Nace na parroquia de Vilantime no ano (1953), casado e pai de dous fillos.

A súa relación coa política comezou na emigración, militando na AP-NG, no ano 1982 co retorno a Galicia e a creación nese mesmo ano do BNG paso a militar nesa organización ata o ano 2013.

O seu traballo centrouse na política municipal, así no ano 1995 encabeza a candidatura do BNG ao concello de Arzúa, sacando dous concelleiros. Repite no ano 1999 como candidato á alcaldía sacando catro concelleiros, ata o ano 2003 que sae elixido alcalde.

Nas vindeiras eleccións preséntase coa mesma ilusión e ganas de sempre para coa política, e que de forma textual son: as de traballar e conseguir cousas po meu pobo.

ARZÚA OBRA COMÚN, PROXECTO DE FUTURO.

CANDIDATURA ARZÚA

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

Titulares

1. XAQUÍN GARCÍA COUSO

2. EMILIO GARCÍA VÁZQUEZ

3. ANA VÁZQUEZ MATO

4. JOSÉ MANUEL PARADA MAROÑO

5. MÓNICA VÁZQUEZ GAREA

6. MARÍA SOLEDAD RÍOS MIRAMONTE

7. ALEJANDRO PAMPÍN CASTRO

8. MARGARITA QUINTELA BALUJA

9. JOSÉ ANTONIO BALADO PARDO

10. ANA MARÍA LISTE LEBORÁN

11. MARÍA DEL CARMEN RAMOS IGLESIAS

12. MARÍA SOLEDAD VÁZQUEZ SENIN

13. RAMÓN COSTOYA LÓPEZ

Suplentes

1. MARÍA LUZ ARES SOUTO

2. MIGUEL ÁNGEL CASTRO RIAL

PROGRAMA

URBANISMO E EQUIPAMENTO

Revisión xenérica do PXOM. Unha das actividades que máis interese desperta nos veciños é o uso do solo, xa que a construción e a apertura de negocios dependen da súa normativa. En Arzúa dende o ano 2008 disponse dun Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado pola Xunta de Galicia, e este documento e o que regula e ordena tódolos usos do solo. Foi feito nun momento concreto de gran demanda de construción e coa normativa da lei do solo de Galicia do ano 2002.

No ano 2008 cambiou a lei da Xunta de Galicia, pero tamén foi cambiando nos seguintes anos a demanda da sociedade sobre o uso do solo.

No presente necesítase de regulación dos usos do solo rústico para o uso forestal, así como a construción de vivendas unifamiliares. Isto fai necesario a revisión do PXOM. Nos comprometémonos a iniciar inmediatamente este procedemento que terá como liñas principais:

1º Aprobación do Plan Especial do Casco Antigo (PECA). Vai supoñer un desenvolvemento patrimonial e económico na zona, xa que está moi vinculado ao Camiño de Santiago.

2º Revisión do solo rústico, escoitando a tódolos interesados, e establecendo un ordenamento funcional deste solo.

3º Aumentar ata onde permita a lei do Solo a construción de vivendas unifamiliares. Xa co Plan do 2008 puidéronse aumentar o número de núcleos rurais que pasou de 50 a 250 nas parroquias, pero quedan zonas da periferia de Arzúa onde se dan casos coma o núcleo de Sta. María, que está actualmente fora da ordenación.

4º Humanización da Rúa Fraga do Rei. Nos anos 2003-2011 urbanizáronse máis de 20 rúas, que foron dotadas de accesibilidade, beirarrúas planas, delimitación de aparcadoiros, etc. é esta rúa e fundamental para o núcleo urbano.

Renovación do parque móbil.

Ampliación da terceira fase do polígono. Implicará o novo acceso a nacional 547 en conexión ca AC-234, tal como prevé o PXOM.

SERVIZOS E MEDIO AMBIENTE

A Lei de Bases de Réximen Local establece a relación de servizos mínimos e obrigatorios que deberán prestar os concellos, entre estes están o abastecemento domiciliario de auga potable e alcantarillado. No período 2003-2011 cun programa da Deputación, completouse o servizo de auga potable das parroquias de Sta. María e Lema, é levouse a auga as parroquias de Pantiñobre, Brandeso, Viños e Tronceda, onde todos os veciños poden enganchar voluntariamente a este servizo.

Comprometémonos a continuar e completar este servizo de primeira necesidade a todo o Concello.

No ano 2010 con unha inversión superior a tres millóns de euros púxose en funcionamento a Estación Depuradora de Augas Residuales (ADER) de Ponte Lema. Esta obra, acompañada do peche da vella o Río Vello e a renovación das canalizacións na vila, así como a estación de este servizo a Sta. María, Parque Empresarial, etc. supuso unha mellora substancial do medio ambiente. Tamén nesta época construíuse a depuradora de Boente, estendendo a canalización a maioría da parroquia; nos tramos da antiga estrada 547 na Castañeda e en Rendal fixéronse canalizacións de saneamento.

Comprometémonos a iniciar un programa de extensión do saneamento ata alcanzar todo o Concello, xa que as bases quedaron feitas dende o 2011.

Comprometémonos a que exista en cada parroquia como mínimo un punto de contenedores de lixo para tódolos residuos sólidos: orgánicos, plásticos, vidro, etc.

Incluír o Concello de Arzúa na Rede de Transporte Interurbana a Santiago. Na actualidade os xóvenes menores de 19 anos que dispoñan da Tarxeta Xente Nova, teñen desconto.

SERVIZOS SOCIAIS

Comprometémonos a: revisvisar o contrato do servizo de axuda no fogar, e no menos tempo posible rescatar para a xestión directa como servizo público. Con isto pretendemos mellorar o servizo, as condicións laborais das traballadoras e mellorar custos.

Promoveremos a construción e posta en funcionamento dun centro de día.

Recuperaremos o servizo de madrugadores no Colexio Público. Con isto búscase a mellora da conciliación familiar dos país dos alumnos.

Aderirse no Programa de Vivendas baleiras (IGUS e FEGAMP).

TURISMO

A marca Arzúa e un valor do noso Concello, é coa chegada cada ano de milleiros de visitantes acrecéntase moito máis, e por isto temos a obriga de facer unha xestión eficaz e funcional para con eles.

Comprometémonos a:

Manter aberto o punto de información turística de forma continua.

Colaboración coa Xunta de Galicia para combater o feísmo no Camiño de Santiago.

Área de autocaravanas.

Incluír a Arzúa na Ruta do Queixo. Dispoñemos dunha denominación de orixe temos a obriga de promocionala.

Promocionar o turismo dos Camiños a Santiago que discorren polo noso municipio alí onde se celebren eventos relacionados (feiras, congresos,etc.).

DEPORTES

Comprometémonos a recuperación da pista de atletismo. Co obxectivo de homologala para facer competicións oficiais. As instalacións do Viso son as únicas que hai nun radio de 60 quilómetros. E por isto que teñen un potencial enorme para a práctica deportiva, pero tamén para potenciar economicamente os diversos negocios do Concello, xa que os centos de participantes que han de acudir ás diferentes probas precisarán de múltiples servizos.