FOCENSE DE CORAZÓN

Son Damián Sánchez Bermúdez,enxeñeiro de 34 anos,de pai electricista e nai auxiliar de enfermería no Hospital da Costa, neto de labregos do val de Lourenzá e neto de emigrantes en Barcelona; de todos eles aprendín a humildade, o traballo,a responsabilidade e o sacrificio.

Nacín coa maleta de viaxe as costas,pero o meu primeiro porto de saida foi Foz,o pouco de nacer xa vivía premonitoriamente na rúa Valle inclan pola que anos despois pasaría milleiros de veces para ir o Colexio Martinez Otero, pero esa parada durou pouco,logo a miña residencia estivo en Lourenzá moitos anos,terra de meu pai e de meus avos, Barcelona, terra de miña nai cuyos país eran de Grove e Cimadevila (Mondoñedo).

Voltei para Foz onde desde os 10 anos estudie no Martinez Otero e ahí empezaron os mellores anos da miña vida, e o meu amor por Foz, fixen os meus amigos de” para sempre”, os meus novos irmáns. Defendín a camiseta do Foz, entrenei cos Celtas, regateei polo Clube Náutico de Foz, disfrutei do Santo, do Carmen e do San Lorenzo, fun dos primeiros en desembarcar en Tupide na festa normanda… Foz adoptoume e eu sentin o orgullo de ser Focense.

Despois de rematar no IES de Foz, funme estudiar a Ferrol e de ahí emigrei un ano a Italia, de ahí voltei para traballar en Ferrol, Santiago e Vigo, a que sería miña ultima parada antes de regresar a casa coa decisión de non moverme máis, fun embaixador de Foz por todas esas cidades, e todas esas cidades viñeron a coñecer a terra que tanto aprecio. Así que cando me preguntan de onde son, sempre digo que podería decir que de todas partes pero sempre digo que son de Foz.

Non son político nin asperei nunca a selo, pero cruzouse no meu camino un Partido que me pediu un pouco dos meus valores para facer una política nova, máis nobre, máis cooperativa , máis práctica para Foz, e cando a un focense lle piden botar una man por Foz ,non o duda ¡ estendea!

E ti .. ¿esténdesme a man?

 

CANDIDATURA FOZ ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

  1. DAMIÁN SÁNCHEZ BERMÚDEZ
  2. JOSE LUÍS RUBAL GARCÍA
  3. NURIA MONTSERRAT EDROSA DOCE
  4. MARÍA ANGELES PARGA PARDIÑAS
  5. ALBERTO DELANTERO JOVEN
  6. MARIA JOSE CALVO CABANA
  7. MELISSA KATHERIN SAEZ PALOMINO
  8. ANDRES NAVAS LÓPEZ
  9. JOSE MANUEL MARTÍNEZ CASAS
  10. JESÚS LOMBARDIA AIRA
  11. CARLOS FERNÁNDEZ GONZÁLEZ
  12. JAVIER ALONSO SANJURJO
  13. MARGARITA VÁZQUEZ BERMÚDEZ
  14. PAMELA RODRÍGUEZ PITA
  15. JESÚS OROZA ALONSO
  16. MERCEDES POUSA VERDENY
  17. MIGUEL SEIVANE FANEGO

 

PROGRAMA ELECTORAL

POTENCIAMENTO DO TURISMO

Elaboraremos un Plan de excelencia turísticano que se establezan uns obxectivos turísticos, o camiño e medios necesarios para acadalos, co obxectivo dun turismo de continuidade.

Propoñemos:

    • Da man do ciclo de hotelería, facer de Foz un referente gastronómico, dar vida o casco vello e facer del a nosa rúa do Franco de Santiago, a nosa “calle Laurel” de Logroño o noso “Barrio Húmedo” de León.

    • Fortalecer o entramado asociativo da mancomunidade. Levar a iniciativa “Rias Altas”entre os concellos desde Ribadeo a Ortegal co obxectivo de exportar todos os valores turísticos da comarca en conxunto e crear una sinerxía entre nos.

    • Creación de plans de dinamización, promover iniciativas que creen turismo todo o ano como por exemplo o “camiño do mar”ruta alternativa do camiño de Santiago.

MELLORA DO ENTORNO COMERCIAL

Aproveitar peatonalización da Avenida da Mariña e Álvaro Cunqueiro para facer desas rúas, un Boulevar comercial cos seguintes obxectivos:

    • Posicionar o municipio de Foz coma Vila comercial.

    • Potenciar a implantación de tecnoloxía, sistemas de calidade e de comercio sostiblepara acadar un comercio máis competitivo e moderno.

    • Facer un informepara detectar qué tipo de comercios faltan ou son escasos paraimpulsara súa apertura.

    • Fomento do consumo sostibleeasociacionismo.

    • Eliminar as brechas (locais baleiros).

DESENVOLVEMENTO E EMPREGO

    • Promoveremos a posta en marcha dun programa de políticas activas de emprego municipal.

    • Fomentaremos o emprendemento xuvenil a través de formación.

    • Crearemos un Coworkingna nave do concello no polígono que permita crear sinerxías laboraisentre emprendedores, e albergar:

      • Oficinas modularescon internet e servizos comunitarios cunha cota de aluguer mínimaque permita o mantemento do centro e sexa asumiblepolos novos emprendedores.

      • Oficina exteriorde captación de fondos xerando 3 postos de emprego, encargaranse da búsqueda de inversores para o noso polígono.

      • Aulas dinámicas de mestría profesional, en colaboración directa cos empresarios da comarca, localizandoas profesión máis demandadase así planificar a formaciónde profesionais necesarios. Serviranos para reforzar as nosas empresas e para dar una alternativa de formación @s nos@s veciñ@s

      • Cafetería, xerando así 2 postos de emprego vinculados a contratos en prácticas cos alumnos de hostelería. Dará un servizo ó polígono do cal carece,e dun xeito autosostido.

    • Fomento e axudas o sector primario.

      • Levaremos o saneamento da ría de Foz ó parlamento europeo da man da eurodeputada Izaskun Bilbao, subsanado isto promoveremos o cultivo de berberecho e outros bivalvos na ría.

      • Promoveremos axudas para a gandería, agricultura e pesca das nosas parroquias.

      • Promocionaremos o produto local buscando que ocupe un lugar de privilexio na nosa oferta gastronómica.

EDUCACIÓN

A base e o futuro dun pobo, CxG quere establecer un canle de comunicación directa entre os colexios e o concello xa que consideramos que facer un plan a longo prazo en ámbitos sociais e laborais no concello non ten sentido si non traballamos primeiro as xeracións que vivirán e sosterán ese futuro. Crearase un claustro dinámico que fomentará:

    • Concienciación social,faremostalleresnos que @ alumn@s aprendan de primeira man a importancia dos empregados do concello. Tamén traballaran directamente con asociacións que loitan polos dereitos da muller, da integración social e demais, axudándolles a crear conciencia do ben común.

    • Sinerxía coa iniciativa do coworking do polígono, onde se lle dará @s alumn@ a posibilidade de entrar en contacto con futuras saídas laborais e que así sirva de orientación.

    • Equipar os colexios e instituto con medios para que poidan preparar e familiarizar @s alumn@s coa tecnoloxía e o mercado laboral do futuro.

SAÚDE,MAIORES, BENESTAR E IGUALDADE

    • Pelexaremos por obter a Pediatraa xornada completa.

    • Atención a dependencia,Rehabilitaremos o antigo edificio do asilo co fin de aumentar a oferta de prazas de persoas dependentes, atendendo así unha demanda que sigue sen cubrirse aínda despois de abrir a nova residencia, xerando postos de traballo, mantemos a vontade do padroado da fundación Martínez Otero de adicar o edificio a un fin público.

    • Humanizar o servizo de axuda domiciliarianas parroquias

CULTURA E DEPORTES

    • Melloraremos o funcionamento dasescolas deportivas municipais, e aumentaremoso número de disciplinasdeportivas.

    • Apoio ás diferentes festas socio-culturaisdo concello,entendemos que debemos seguir fomentándoas para que cada ano acaden maior repercusión.

    • Apoio as iniciativas defestivais de cine e música alternativos.

OBRAS E SERVIZOS

    • Plan de inversión en parroquias

    • Avenida da Mariña pasará de peonil a semipeonill e cambiar o sentido de circulación de Álvaro Cunqueiro.

    • Conectar con transporte os núcleos do rural coa Vila.

    • Adaptar todas as beirarrúas a mobilidade reducida.

    • Soterrar os contenedores de lixo nas zonas máis turísticas como a praza Conde Fontao.

    • Rehabilitar as areas de ocio, como a da Pampillosa.

    • Dar unha solución xa a depuradora.

    • Unir o paseo Marítimo co de Malates.

    • Crearemos novas área de lecer para as mascotas

    • Traballaremos no mantemento diario de pistas de concentración e carreteiras, especialmente, limpeza de cunetas e táxeas.

    • Subsanar os problemas constantes do alumeado público nas parroquias.

    • Instalaremos un puntos de carga para vehículos eléctricos.

    • Traballaremos no proxecto deconstruírsobre a estrutura do solar fronte a casa da cultura un parking subterráneoque solvente o problema de aparcamento no centro de Foz e sobre del construír un auditorioe un novo Concello máis moderno e accesible para a función pública; a venta do solar do actual Concello servirá para a finanzamento da obra.

    • Limpeza de beirarrúas e rúas, compra de maquinaria que abarate custes e sexa máis eficiente.

    • Humanización das medianeiras de edificios que afectan á estética urbana, mediante concursos de graffitis.

    • Paneis dixitais informativos nas entradas da vila.

    • Cancelación de feismos urbanos, muros sen pintar, fincas sen desbrozar, fachadas inacabadas, edificios parados…

TRANSPARENCIA E REXENERACIÓN

    • Sistema de poxa pública á baixa para todos os contratos do Concello de Foz.

    • Todos os grupos na comisión de goberno.

    • Mellorar portal de transparencia e facilitar a súa publicación en outros medios.

    • Plenos emitidos pola rede.

    • Orzamentos participativos.

    • Padroado de participación Cidadá

    • Apertura do Concello para trámites dous días a semana pola tarde.

    • Envío cada seis meses de información financeira do Concello ós veciños.