Ramón Padrón (43 anos, traballador autónomo) repetirá á fronte da iniciativa veciñalxurdida en 2015 en torno aCxG. Acandidaturaque presentamos está integrada por persoas todas elas residentes no concello, que proceden de todos os ámbitos laborais e sociais: autónomos e empresarios en distintas profesións, traballadores/as industriais e comerciais, funcionarios/as de diversos sectores da administración, administrativos e comerciais de empresas punteiras, xubilados/as con experiencia recoñecida,estudantes universitarias con gañas de traballar polo seu entorno. En resumo, persoas de a pé que viven a realidade cotiá de Barbadás.

Os motivos polos que presentamos de novo esta candidatura de Compromiso por Barbadás é o de dar continuidade ó traballo feito ó longo destes catro anos na oposición e servir de ferramenta útil para todas aquelas persoas dispostas a traballar polo benestar do entorno que nos rodea, onde vivimos de cotío e onde máis podemos aportar o noso gran de area para mudar cousas.

Compromiso por Barbadás, como Compromiso por Galicia, pretende ser unha expresión de defensa da nosa terra e do entorno que nos rodea, integrar a todas e todos na procura do ben común aplicando á política a visión real das cousas, en definitiva, o sentido común. Somos persoas independentes, unidas sen intereses persoais nin de partido. A única pretensión é aportar a nosa experiencia para un mellor funcionamento do concello.

CANDIDATURA BARBADÁS

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

Titulares

1. RAMÓN PADRÓN CALVIÑO

2. MARTA FERNÁNDEZ PEREIRA

3. JORGE MORALES VARELA

4. MARÍA ANTONIA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

5. DIEGO ANTONIO PASCUAL CRUZ

6. MATILDE LAHOZ VILLAMARÍN

7. MARÍA BELÉN CARRERA COUGIL

8. NICANOR VÁZQUEZ FERRO

9. JORGE FACTOR RODRÍGUEZ

10. EVA MORALES PÉREZ

11. SABELA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

12. JORGE GARCÍA FERNÁNDEZ

13. LUCÍA GIL SUÁREZ

14. JUAN CARLOS PADRÓN CONDE

15. MANUEL VARELA ALONSO

16. MARÍA CARMEN PADRÓN LORENZO

17. JESÚS BLANCO ALONSO

Suplentes

1. JOSÉ FERNÁNDEZ GONZÁLEZ

2. CARLOS MORALES PADRÓN

3. NOEMÍ ARAUJO URDIQUIÉN

4. JOSÉ VICENTE ROCA CALVIÑO

5. ESPERANZA CARRERA PADRÓN

6. MIGUEL ÁNGEL DE LA TORRE FERNÁNDEZ

7. VICENTE MORALES IGLESIAS

8. MÓNICA FALCÓN DA CUNHA

9. MIGUEL ANONIO VARELA ALONSO

10. NURIA CARNERO PEREIRA

    PROGRAMA

    O primeiro obxectivo que nos marcamos é acadar nas eleccións do próximo 26 de Maio a confianza da veciñanza mediante o seu voto libre, que nos permita ser protagonistas no novo goberno de Barbadás para poder levar a cabo as iniciativas que presentamos ao pleno na nosa etapa na oposición. Seguidamente traballaremos por levar a término un programa de goberno que xirará en torno a tres eixos fundamentais:

    1.- Prestación optimizada de todos os servizos públicos de competencia municipal (Persoal, Servizos Sociais, Administración, Obras, Gardaría, Cultura, Educación, Deportes, Seguridade e Protección Civil, Promoción Económica e de Emprego, Saneamento e Alumeado público, Parques e Xardíns, Limpeza e Desbroces…).

    Fixar poboación nos núcleos das nosas aldeas e pobos con medidas que incentiven as reformas.

    Traballar para fomentar que os prezos dos alugueres no núcleo da Valenzá sexan os máis baratos da comarca, tanto vivenda coma locais comerciais.

    Defensa e fortalecemento do tecido produtivo do concello que achegue máis iniciativa comercial e empresarial, aplicando reducións nos prezos públicos, taxas e impostos municipais para que sexan os máis baixos da comarca de Ourense

    Un maior control e xestión do gasto público.

    2.- Reclamar ata conquerir, con actitude resolutiva, financiamento das outras administracións (Deputación, Xunta e Goberno do Estado), as inversións necesarias para dotarnos dunha vez por todas dos servizos e infraestruturas das que carecemos: Centro de Día, nova Gardaría Municipal, Novas instalacións para a Escola de Música, Policía Local e outras Dependencias municipais, un Auditorio, Transporte Metropolitano, Instituto).

    3.- Colaboración e convenios cos concellos limítrofes para crear ou conquerir das administracións superiores outros servizos municipais: CIM, Punto Limpo, Xestión de Masas Forestais, Obradoiros de Emprego, Información para Programas de subvencións en común para calquera Ámbito, PAC de Urxencias no Centro de Saúde de A Valenzá, Emerxencias…

    Barbadás non é unha illa.