Levamos un tempo traballando para conformar un equipo para as vindeiras eleccións municipais composto por veciños de Agolada, aportando pensamentos renovados e novas formas de entender a política e sobre todo, moitas ganas de traballar por cada un dos veciños do concello, sen disticións.

No noso programa electoral recollemos suxestións e propostas que nos fixeron chegar a través de diferentes medios, o diálogo na calle, as inquietudes a través das redes sociais, as aportacións dende colectivos, asociación culturais, ecolóxicas e deportivas do noso municipio, pero sobretodo, como coñecedores da realidade do noso concello, porque vivimos e padecemos as súas carencias no día a día, por tanto o noso programa é un fiel reflexo das necesidades reais de Agolada.

O noso pobo merece recuperar a súa forma de ser, para iso nada mellor que a participación dos cidadáns. Esta será a noso xeito de gobernar, facendo partícipes ás persoas do municipio.

Podemos asegurarlles que os homes e mulleres que conforman esta candidatura temos ilusións renovadas, forzas para dar o mellor de cada un de nós no día a día para conseguir proxectos de futuro. Non pretendemos convencer con falsas expectativas ou vagas promesas baleiras de contido que nunca poderíamos cumprir. Tan só podemos ofrecer o noso firme compromiso de traballo, dedicación e esforzo, levando a cabo unha xestión de portas abertas, cun proxecto xusto, social e de futuro.

Somos conscientes do peso e responsabilidade que entraña ser candidatos a gobernar o noso concello, reto que asumimos con enorme ilusión e co obxectivo de recuperar e impulsar todas aquelas iniciativas e demandas veciñais, que outros gobernos non fixeron.

Queremos escoitar os/as cidadáns, tentar dar resposta ós seus problemas, traballar para as persoas e ter como obxectivo o desenvolvemento e progreso de Agolada.

Creemos firmemente na honradez da política como o medio a través do cal poder transformar as cousas e mellorar as nosas vidas.

Por todo isto, afrontamos este novo reto coa maior ilusión, con plena confianza e o firme propósito de demostrar que as cousas se poden facer ben cando realmente todos cremos no que facemos.

CANDIDATURA AGOLADA

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

 Titulares

1. JESUS SÁNCHEZ MOSTEIRO

2. VICTOR MANUEL RODRÍGUEZ SARANDESES

3. MARIA JOSE BUYO SOUTO

4. MARIA IRIA PAMPÍN LÓPEZ

5. MARIA TERESA TARRIO LAMAS

6. PATRICIA CARBALLAL IGLESIAS

7. JAVIER RIVAS NEGRO

8. ALBERT BRUGUERA PEREIRO

9. MARIA COEGO MONTOTO

10. LUZ DIVINA LAMELA RIVAS

11. JOSE CARBALLAL VARELA

Suplentes

1. ALFONSO GARCÍA GIL

2. SHEILA INSUA JOSENGE

PROGRAMA ELECTORAL

  1. Reducir un 40% o soldo do alcalde.

  2. Posta en funcionamento da Residencia da Terceira Idade, ou no seu defecto un Centro de día.

  3. No eido dos servizos sociais, prestar unha especial atención ao SAF, aumentando na medida do posible os beneficiarios. Velando ó mesmo tempo por o benestar das traballadoras que realizan o servizo.

  4. Aumentar as axudas ás diferentes asociacións, a Banda de Música, Coral Polifónica, Clubes deportivos…

  5. Promover os procesos de reestruturación parcelaria pendentes no municipio.

  6. Creación dun Plan de Desenvolvemento Turístico Local.

  7. Construción dun albergue municipal.

  8. Crear unha brigada permanente destinada á limpeza e mantemento das diferentes estradas, pistas e zonas comúns do Concello.

  9. Asegurar a participación de todos os grupos políticos nas xuntas de goberno, mesas de contratación…

  10. Rehabilitar as antigas vivendas que pertenceron o colexio.

  11. Promover o asentamento de empresas no polígono industrial, fomentando a creación de emprego.

  12. Colaborar coas diferentes asociacións para a realización de actividades nos diferentes centros sociais das parroquias.

  13. O alcalde disporá de un horario semanal específico para a atención directa os veciños.

  14. Actualización da páxina web do concello.

  15. Asegurar a visita do alcalde a cada parroquia mínimo dúas veces ó ano.

  16. Promover a implantación dunha Plataforma de Xestión de Incidencias e Suxestións.