Servizos públicos

Entendemos que ti es o concello, porque sabes mellor que ninguen cales son as túas necesidades

COMPROMISO POR GALICIA

Nestas eleccións municipais, dende Compromiso apostamos por converter os concellos en institucións profundamente democráticas e transparentes, fomentando a participación veciñal na vida municipal.

CONCELLOS

Compromiso por Galicia, presenta candidaturas en 43 concellos de toda Galicia, converténdose así na 5ª forza política do país.

TRANSPARENCIA

Nestas eleccións municipais, dende Compromiso apostamos por converter os concellos en institucións profundamente democráticas e transparentes, fomentando a participación veciñal na vida municipal. Entendemos que ti es o concello, porque ti sabes mellor que ninguén cales son as túas necesidades!

PARTICIPACION

Todas as candidaturas de Compromiso por Galicia foron sometidas a un proceso de participación cidadá e eleccións primarias para a escolla dos seus candidatos. En Compromiso asumimos o principio de radicalidade democrática en todas as nosas accións!

SERVIZOS PUBLICOS

Dentro do noso programa facemos especial fincapé no que ten que ver co reforzamento duns servizos públicos que cubran as necesidades básicas da cidadanía, atendendo a colectivos concretos con máis dificultades e que aposten ademais pola igualdade de xénero, contribuíndo a mellorar a calidade de vida das persoas

DESENVOLVEMENTO

Dende Compromiso apostamos por un desenvolvemento económico sustentable, xerador de riqueza, que fomente a súa distribución equitativa e que cree emprego na «economía verde».

IGUALDADE

Dende Compromiso priorizamos a igualdade, procurando a cooperación entre as administracións e os diversos colectivos e asociacións implicadas na atención a persoas en risco de exclusión social. A violencia de xénero, os desfiuzamentos, a atención ás discapacidades son prioridades nos concellos dos gobernos galeguistas.