Non é o mesmo SER da festa que VIR á festa.

Tras percorrer medio mundo, con 10 anos, no ano 1978 cheguei a Burela e por primeira vez na miña vida sentinme partícipe dun lugar, sentinme no meu sitio, sentín orgullo de ser burelao. Aos 5 minutos fixen o meu primeiro amigo, hoxe un irmán. Cheguei con Inespal, instaleime en Burela e descubrín o significado de “SER da Festa ou VIR á Festa”. Vivín o despregamentoque experimentou Burela ata o día de hoxe. Defendín o nome de Burela por onde fun. Xoguei nos seus equipos, nas ligas entre barrios; estudei nos Castros, no antigo e no novo Monte Castelo; traballei no porto, vin entre bágoas a difícil entrada de barcos no peirao, vivín os días do Casón, coñecín a movida burelá e chorei a perda de rapaces de xeracións anteriores polas drogas; vivín a separación do Concello de Cervo, o nacemento do Concello de BURELA; vivín as ampliacións do peirao, de Armón, a chegada do cuartel dá Garda Civil; en definitiva, decidín ‘SER da festa’!!!

En Valladolid, era “o de BURELA”, e funo sempre: presumín de Burela e mandei a moita xente a que viñera a coñecela. Algún quedou a vivir aquí. Recibín en Castela a moitas persoas de Burela e foron tod@s tratad@s como soamente sabe tratar un ‘pataqueiro’ aos seus invitad@s. Chorei coa derrota da S.D. Burela fronte ao Valladolid e vin xogar ao Burela FS. Volvín á casa e creei a Plataforma de Afamelec, onde defendín os intereses de preto de 17.000 soci@s fronte ás eléctricas, sen cobrarlle un peso a ninguén. Porque era o xusto.

E por moito tempo que pasa, vexo como Burela, cun potencial inigualable, non avanza como merece da man de distintos alcaldes. Por esa razón decido dar o paso adiante e pelexar polo futuro do noso pobo. Burela precisa humanizarse, abrirse ao mar, coidar dos seus maiores, darlles un lugar apropiado aos seus moz@s, precisa cultura para tod@s, aproveitar as súas praias, merece estar limpa e ser un centro de referencia,… Pero, sobre todo, Burela merece reclamar o seu lugar. Que a respecten como vila e Concello. E para iso ten que ter un alcalde que non lle minta aos seus cidadáns. Un rexedor non pode mentir aos seus veciños. E debe cumprir o que promete.

Por iso me presento como candidato á alcaldía de Burela, da man dun partido galeguista, non independentista, europeísta e socialdemócrata, da man de Compromiso por Galicia.

Préstasme o teu voto?

Jose Luís Moñita

CANDIDATURA BURELA

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

JOSE LUIS MOÑITA MARTIN

MARIA DOLORES FERNANDEZ OTERO

ANA BASANTA GARCIA

CESAR IGLESIAS VERDES

GILBERTO LOSADA CAMPOS

RAQUEL AMATE JIMENEZ

FRANCISCO JAVIER NIÑEZ LORIGADOS

CARMEN ROSA ROCA PAGOLA

JOSE RAMON MARTINEZ DIAZ

JOSE MANUEL REY PUENTE

PATRICIA TOURON TOUCEDA

JOSE ANTONIO RODRIGUEZ FERNANDEZ

 

PROGRAMA

1. Crearemos “BURELA ABERTA“:

  • Abriremos Burela ao mar.

  • Facendo da vila o centro de referencia para para a mocidade.

  • Apoiando ao sector hostelero e incorporando unha nova dimensión de actividade social e de riqueza para o concello.

  • Falaremos cos veciños para revitalizar áreas e mesmo edificios en mal estado

  • Abriremos o Concello á xente

2. Crearemos un viveiro de empresas:

  • Para os autónomos empadroados en Burela

  • Para os emprendedores da mariña

  • Para os profesionais liberais

  • Queremos que Burela sexa un núcleo de dinamización e potenciación da actividade empresarial. 

  • Xa propuxo CxG facelo na zona da vía, en pleno centro do pobo, para aproveitar mellor o desenvolvemento da actividade diaria, e das propias empresas.

3. Crearemos a figura do buscador de investimento para o Burela: asistirá a feiras internacionais, convencións, foros etc ofrecendo as vantaxes que ten investir no concello aos posibles inversores, de xeito que complemente a ADL (Axencia de Desenvolvemento Local), a cal potenciaremos xa que se atopa a día de hoxe obsoleta e resulta pouco funcional.

4. Arranxaremos a EDAR: ata que chegue a nova, separaremos as augas pluviais das residuais e arranxaremos por fin o problema dos olores.

5. Faremos un parque dedicado ás mascotas, para que podan ir ceibes e gozar sen problema algún, do mesmo xeito que habilitaremos una praia para que se podan bañar e xogar no verán.

6. Habilitaremos pistas para aumentar a oferta de ocio deportivo do concello. Non é necesario para iso propor un gasto de 7 millóns de € que no temos e hipotecar ao Concello e á veciñanza. 

7. Arranxaremos o problema do pavillón DE VERDADE, para que os equipos de fútbol sala feminino e masculino podan seguir levando o nome de Burela polo mundo adiante. O problema do pavillón soluciónase con FEITOS E POLÍTICAS REAIS, NON CON PROMESAS ETERNAS QUE NUNCA SE FAN REALIDADE.

8. Crearemos una pista de ‘Skate’ profesional de última xeración.

9. Poñeremos en valor a praia urbana, totalmente infrautilizada, e farémola referente para @s nos@s veciñ@s e para turistas e visitantes.

10. Facilitaremos a mobilidade nas rúas para que maiores acompañados podan desprazarse comodamente, así como a xente con problemas de mobilidade.

11. Melloraremos o plan veciñal para o coidado dos nosos maiores, intentando aliviar a carga que supón para os familiares, e tamén estaremos moi pendentes dos que están sós.

Faremos una loita encarnizada a prol da igualdade, xa que notamos un claro retroceso neste tema.

12. Fomentaremos a creación do asociacionismo de veciños e profesionais para a recuperación desinteresada de bens públicos destinados a usos comúns.

13. Incrementaremos a aposta polo festival OSA DO MAR dilatándoo ao longo de toda a época estival e de vacacións, e propoñendo que medre e se converta nun festival cultural de primeira orde.

14. Recompoñeremos os últimos cambios feitos no tráfico e nas rúas de Burela, volvendo a poñer liñas discontinuas onde existe comercio e habilitando zonas de parada momentánea preto das farmacias. E quitaremos os contenedores para o  lixo dos cruces onde entorpecen a visibilidade.

15. Reorganizaremos a situación do transporte escolar, xa que hai nenos que deben levantarse una hora mais cedo que outros e tardan en chegar a casa una hora máis ca o resto.

16. Aprobaremos a RPT.

17. Non faremos unha piscina polo de agora, pois hai outras prioridades, pero si subvencionaremos os bonos para outras piscinas aos censados en Burela.

18. Limparemos Burela, xa que consideramos que non está nas condicións ideais.

19. Traballaremos na concienciación aos donos de locais e pisos para que entendan a importancia da contención no aluguer nos inmóbeis como a mellor medida para o futuro de Burela.

20. Reactivaremos os consellos escolares para a mellora da ensinanza dos nosos rapaces.

21. Proporemos vantaxes para que se empadroen en Burela as preto de 2.000 persoas que viven na vila sen estar empadroadas.