Son Liliana Vázquez, nada en Pontevedra e preséntome como candidata á alcaldía do Concello da Estrada, na candidatura de Compromiso por Galicia.

Considérome unha persoa transparente e honesta, e veño á política coa intención de traballar nos proxectos da nosa candidatura destinados a mellorar a vida da xente.

O noso programa leva contidos viábeis e adaptados as carencias e necesidades das distintas parroquias da Estrada, que pola súa extensión requirirán dun programa amplo.

Nun entorno no que hai tanto que mellorar, nace en mín a necesidade de implicarme socialmente. Dende o punto de vista político Compromiso Por Galicia é a formación que representa as miñas inquedanzas, tanto pola súa posición dialogante como polo séu sentimento galego.

O meu expediente académico e a miña experiencia laboral desenvólvense no campo da administración e da xestión.

Traballei sempre na empresa privada con persoas de moi diferentes ámbitos empresariais e por tanto facelo conxuntamente cun equipo capaz e motivado será a mellor opción para lograr esas melloras.

Traballarei ilusionada por unha Estrada na que ningunha das súas 51 parroquias queden fóra.

CANDIDATURA A ESTRADA

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

 

Titulares

1. LILIANA MARÍA VÁZQUEZ REBOREDO

2. ANA MARÍA MARTÍNEZ ARMESTO

3. GRACIA MAESTRE MAGDALENA

4. ORLANDO VILLAMAYOR TORRES

5. MIGUEL SÁNCHEZ FERNÁNDEZ

6. REBECA CABALEIRO MATO

7. JOSÉ ENRIQUE NOGUEIRA PÉREZ

8. PATRICIA VILLAMAYOR NEIRA

9. SEBASTIÁN GONZÁLEZ RODRÍGUEZ

10. ENRIQUE RODRÍGUEZ RAVIÑA

11. MANUEL RODRÍGUEZ CHORÉN

12. ROGELIO MÍGUEZ BLANCO

13. MARÍA LUISA JULIA PAZOS PAZOS

14. MILAGROS CONDE LAMAS

15. IBO VENCE BLANCO

16. JOSÉ MANUEL GONZÁLEZ CAMBA

17. MARÍA LUZ PAZOS CARBALLEIRA

18. MARÍA BELÉN VILLAMAR GUTIÉRREZ

19. RAMÓN RODRÍGUEZ COBAS

20. MARÍA CARMEN FERNÁNDEZ MOURE

21. ANA MARÍA VILLAMAYOR TORRES

51 PARROQUIAS 51 PROXECTOS 51 COMPROMISOS

O RURAL

  • Promoción “Aula Natureza” para amosar aos nenos os labores agrícola e gandeiro.

  • Especial esforzo en consolidar asentamentos novos de poboación.

  • O autoemprego e as minicooperativas funcionais.

  • A produción autóctona.

  • Os servizos que fan posible a vida no rural.

  • medio ambiente e a adecuación de espazos.

  • Claro posicionamento en contra do novo proxecto da explotación da Mina de Touro, polo perigo que supón pola contaminación do Río Ulla.

  • Recuperación das beiras dos ríos.

A XENTE E O SEU BENESTAR

  • Coordinación das necesidades máis urxentes por colectivos e as súas características.

  • Creación dun teléfono de emerxencias sociais e censo voluntario de persoas en risco de exclusión.

  • BLABLADENSE: App de carácter local que fomente o desprazamento compartido e a un prezo reducido.

  • Plan de ocio e acompañamento para os nosos maiores, en soidade ou con dificultades, poñendo en valor a súa calidade de vida, creando unha estrutura de apoio ao voluntariado dirixido dende o Concello.

  • Proxecto centro colaborador UNED senior (adultos).

  • Proxecto dignificación da xente maior en soidade, mediante a creación do foro de debate “o falar non ten cancelas” no teatro principal para ser escoitados con regularidade quincenal e promover o seu estímulo e o acompañamento.

  • Habilitar edificación axeitada de usos múltiples onde a xuventude libremente fomente a súa creatividade, se relacione, e teña acceso a zonas de esparcemento e consumo asequibeis, sen ter que saír da Vila.

  • Promover o coñecemento da Lingua de Signos que axude á integración das persoas sordas.

EMPREGO, TURISMO E INDUSTRIA.

  • Autoemprego a través da recuperación de espazos rurais e naturais.

  • Axuda para a xestión de empresas que produzan na Estrada.

  • Sector da Madeira, un referente coñecido na Estrada. Poñendo en común os esforzos do Ciclo da Madeira e as numerosas empresas que hoxe adoecen de persoas traballadoras cualificadas. Actualmente existe o Grado Medio e se pretende o Grado Superior, encamiñado a proxectos máis ambiciosos, como por exemplo a edificación.

  • Axilizar trámites en todo o que signifique a creación de empresa.

  • Apoio á creación de cooperativas e empresas de economía social, e de entidades que fomenten a cooperación e a colaboración, e que presten un beneficio social.

  • Captación de empresas e adecuación de zonas industriais.

  • Turismo Insustrial.

  • Potenciación de sectores derivados da mazá, oliveira e outros do sector primario.

    CULTURA

  • Retomar as actuacións para a recuperación dunhaTorre do S. XII .Construción na Torre dunha “Cámara Escura” como un reclamo turístico único en Galicia, proxecto ambicioso pero posible.

  • Negociación para que os lenzos de Castelao “Moza con cabuxa” e “Cego na romaría”, propiedade do Casino, mediante un acordo posible e que non ten necesariamente custe económico, se poidan expoñer ó público.

  • Proposta de negociación para a recuperación dasigrexasdo camiño, de inigualable interés patrimonial, polas súas especiais características. Proxecto de construción dun Centro de Interpretación do Camiño nunha Casa Reitoral, destinado a engadir interese ao Camiño de Santiago, que xa está en proceso de recuperación e pasa polo lugar.

DECÁLOGO

  1.   Atención ás persoas, e as súas necesidades máis urxentes.

  2.   A defensa do rural e todas as súas posibilidades. O coidado do Medio Ambiente. A conservación dos ríos.
  3.   Transparencia e acceso público as contas do Concello e aos seus contratos.
  4.   Plan estratéxico de mobilidade para A Estrada, autosostible.
  5.   Potenciación do tecido produtivo local e a captación de novas empresas e facilitación dos trámites.
  6.   Proxectos ambiciosos na conservación e catalogación do patrimonio.
  7.   Potenciación de medidas para o fomento de novo emprego.
  8.   O sector da madeira na súa dimensión empresarial e educativa.
  9.   Plan de viales, mediante pistas de aglomerado quente e comunicación entre parroquias.
  10. Alumeado estratéxico en zonas con industria e/ou turismo, e perto dos núcleos de poboación coa incorporación dun plan de    seguridade anti vandálico.