Estimad@s  veciñ@s de Amoeiro:

 Son Milagros Corral Surribas, nacida en Bóveda fai 44 anos, e preséntome a Alcaldía de Amoeiro, na compaña dun grupo de xente nova, traballadora e con profundo coñecemento do noso concello.

Este é un equipo aberto, e todos os veciñ@s deste pobo son benvidos. Compartimos unha idea primordial a Casa do Concello debe ser a Casa de todos.

Estamos seguros que co esforzo e o traballo de todos, e a vosa confianza conseguiremos mellorar este pobo, dotalo dos servizos que precisamos e  acadar o máximo grado de desenvolvemento e  prosperidade para Amoeiro, e frear o decaemento  socioeconómico do que somos testemuñas, dende fai demasiado tempo.

Coa túa confianza, agora é o momento.

CANDIDATURA AMOEIRO

ELECCIONS MUNICIPAIS 2019

 

  1. Milagros Corral
  2. Manuel Vázquez
  3. Emilio Casado
  4. Isabel González
  5. María Jesús Fonte
  6. Cristian Gonzále
  7. Mónica Rodríguez
  8. Raquel González
  9. Ainara Vázquez
  10. Adrián Fernández
  11. Linda Vergueira
  12. Rosa Bolaño
  13. Natalia Rodriguez

Programa 

Estimad@s  veciñ@s de Amoeiro:

Son Milagros Corral Surribas, nacida en Bóveda fai 44 anos, e preséntome a Alcaldía de Amoeiro, na compaña dun grupo de xente nova, traballadora e con profundo coñecemento do noso concello.

Co esforzo e o traballo de todos, e a vosa confianza conseguiremos mellorar este pobo, dotalo dos servizos que precisan os nosos veciñ@s acadar o máximo grado de desenvolvemento e  prosperidade para Amoeiro, e frear o decaemento  socioeconómico do que somos testemuñas, dende fai demasiado tempo.

Este é o noso compromiso contigo:

  • Creación de un centro de día e unha gardería infantil. Estas son dúas instalacións imprescindibles para este pobo, xa que os coidadores dos nosos maiores, tamén precisan dun momento de respiro. A gardería é outra gran demanda das familias novas con nenos, que lles facilite a conciliación entre a vida laboral e familiar.
  • Crear unha oficina de Investimento do Concello, precisamos atraer investimentos privados tanto industriais como turísticos. Na actualidade é inexistente, xa que aínda que se creou un viveiro de empresas hai 8 anos, non se instalou nin unha soa empresa.
  • Facer un calendario anual real de actividades ociodeportivas e culturais para achegar xente ao noso pobo, que sempre ten unha repercusión económica positiva nos establecementos do concello. Apoiar de forma decidida o noso Entroido, e convertelo en cita inescusable da Comarca de Ourense. As feiras do automóbil, concentracións de motos, a feira do 14 e outras moitas actividades familiares e infantís, deberán enches as fins de semana deste concello.
  • Desenvolvemento do PXOM, e creación dun polígono industrial para Amoeiro, que lle permita aos nosos emprendedores asentarse neste concello.
  • Recuperación e posta en valor da zona arqueolóxica do Formigueiro, firmando acordos coas Universidades de Vigo e Santiago.
  • Recuperar as rutas de BTT, que agora mesmo están en estado de total abandono.
  • Abrir os locais sociais deste concello, para uso e desfrute dos veciños: mozos e maiores.
  • Remodelar e adecentar o actual campo de Futbol de Penafita, que se atopa nun estado lamentable, o que leva aos nosos mozos a acudir a clubes dos concellos veciños, cos inconvenientes económicos e de tempo, que iso supón para as familias.
  • Recuperar os “ Obradorios de emprego”, para dar unha formación laboral dende o Concello, ademais, dunha fonte de ingresos para estes alumnos.
  • Axilizar as tramitacións co Concello, que por desidia do actual rexedor, tardan un tempo inadmisible, ou, no caso de algúns, simplemente non se chegan a realizar.

 

Os próximos 4 anos serán decisivos para Amoeiro, e coa túa confianza, estamos seguros de poder dar solución ás principais demandas dos nosos veciñ@s.

 

Milagros Corral