Os gobernos locais non son o nivel inferior da administración política provincial, autonómica ou estatal, senón espazos de autogoberno, aínda que somos conscientes de que o que nos afecta a nivel local depende en grande medida do que sucede noutros niveis que van do autonómico ao estatal. Por iso necesitamos o apoio a esos niveis, o apoio dun partido que garanta a autonomía total da candidatura. En consecuencia SOMOS FENE, pasa a ser a candidatura de COMPROMISO POR GALICIA, partido o cal pertence o noso portavoz Xoán Manuel Bastida.

Somos unha candidatura sen instrucións previas, porque Compromiso por Galicia respecta totalmente a autonomía municipal, unha candidatura para facer política local, que se identifica a si mesma  como tal e que quere que así sexa identificada.

 UN NOVO XEITO DE FACER POLÍTICA MUNICIPAL

 Facer política municipal é facelo sen complexos, sen anclaxes programáticos partidarios. Para iso e imprescindible dispor dun proxecto político con fundamentos, que sexa unha proposta positiva que ilusione. Temos un proxecto, o mesmo de SOMOS FENE.

É preciso fuxir de estilos confrontativos, abrazando a diversidade como un elemento natural da política. Para nós a politica municipal non consiste en discutir e impor, senón no diálogo e a negociación para lograr o apoio suficiente para decidir actuacións.

Non debe primar a ideoloxía sobre os programas. Debense aproveitar de forma construtiva as ventaxas do goberno de grupos que asumen os postulados de boa gobernanza independientemente das súas discrepancias ideolóxicas.

Nunha democracia temos a obriga de respectar as ideas que non se comparten, especialmente as que non se comparten.

 Somos unha forza política responsable que non se limita a enunciar boas intencións, senón que buscamos a forma de convertelas en iniciativas concretas, dende posturas construtivas e dialogantes, con capacidade de xestión demostrada e un proxecto de concello con horizonte de futuro.

PROGRAMA FENE

O NOSO COMPROMISO

Seguir coas políticas trazadas, feitas e programadas no ano en que formamos parte do goberno (algunhas todavía en tramitación). Ademais, destacamos algúns puntos básicos do noso programa.

SOSTENIBILIDADE AMBIENTAL NA PLANIFICACIÓN E XESTIÓN

Unha organización territorial e un urbanismo que facilite a calidade de vida nun entorno respectuoso co medio ambiente, xerando unha paisaxe urbana humanizada, que recupere zonas de interese especial para o disfrute e o embelecemento paisaxístico do concello, sen hipotecar o territorio ás xeracións futuras.

Participación da cidadanía nos plans de ordenación urbana ao nivel máximo que permitan as leis.

Impulsar un Sistema Integrado da xestión de residuos, mediante a implantación de sistemas de devolución e retorno (SDDR) e o porta a porta 4R. Aplicar a estratexia europea priorizando a redución, reutilización e a reciclaxe.

Eficiencia no uso da electricidade e a auga.

Recuperar e protexer áreas de interese ambiental, no tecido urbano e na periferia.

Recuperar e destacar edificios e construcións de valor histórico e identitario.

Ordenanza animal. Concello libre de maltrato animal. Espazos verdes para os animais de compañía. Coidado e control das colonias de gatos: método CCR (Captura-Castración-Reinserción).

COHESIÓN SOCIAL E TOLERANCIA

Garantir a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres. Promover políticas de igualdade.

Acceso á vivenda digna. Plan municipal de vivenda. Rexistro municipal de demandantes de vivenda. Parque de vivendas de aluguer.

Políticas propias para a xuventude. Impulsar a súa participación en ámbitos de decisión municipal.

Facer do concello un espazo de encontro para a interculturalidade e a convivencia na diversidade.

PLANS DE ACTUACIÓN PARA AS PERSOAS MAIORES

O Concello debe garantir o seu estado de benestar, asumir o dereito que teñen  a unha vida digna e de calidade, e a seguir sendo parte activa da sociedade.

Políticas de envellecemento activo.

Políticas para a prevención da perda de autonomía persoal (saúde, soedade, coidados, etc.).

Creación de CENTROS DE DÍA, sociais e asistenciais, con comedor, ubicados de forma descentralizada.

Fomentar e impulsar o Servizo de Teleasistencia para quen o precise.

ÁREA DE SERVIZOS

App LIÑA VERDE. Plataforma para comunicar as incidencias que se producen (viais, beirarrúas limpeza, animais, alumeado, parques e xardíns, mobiliario, limpeza, etc), e para mellorar a xestión municipal.

EMPREGO

Potenciar as Escolas-Taller. Inclusión da xente desempregada en risco de exclusión social non plans de emprego. Incluír “cláusulas sociais” nas contratacións con empresas. Bolsa de contratación propia para os traballos do concello. Non contratar con empresas de traballo temporal. Impulsar o autoemprego.

CULTURA

Favorecer un modelo cultural que perciba aos cidadáns como persoas creadoras, participativas e transmisoras de cultura.

Prioridade aos proxectos que garantan a participación dos axentes culturais do concello e a cidadanía de Fene.

DEPORTE E ACTIVIDADE FÍSICA

Continuar coa política establecida  na nosa responsabilidade no goberno. Aprobación das Ordenanzas xa redactadas. Convenios con clubs e asociacións. Novos deportes e especialidades nas Escolas Deportivas. Novas estruturas e instalacións.

SERVIZOS SOCIAIS

As políticas integrais deben artellarse nunha acción transversal no marco das políticas de vivenda, saúde, educación, emprego, cultura, relacións persoais e participación na vida social, que son os ámbitos que definen a inclusión dunha persoa na sociedade.

• Axuda no Fogar.
• Programas de intervención familiar para prever e evitar situacións de exclusión.
• Atención especializada ás mulleres vítimas da violencia machista.
• Evitar situacións de pobreza infantil.
• Atención especializada aos nenos e nenas que sofren calquera tipo de violencia.