Ante todo agradecer que estes a dedicar un anaco do teu tempo en ver e coñecer o meu humilde e gran compromiso con Ames. O Concello é un ben común que ten por donos a todos e cada un dos seus veciños.

Buscaremos os acordos máis beneficiosos para a veciñanza.

Presentámonos a estas eleccións municipais do 26 de maio con un proxecto onde as prioridades son as demandas dos veciños e veciñas.

Seguro de que ti tes o teu propio motivo para achegarte, ou cando menos para interesarte nun proxecto diferente. Dicirche que estás na túa casa se así o consideras.

Compromiso por Galicia non pretende ser un partido máis, tampouco pretendemos dar ningún tipo de lección e moito menos actuar con superioridade. CxG pretende ser unha ferramenta de construción de algo máis importante que a política, pretendemos ser a túa voz no Concello.

Queremos ser un Ames no que todos teñamos as mesmas oportunidades. Un camiño coa mesma velocidade para todos.

Somos a túa alternativa para Ames.

 

Lola Castro

CANDIDATURA AMES

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

 

Titulares

  1. MARIA DOLORES CASTRO TOURIS
  2. INÉS VAZQUEZ SAYÁNS
  3. JOSÉ LUIS CALO GONZÁLEZ
  4. DAVID NESPEREIRA ULLA
  5. GASPAR LAMOSA PORTELA
  6. MARÍA ARCEO TOURÍS
  7. RAQUEL EIRIS SANCHEZ
  8. ANA ISABEL PEREIRA GRACIA
  9. XURXO AMENEIRO BOQUETE
  10. FIDEL QUINTIANA CASTRO
  11. MARÍA PILAR LÓPEZ CARRO
  12. OSCAR SALGUEIRO ALONSO
  13. LORENA ALONSO SUÁREZ
  14. MIRIAM VIDAL VAAMONDE
  15. JUAN LUIS SANDE FRAGA
  16. CARMEN BOQUETE PONTE
  17. DAVID SIXTO CAMPAÑA
  18. MARGARITA ANTELO VAZQUEZ
  19. ESTHER MALLO VIÑA
  20. JULIÁN BREY IGLESIAS
  21. MARÍA DEL CARMEN TOURÍS LÓPEZ

 Suplentes

  1. FRANCISCO JAVIER LAMOSA GARCÍA
  2. MARÍA JOSEFA TOURÍS LÓPEZ
  3. SANDRA MARÍA BESALDUCH DONO

PROGRAMA

ÁREA ECONÓMICA

– Subida de impostos “CERO“. Subida de impostos significa poñer en perigo o benestar dos cidadáns mermando a súa calidade de vida.

– Reducir as trabas urbanísticas para pequenas empresas e autónomos.

– Creación de unha bolsa de emprego, con formación continua e anual para desempregados do Concello.

– Axudas o comercio local con campaña de apoio.

ÁREA DE URBANISMO

-Cumprir ca Lei de Accesibilidade Universal Obrigatoria do 4 de Decembro do 2017, carente hoxe en día na maioría do noso Concello.

– Plan de recuperación das nosas Parroquias e Aldeas. Faremos unha importante inversión para cumprir as demandas dos veciños e veciñas, intensificando un Plan de Rehabilitación Vial e Saneamento.

– Aproveitaremos o sistema de Rede Natura para conseguir axudas por medio da mesma para o mantemento dos nosos montes.

– Demandaremos a construción do tan demandado Parque de Bombeiros no Concello.

– Humanizar a Avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro reestruturandoa nun “GRAN BULEVAR” visualmente máis acolledor para os peóns. Este ambicioso proxecto require dunha estreita colaboración entre veciños, comerciantes e goberno municipal para lograr un acordo que prestixie a vía de acceso principal ao núcleo urbano.

– Bolsas de aparcamento no Milladoiro e Bertamiráns. Apostamos por unha dársena de autobús en ambos núcleos.

– Fomentaremos que a xente volva ás parroquias con axudas á rehabilitación de vivendas.

– Distribución dos puntos de luz pública con un mellor aproveitamento da mesma, e buscando o aforro enerxético.

ADMINISTRATIVA

– Apertura dunha Oficina Permanente da Policía Local no Milladoiro.

– Demandaremos a apertura en horario de tardes da Oficina de Correos no núcleo do Milladoiro.

– Faremos de Ames un Concello transparente, xestionado eficientemente os recursos públicos.

– A contratación de persoal faranse con total transparencia por medio de poxa pública.

– Crearemos a figura do “supervisor de benestar cidadá“ que fará visitas periódicas ás parroquias.

EDUCACIÓN E MULLER

– Apoio constante ó noso sistema educativo en Ames e a creación dunha gardería e un CEP.

– Todos os nenos e nenas teñen que ter garantida a escolarización e servizo de comedor no noso Concello.

– Potenciaremos a axuda a domicilio e atenderemos ós problemas das familias tales como a exclusión social maltrato, etc…

ÁREA SOCIO CULTURAL

– Construción dunha residencia para a terceira idade.

– Promoción de axudas a asociacións xuvenís, na que ten que existir dinámicas grupais útiles en institutos, organizacións xuvenís e outras institucións.

– Daremos un mellor aproveitamento ó Pazo da Peregrina para a realización de congresos, seminarios, charlas, concertos, etc…

TURISMO

– Creación de un albergue público, dada a importancia de paso do Camiño de Santiago polo noso Concello.

– Creación de novas rutas de sendeirismo en varias zonas do Concello.

DEPORTES

– Creación da Escola Deportiva de Ciclismo.

– Aproveitamento dos locais das antigas escolas das parroquias para uso e disfrute dos veciños

PATRIMONIO

– Recuperación, mantemento e limpeza do noso patrimonio histórico.