Chámome Paula María Rey Gómez, nacín hai 41 anos no lugar de Barís, na parroquia de Rus. Son Delineante Industrial, cursei os meus estudos no IES Fernando Wirtz Suárez, laboralmente estiven sempre vinculada ó mundo da construción e do rural, traballei en estudos de enxeñería e en empresas construtoras. Hai 5 anos decidín dar un xiro radical e decidín emprender, dende entón rexento un coñecido bar na parroquia de Verdillo, onde resido. Sempre me considerei unha persoa moi activa, con vocación emprendedora, actualmente teño outros dous proxectos laborais en marcha. Colaboro activamente con varias asociacións veciñais, e con asociacións de empresarios da Costa da Morte.

Levo 12 anos vinculada a política municipal en Carballo, hai dous anos e medio formo parte de Compromiso por Galicia, actualmente son membro da Executiva Nacional onde me ocupo da secretaría de Medio Rural e Mariño. Defínome como unha persoa galeguista e socialdemócrata.

Preséntome de candidata porque creo que en Carballo inda queda moito por facer. O noso proxecto basase basicamente na creación de emprego, con iniciativas de desarrollo local e aproveitamento sostible sobre as areas rurais, respectando o medio ambiente e fomentando a innovación.

CANDIDATURA CARBALLO

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

  1. PAULA MARÍA REY GÓMEZ
  2. ISMAEL VARELA FUENTES
  3. OSCAR PENA NIETO
  4. CONSTANTINO COTELO MATO
  5. DIANA VÁZQUEZ BERMÚDEZ
  6. JOSÉ MANUEL ABELENDA MARTÍNEZ
  7. MARÍA MÓNICA REGOS CASAL
  8. ISABEL CHICO DOCLOT
  9. MARÍA MERCED GÓMEZ RAMA
  10. JOSÉ MANUEL VARELA CORNIDE
  11. ANXO MANUEL FRANCO VIDAL
  12. MIGUEL SÁNCHEZ SÁNCHEZ
  13. VANESA GOYANES GÓMEZ
  14. JOSÉ MANUEL GARCÍA VÁZQUEZ
  15. BENIGNA VÁZQUEZ BLANCO
  16. MARÍA DEL SAGRARIO GÓMEZ RAMA
  17. ELENA GÓMEZ FERREIRO
  18. ALBERTO SUAREZ LÓPEZ
  19. MANUEL SÁNCHEZ SÁNCHEZ
  20. ADELAIDA PORTELA MARTÍNEZ
  21. CARLOS MARTÍNEZ VIGO

TRANSPARENCIA E PARTICIPACIÓN VECIÑAL

  • ALCALDÍA Ó SERVIZO DA VECIÑANZA. TRATO CERCANO, IGUALITARIO E RESPECTUOSO.

  • INFORMACIÓN E CONTRASTE CA VECIÑANZA. Garantir a información de todas as obras do concello á veciñanza, dos proxectos de execución, no momento da redacción e antes da aprobación definitiva para contrastar posibles eivas a mellorar.

INFRAESTRUTURAS e MEDIO AMBIENTE

  • PLANIFICACIÓN E MELLORA DA REDE VIARIA (con carácter anual).

  • AUDITORÍA DAS DEPURADORAS E REDES DE SANEAMENTO DE TODO CONCELLO(instalación do servizo de saneamento nos lugares onde se carece deste servizo e mellora do existente).

  • SINALIZACIÓN PROGRESIVA, adecuación da velocidade nas distintas rúas do Concello en función do tipo de vía.

  • ACONDICIONAMENTO DUNHA REDE DE ESTRADAS MUNICIPAIS TRANSVERSAIS que permita unha circulación fluída e eficiente, especialmente para vehículos de gran tonelaxe.

  • CREACIÓN DUNHA OFICINA DE GARANTÍA LOCAL. Nichos de empresas, garantías medioambientais, promoción das riquezas propias, turismo, etc.

GARANTÍA SOCIAL

  • FONDO DE EMERXENCIA SOCIAL.

  • TRANSPORTE INTERMUNICIPAL. Que circule por todas as parroquias, pensado principalmente para maiores e nenos, e que estea adaptado para persoas con mobilidade reducida ou con algunha discapacidade.

  • CREACCIÓN DUN “BANCO DE TEMPO” XESTIONADO POLO CONCELLO

  • AÑÓN – BARDOSO, aproveitamento da canle hídrica do depósito de auga Anllóns-Bardoso, situado nos Xeixos Brancos, para a produción de enerxía hidroeléctrica libre de prexuízos medioambientais.

CREACIÓN DE EMPREGO

  • CREACIÓN DUN CENTRO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL, para ofomento, apoio e desenrolo de actividades emprendedoras.

  • IMPULSAR A CREACIÓN DUN BANCO DE EMPRESAS QUE GARANTAN A CREACCIÓN DE EMPREGO XUVENIL.

  • FOMENTAR E RELEVO XERACIONAL DE DETERMINADOS OFICIOS, como método de creación de emprego.

  • Desenvolvemento dunPLANO ESTRATÉXICO PARA O AGRO, dinamizador do rural e que fomente a creación de emprego.

  • SUSTENTABILIDADE DO MEDIO.

  • Atención especial a INDUSTRIA FORESTAL. Propietarios de plantacións, empresas cortadoras, transformadoras, innovadoras, así como alternativas viables e rentables ó monocultivo de eucaliptais.

Garantir que todas as obras do concello se lles informe á veciñanza dos proxectos de execución no momento da redacción e antes da aprobación definitiva para contrastar posibles eivas a mellorar.