliar axudas de inclusión social (luz, auga, gas) e crear as destinadas a subvencionar parcialmente aquelas excluídas da sanidade pública (dentadura, gafas).
•Obradoiros de prevención de violencia de xénero nos centros educativos.
•Talleres de defensa persoal a mulleres vítimas de violencia.
•No Centro de Información a Muller, crear un espazo de atención á familia e ampliar o crédito destinado a subvencionar os cursos das asociacións de mulleres.
RURAL
•Dotación de saneamentos en todas as aldeas que aínda están sen el.
•Continuar co asfaltado de pistas (na actualidade hai xa 1.200 quilómetros de pistas asfaltadas no termo municipal).
•Continuar coa mellora dos accesos ás explotacións agrícolas e gandeiras.
•Sinalización uniforme de todos os núcleos rurais.
•Recuperación de fontes e do seu entorno.
•Políticas de prevención de incendios forestais (rozas e cortas).
•Compra da Carballeira de Barcia para garantir o seu uso público polos veciños.
•Acelerar o proceso de concentración parcelaria, irresponsablemente retrasado pola Xunta.
CULTURA E OCIO
•Construción dun pequeno auditorio en Prado.
•Ampliación con instalacións infantís da praia de Pozo do Boi.
•Construción dun parque de recreo infantil en Santa Lucía.
•Ampliación dos ciclos «Lalín Marcha», con concertos e programación anual.
•Reformulación do Padroado Cultural, desde as distintas asociacións culturais.
•Posta en valor de todos aqueles elementos susceptibles de aproveitamento ambiental ou cultural no rural (castro de Doade, sendas naturais…)
DEPORTE
Duplicar as subvencións aos clubs, puntuando especialmente o deporte base e o feminino.
Remodelación do Estadio Manuel Anxo Cortizo:
Novo campo de herba sintética.
Construción dunha grada nova.
Dous campos de fútbol 7.
•Recuperar a Gala do Deporte para poñer en valor aos nosos deportistas.
•Construción dunha pista de petanca cuberta na Rúa do Regueiriño.
•Cubrir unha pista ao lado do pavillón municipal.
•Construción dun vestiario e baños para as pistas de tenis azuis do Lago.
MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA
•Creación da Plataforma dixital do Cocido de Lalín e dunha App móbil. Para concentrar os esforzos dos restauradores na difusión do produto baixo unha única marca, con funcionalidades de xeolocalización de restaurantes e xestión de reservas para os clientes. Lanzamento de campañas nos distintos medios (redes sociais, medios tradicionais) baixo a mesma marca e baixo a xestión de persoal especializado no marketing dixital.
•Crear estratexias para o comercio local, cos datos que proporcionan os parkings intelixentes, zonas azuis e datos abertos das Estratexias de Recursos Sostibles, os fluxos de tráfico, horarios, tempo climatolóxico… e así evitar posibles atascos e definir horarios óptimos para zonas peonís temporais.
•Formación a cidadanía no uso da Administración Electrónica, tanto no casco urbano como no rural, para os pagos de forma telemática: cotas Lalín Arena, taxas municipais, …
•Formación en materia de ciberseguridade e uso seguro de tecnoloxías para pais e nenos (control parental, uso de redes sociais, …).
•Formación en colaboración co CPEIG, aula CeMiT, e colectivos do eido das Tecnoloxías da Información e Comunicación para impartir talleres de robótica/electrónica, programación, desenvolvementos de xogos, impresión 3D, drones e realidade aumentada.
•Eficiencia enerxética: Renovar as instalacións nos edificios municipais para facer un uso máis eficiente da enerxía. Realizar unha auditoría enerxética de todo o alumeado público e instalacións municipais. Instalación dun Punto de recarga eléctrico aproveitando a ubicación xeográfica do Concello e renovación do parque móbil.
•Plataforma de Datos Abertos e Transparencia que permita a consulta de información por parte do cidadán de toda a información xerada no Concello, en formatos que permitan o seu tratamento automatizado.
•Potenciar o uso do galego nas comunicacións na rede e principalmente nos sitios web do Concello e na sede electrónica.
•Aposta polo software libre e código de fontes abertas para un aproveitamento óptimo do equipamento, aforrar en licenzas software, e favorecer aos desenvolvedores locais.