Suso Ares, veciño de Boqueixón, ten unha longa traxectoria política tanto municipal como noutros ámbitos. Coñecido en todas as parroquias pola implicación permanente en candidaturas electorais dende hai varias lexislaturas, colaborador en entidades sociais dende os vinte anos na súa parroquia e coñecedor do concello tanto a nivel de territorio como das principais problemáticas.

A nivel profesional exerce dende o 93 como técnico e asesor político.         

 

Porqué me presento como candidato á alcaldía

En primeiro lugar porque os compañeiros e compañeiras da Agrupación así o decidiron, un apoio que terei sempre presente, pois cando un grupo de persoas confían nun é un recoñecemento e orgullo persoal, pero ao tempo unha grande responsabilidade.

Con todo, as accións políticas en Compromiso son colexiadas, por tanto o traballo en equipo é a fórmula que nos permitirá resolver os problemas da veciñanza.  

Este é un reto que asumo coas gañas de cambiar o ritmo actual da política municipal, un Boqueixón mellor é posible.

 

Dende hai anos os sucesivos gobernos do PP en Boqueixón, só se dedicaron a xestionar os fondos asignados polas diferentes administracións, pero non traballaron en ningún proxecto importante para o concello, non se aproveitaron as potencialidades e como consecuencia non hai un goberno municipal que sexa verdadeiramente útil para mellorar as condicións de vida no concello.

 

A falta de solución a  temas como salubridade nas augas, conexións de internet con potencia, creación de emprego a través dun viveiro de empresas, dinamización do sector agro-forestal, turismo de estancia e consumo, transporte intermunicipal e conectado co metropolitano, etc, non permitiron que de verdade se conseguira situar ao concello de Boqueixón nunha situación preferente, nun referente atractivo do entorno de Santiago como capital de Galicia.

 

Este e outros, son retos que asumimos como traballo prioritario na candidatura de Compromiso en Boqueixón

  

Lista electoral

1- Xesús Ares Gómez (Suso)

BOQUEIXÓN  (asesoría técnica)

2- Lucía Torres Vigo

LESTEDO  (ámbito da seguridade)

3- Alessandra Rodríguez Senín

SERGUDE  (estudande laboratorio)

4- Gerardo Martínez Ferreiro

CODESO  (recepcionista)

5- Pablo Vázquez Álvarez

SERGUDE (auxiliar enfermería)

 6- María Carmen Cacho Casal

FORTE (enfermeira)

8- Mª Elena González Gómez

SERGUDE (empregada)

 7- Juán Manuel Bugallo Gabella

OURAL (xubilado, técnico industrial)

8- Mª Elena González Gómez

SERGUDE (empregada

9- Eva María Tallón Mesías

DONAS (empregada )

 10- Iván Martínez Vigo

CODESO (estudante cociña)

 11- Minia Regos Sanz

LOUREDA (debuxante)

 12- Eugenio Cepeda Varela

SERGUDE (hostelería)

 

Este é un equipo aberto, e todos os veciñ@s deste pobo son benvidos. Compartimos unha idea primordial a Casa do Concello debe ser a Casa de todos.

Estamos seguros que co esforzo e o traballo de todos, e a vosa confianza conseguiremos mellorar este pobo, dotalo dos servizos que precisamos e  acadar o máximo grado de desenvolvemento e  prosperidade para Amoeiro, e frear o decaemento  socioeconómico do que somos testemuñas, dende fai demasiado tempo.

Coa túa confianza, agora é o momento.

Programa 

7 áreas temáticas para un PROXECTO de CONCELLO máis potente e con oportunidades

 TRANSPARENCIA E PARTICIPACIÓN VECIÑAL

  • Crear auditoría de contas do concello e reorganizar a administración co fin de facela máis eficiente poñendo en valor ás persoas.
  • Poñer a alcaldía ó servizo dos veciños e veciñas co fin de que haxa un trato igualitario.
  • Permitir a participación nos plenos dos/as veciños/as retransmitíndoos en directo pola
  • As aprobacións dos orzamentos municipais serán consultados nas parroquias a través das asociacións.
  • Regulamento de Participación Veciñal e acceso electrónico de veciñanza aos servizo públicos.
  • Xestionar os locais sociais a través das entidades das súas parroquias.
  • Debates na corporación retransmitidos, e a sesións de control ao goberno.
  • Informar e contrastar coa veciñanza os planos de obras antes da súa aprobación definitiva.

INFRAESTRUTURAS E MEDIO AMBIENTE

  • Planificar a rede viaria, tendo en conta o aeroporto, o tramo a Santiago como capital de Galicia, o río Ulla e o Pico Sacro como fontes de turismo, e a zona do polígono de Sergude con especial atención a estación de mercadorías do tren.
  • Levar a cabo as concentracións parcelarias dos montes da zona norte do concello (Loureda, Lamas, Vigo, Sergude).
  • Auditar as depuradoras do concello.
  • Ampliar a estrada municipal que conecta Lestedo o Forte e Lavacolla.
  • Acondicionar unha rede de estradas municipais transversais que permita a circulación cómoda para camións e transportes agrícolas.
  • Completar o saneamento en varias parroquias como son Loureda, A granxa, etc.
  • Dotar dunha estrutura cuberta os parques infantís
  • Ampliar os pasos subterráneos nas antigas vías de ferrocarril, Lestedo e Sergude.
  • Acondicionar as Fervenzas e sendas verdes conectando todos os ríos e lugares de interese medioambiental e cultural.
  • Potenciar Donas como parroquia singular de Galicia.

REDUCIÓN DOS IMPOSTOS MUNICIPAIS

  • Establecer taxas e prezos públicos seguindo o criterio da renda per cápita, de nivel de desemprego municipal, e outros índices que os fagan xustos.
  • Baixar os tipos impositivos e o canon da auga, reformando as ordenanzas correspondentes e tendo en conta a natureza propia do noso concello.
  • Suprimir o canon da auga e do lixo para as vivendas deshabitadas.
  • Baixada do IBI de forma progresiva á supresión da débeda municipal.
  • Supresión do IBI urbano en parcelas non edificadas ate que estas se constrúan, adaptando á NC

DOTACIÓN SERVIZOS E OCIO

  • Dotar dun Centro de Día situado no Forte ou en Sergude.
  • Crear unha escola municipal de musica na Casa de Cultura de Camporrapado, e centros de ensaio, adaptando os locais sociais e culturais das parroquias.
  • Creación dun centro da terceira idade público.
  • Instalar unha escola infantil municipal que se situará na liña da estrada autonómica Sergude-Ponteledesma.
  • Trasladar o tanatorio de Camporrapado para o polígono industrial de Sergude ou ben negociar terreo público na contorna do campo de fútbol municipal de O Forte.
  • Acondicionar os accesos ao Monte Castelo e valorizando como atractivo municipal.
  • Creación dunha piscina municipal climatizada.
  • Reactivar a biblioteca municipal adaptando o horario en función das necesidades da veciñanza.
  • Adoptar medidas para facilitar a mobilidade das persoas con discapacidade (rúas, transporte,etc)
  • Xestionar coa Xunta un status especial que vincule con Boqueixón a parroquia de Empalme de Vilar a nivel de servizos e dereitos.
  • Recuperar festas tradicionais municipais, garantindo o financiamento e a consolidación da música tradicional do concello. Un exemplo a Festa da Fervenza en Codeso, converténdoa en festa de interese turístico municipal.
  • Conseguir unha óptima cobertura de Internet, dotando de fibra óptica a todo o concello.
  • Crear un circuíto pechado para campionatos de motos, coches, quads, etc.
  • Dotar do servizo de localización e xestión de adopción de animais extraviados.

GARANTÍA SOCIAL

  • Crear un fondo de emerxencia social, destinado a dotación de medios ante posibles desastres naturais, ou emerxencias de calquera índole.
  • Conseguir unha liña de transporte intermunicipal que circule por todas as parroquias, pensado orixinalmente para usuarios maiores e nenos (centro de saúde, ximnasio, biblioteca, cursos especiais, polideportivo municipal, etc).
  • Recuperar o servizo de dependencia para que sexa xestionado como servizo público.
  • Crear un plan de dotación de minicentrais na rede de muíños trasladando a enerxía aos veciños de Boqueixón.

UN NOVO CONCELLO

  • Dotar de recursos ó concello, a través do centro de formación agraria de Sergude. Crear no mesmo un circuíto municipal educativo e de lecer.
  • Realizar un plan turístico que faga de Boqueixón o concello de visita obrigada despois da capital de Santiago. Potenciar Lestedo co Camiño Vía da Prata vinculado este ao Pico Sacro
  • Crear un Plan Integral Municipal para que Boqueixón incremente a súa poboación e suba da categoría dos 5.000 habitantes. Urbanismo, turismo, servizos, valoración do entorno, etc.
  • Dotar de parque municipal solar no polígono industrial de Sergude, e outro eólico no monte de Serrabal, a través dun convenio cos propietarios de ambos, que beneficie a xente e empresas do concello en materia enerxética. 

CREACIÓN DE EMPREGO

  • Establecer un plano estratéxico de desenvolvemento local.
  • Impulsar a creación dunha asociación empresarial.
  • Desenvolver un plan estratéxico para o agro.
  • Xestionar a posta en marcha do novo polígono de Sergude seguindo o plan piloto de dotación empresarial (convenio cos propietarios de actuación estratéxica, etc)
  • Atender á sustentabilidade do medio. Plans educativos, deseño urbanístico, recuperación de entornos, etc.
  • Facer un plan especial para potenciar o concello tomando como referencia o río Ulla, afluentes, o Pico Sacro e unha rede de castros.
  • Atender de forma especial a industria forestal, tanto a propietarios como a empresas de tala, transformadoras e innovadoras.